Archivo | junio 13, 2014

O NOVO SISTEMA DE XESTIÓN DE COLAS DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA MELLORA A ATENCIÓN AOS CIDADÁNS, REDUCE OS TEMPOS DE ESPERA E ELIMINA AS COLAS FÍSICAS

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, comprobou hoxe en Lugo o seu funcionamento

  • Esta nova ferramenta xa está operativa nas delegacións da ATRIGA en Lugo e Ourense, e estenderase ás de A Coruña, Pontevedra e Vigo
  • Con este sistema, os cidadáns diríxense correctamente ao punto de información que lle corresponde en función do tipo de actuación que precisan
  • A Axencia Tributaria de Galicia poderá cuantificar o número de atencións e o tempo medio de agarda, o que permitirá gañar en eficiencia na asistencia ao contribuínte

PUBLICADO NO DOG O DECRETO DO CALENDARIO LABORAL DE GALICIA QUE FIXA OS 14 DÍAS FESTIVOS DO PRÓXIMO ANO

 Entre os 14 días festivos, 2 elixidos polos concellos e 12 son marcados polo Estado
 Destes 12, un total de 9 son de carácter nacional e obrigatorio, mentres que outros 3 poden ser substituídos polas comunidades autónomas, aínda que tradicionalmente estes 3 nunca son cambiados por Galicia
 Dos 9 festivos obrigatorios, se algún coincide en domingo, a Comunidade autónoma pode substituílo polo luns seguinte, ou ben por outro día de interese
 En 2015, dous dos festivos obrigatorios coinciden en domingo: o 1 de novembro, que se substitúe polo luns seguinte, día 2; e o 6 de decembro, que se cambia polo 20 de marzo, venres, con motivo da celebración do día de San Xosé

Santiago, 13 de xuño de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto do calendario laboral de Galicia –que xa fora aprobado polo Consello da Xunta- que fixa os 14 días festivos do 2015. Este calendario incluirá, de cara ao próximo ano, como festivos propios o día 2 de novembro, luns, e o 20 de marzo, venres.

En concreto, no próximo exercicio hai dous festivos que coinciden en domingo: o 1 de novembro, que se cambia polos luns seguinte, día 2; e o 6 de decembro, que se substitúe polo 20 de marzo, venres, para celebrar o día de San Xosé. Optouse polo día 20 xa que se entendeu que era unha mellor opción, ao coincidir o 19 en xoves. Cabe puntualizar, ademais, que este ano non se escolleu o Día das Letras Galegas, xa que o 17 de maio será domingo.

O calendario laboral establécese segundo o Real Decreto 2001/1983, que fixa as festas de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Esta normativa establece un máximo de 14 festivos anuais.

Destes 14 festivos, 2 son elixidos por cada concellos. Dos outros 12 restantes, 9 son de carácter obrigatorio e non substituíbles (1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro), mentres que outros tres festivos poden ser substituídos polas comunidades autónomas. Galicia tradicionalmente non cambia estes tres festivos, xa que son o 6 de xaneiro, o Xoves Santo (todas as comunidades manteñen sempre estes dous festivos), e o 25 de xullo, que na nosa comunidade sempre se fixa xa que é o Día Nacional de Galicia.

Hai que ter en conta que se algún dos 9 festivos nacionais de carácter obrigatorio cae en domingo, a Comunidade pode substituílos ou ben polo luns seguinte ou por outro día que fixe a propia comunidade autónoma. Este é o caso en 2015 do 1 de novembro e do 6 de decembro, que se substitúen polo día 2 de novembro e polo 20 de marzo, respectivamente.

Calendario laboral de Galicia para 2015
FESTIVIDADE DATA
Ano novo(*) 1 xaneiro xoves
Día de Reis(**) 6 xaneiro martes
Celebración de San Xosé(***) 20 marzo venres
Xoves Santo(**) 2 de abril xoves
Venres Santo (*) 3 abril venres
Festa do Traballo(*) 1 maio venres
Día Nacional de Galicia(**) 25 xullo sábado
A Asunción(*) 15 agosto sábado
Día da Hispanidade (*) 12 outubro luns
Todos os Santos (***) 2 novembro luns
A Inmaculada(*) 8 decembro martes
Nadal(*) 25 decembro venres

 

(*) Festa de carácter nacional non substituíble

(**) Festa de carácter nacional sobre a que a Comunidade Autónoma non exerceu a facultade de substitución

(***)Festa propia da Comunidade Autónoma

Ao ser domingo o 1 de novembro e o 6 de decembro, a Comunidade Autónoma opta por fixar o venres seguinte ao Día de San Xosé (20 de marzo) e o luns seguinte á festividade de Todos os Santos (2 de novembro) como festivos propios, ao coincidir en domingo tamén o Día das Letras Galegas.

 

Portovello Xuño

Mañán Sábado 14 de xuño, terá lugar a habitual edición do Rastro Portovello  nas rúas do Casco Vello de Vigo en horario de 11.00h a 21.00h.

Portovello Xuño

O Rastro Portovello é un mercado de segunda man e artesanía que ten lugar nas rúas do casco vello de Vigo os segundos sábados de cada mes (Triunfo, Joaquín Yáñez, Palma, Oliva,Praza da Igrexa, Praza da Pedra, Praza dos Descubrimentos)
 
Nel podense atopar roupa e zapatos de segunda man, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural, instrumentos musicais, cadros, fotografías e outras curiosidades… 
 

OjodePez#37 dedica sus páginas al (Anti)Conformismo

OjodePez#37 dedica sus páginas al (Anti)Conformismo

Arianna Rinaldo, directora de la revista, ha sido de forma excepcional la fotoeditora de este nuevo número
image005
La sección porfolio cobra un protagonismo especial y recoge el trabajo de seis autores participantes en OjodePez Photo Meeting Barcelona, que termina hoy en La Virreina: Martin Parr, Txema Salvans, Martin Kollar, Luis Baylón, Bertien Van Manen y Raphaël Dallaporta

El dossier ofrece los trabajos de siete fotógrafos internacionales que ofrecen “sutiles miradas a distintas formas de ser”, otra forma de abordar la fotografía del inconformismo sobre la que gira la IV edición del encuentro de fotografía documental

Ya a la venta. 98 páginas. Español-Inglés. Trimestral. PVP 12 €

Más información: www.lafabrica.com y photomeeting.ojodepez.org

A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia aposta pola internacionalización

Máis de 3700 alumnos formáronse na Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia a través dos distintos programas, 200 accións formativas en total,  que ofreceu este centro educativo durante o curso 2013-2014.

 

Entre as novas iniciativas postas en marcha durante este curso pola Escola de Negocios destacan os Business Program Days, unha serie de seminarios dedicados a formar aos alumnos ante o novo panorama comercial, financeiro e internacional. Dende o mes de xaneiro se desenvolveron un total de 40 seminarios, unha oferta que se prevé duplicar nos próximos anos. Ademais, dentro do seu apoio ao emprendemento, este centro de formación da Fundación Novacaixagalicia colabora coa Escola de Emprendedores Agra do Orzán da Coruña, na que estudaron o pasado curso máis de 750 alumnos, e tamén coa iniciativa Vía Vigo, impulsada pola Zona Franca, na que a escola aportou formación e asesoramento aos vinte mellores proxectos seleccionados entre un total de duascentas propostas.

Novos produtos, e-commerce e fusión de empresas nos próximos Business Program Days da Escola de Negocios

A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia, nos seus campus de Vigo e A Coruña, desenvolverá na fin de semana do 20 e 21 de xuño os seus seminarios encadrados no Business Program Days. Aquelas persoas interesadas en inscribírense nos cursos poderano facer ata o martes 17 de xuño. A matrícula pódese realizar a través da seguinte ligazón da Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia: www.escueladenegociosncg.edu/talleres-y-seminarios.php