PUBLICADO NO DOG O DECRETO DO CALENDARIO LABORAL DE GALICIA QUE FIXA OS 14 DÍAS FESTIVOS DO PRÓXIMO ANO
Entre os 14 días festivos, 2 elixidos polos concellos e 12 son marcados polo Estado
Destes 12, un total de 9 son de carácter nacional e obrigatorio, mentres que outros 3 poden ser substituídos polas comunidades autónomas, aínda que tradicionalmente estes 3 nunca son cambiados por Galicia
Dos 9 festivos obrigatorios, se algún coincide en domingo, a Comunidade autónoma pode substituílo polo luns seguinte, ou ben por outro día de interese
En 2015, dous dos festivos obrigatorios coinciden en domingo: o 1 de novembro, que se substitúe polo luns seguinte, día 2; e o 6 de decembro, que se cambia polo 20 de marzo, venres, con motivo da celebración do día de San Xosé
Santiago, 13 de xuño de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto do calendario laboral de Galicia –que xa fora aprobado polo Consello da Xunta- que fixa os 14 días festivos do 2015. Este calendario incluirá, de cara ao próximo ano, como festivos propios o día 2 de novembro, luns, e o 20 de marzo, venres.
En concreto, no próximo exercicio hai dous festivos que coinciden en domingo: o 1 de novembro, que se cambia polos luns seguinte, día 2; e o 6 de decembro, que se substitúe polo 20 de marzo, venres, para celebrar o día de San Xosé. Optouse polo día 20 xa que se entendeu que era unha mellor opción, ao coincidir o 19 en xoves. Cabe puntualizar, ademais, que este ano non se escolleu o Día das Letras Galegas, xa que o 17 de maio será domingo.
O calendario laboral establécese segundo o Real Decreto 2001/1983, que fixa as festas de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Esta normativa establece un máximo de 14 festivos anuais.
Destes 14 festivos, 2 son elixidos por cada concellos. Dos outros 12 restantes, 9 son de carácter obrigatorio e non substituíbles (1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro), mentres que outros tres festivos poden ser substituídos polas comunidades autónomas. Galicia tradicionalmente non cambia estes tres festivos, xa que son o 6 de xaneiro, o Xoves Santo (todas as comunidades manteñen sempre estes dous festivos), e o 25 de xullo, que na nosa comunidade sempre se fixa xa que é o Día Nacional de Galicia.
Hai que ter en conta que se algún dos 9 festivos nacionais de carácter obrigatorio cae en domingo, a Comunidade pode substituílos ou ben polo luns seguinte ou por outro día que fixe a propia comunidade autónoma. Este é o caso en 2015 do 1 de novembro e do 6 de decembro, que se substitúen polo día 2 de novembro e polo 20 de marzo, respectivamente.
Calendario laboral de Galicia para 2015
FESTIVIDADE DATA
Ano novo(*) 1 xaneiro xoves
Día de Reis(**) 6 xaneiro martes
Celebración de San Xosé(***) 20 marzo venres
Xoves Santo(**) 2 de abril xoves
Venres Santo (*) 3 abril venres
Festa do Traballo(*) 1 maio venres
Día Nacional de Galicia(**) 25 xullo sábado
A Asunción(*) 15 agosto sábado
Día da Hispanidade (*) 12 outubro luns
Todos os Santos (***) 2 novembro luns
A Inmaculada(*) 8 decembro martes
Nadal(*) 25 decembro venres
(*) Festa de carácter nacional non substituíble
(**) Festa de carácter nacional sobre a que a Comunidade Autónoma non exerceu a facultade de substitución
(***)Festa propia da Comunidade Autónoma
Ao ser domingo o 1 de novembro e o 6 de decembro, a Comunidade Autónoma opta por fixar o venres seguinte ao Día de San Xosé (20 de marzo) e o luns seguinte á festividade de Todos os Santos (2 de novembro) como festivos propios, ao coincidir en domingo tamén o Día das Letras Galegas.