Novos produtos, e-commerce e fusión de empresas nos próximos Business Program Days da Escola de Negocios
A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia, nos seus campus de Vigo e A Coruña, desenvolverá na fin de semana do 20 e 21 de xuño os seus seminarios encadrados no Business Program Days. Aquelas persoas interesadas en inscribírense nos cursos poderano facer ata o martes 17 de xuño. A matrícula pódese realizar a través da seguinte ligazón da Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia: www.escueladenegociosncg.edu/talleres-y-seminarios.php.