Os CM da Fundación Novacaixagalicia cubriron máis de 6000 prazas nas actividades ofertadas no curso 2013-2014
Os doce centros de maiores da Fundación Novacaixagalicia remataron o seu curso 2013-2014 o pasado 31 de maio con máis de 6000 prazas cubertas nas súas actividades culturais, físicas e da saúde, de informática, idiomas, artesanía e artes plásticas. As clases preferidas polos maiores de 55 anos que acoden aos centros da entidade e, polo tanto, as máis demandadas, son aquelas que promoven a prevención e facilitan unha mellora na calidade de vida, tales como as físicas e da saúde, por exemplo as terapias corporais como ximnasia articular, aerodanza, bailes de salón, Pilates, ioga, tai-chi ou costas saudables; tamén teñen unha gran demanda a estimulación cognitiva, as clases de memorización e a musicoterapia