A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE PUBLICA HOXE NO DOG A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM DE BAIONA

 Un 80% da superficie do concello (27,7 Km2) está recoñecida como solo rústico protexido, do que máis dun 20% é solo rústico de protección de espazos naturais, como é o caso da Ramallosa, Costa de Oia e Serra de Grove, tres espazos en Rede Natura 2000
 Dispón de dous núcleos urbanos, un na parroquia de Baiona e outro na zona de Rocamar, e fixa en nove os solos urbanizables de uso, co obxectivo de completar a trama urbana
 O plan prevé preto de 340.000 m2 para espazos libres e zonas verdes, un 6% máis do esixido por lei
 Estima unha capacidade residencial de máis de 11.000 vivendas no concello, das que unhas 3.700 serían novas, na súa meirande parte en solo de núcleo rural

Santiago, 17 de xuño de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona.

Entre os puntos máis destacados do PXOM cabe destacar que un 80% da superficie do concello (27,7 Km2) está recoñecida como solo rústico protexido e máis dun 20% desa superficie é solo rústico de protección de espazos naturais, como é o caso dos tres espazos da Rede Natura 2000 Ramallosa, Costa de Oia e a Serra da Groba, así como os humidais da Cova da Poza, o Encoro do Baíña e A Ramallosa. Os 8 km2 restantes corresponden co solo rústico de protección de augas, para preservar os leitos fluviais do Baíña, groba, Portelos e Outeiro.

Trátase dun plan xeral que pon orde no solo urbano (5,8% da superficie), outorgando a seguridade necesaria fronte á presión urbanística. O PXOM dispón de 2 núcleos urbanos, un na parroquia de Baiona e outro na zona de Rocamar (parroquia de Baredo).

En relación cos novos desenvolvementos, define nove solos urbanizables de uso co obxectivo de completar a trama urbana existente e contempla tamén un solo urbanizable de uso industrial de algo máis de 100.000 m2, que permitirá o desenvolvemento do polígono da Igrexa, na parroquia de Baíña.

Por outro lado, a capacidade residencial total que estima é de 11.721 vivendas no concello, das que unhas 3.700 serían novas, na súa meirande parte en solo de núcleo rural. Por último, con respecto ás dotacións, prevé preto de 340.000 m2 para espazos libres e zonas verdes, un 6% máis do esixido por lei, e máis de 106.000 m2 para equipamento comunitario, o que supón nove veces máis do legalmente establecido.

 

 

PXOM BAIONA
SOLO SUPERFICIE %
TOTAL CONCELLO 34,62 km2 100,00%
SOLO RÚSTICO 28,34 km2 81,86%
PROTEXIDO 27,77 km2 80,21%
Augas 8,04 km2 23,22%
Espazo Natural 7,02 km2 20,28%
Forestal 6,99 km2 20,19%
Infraestruturas 2,26 km2 6,53%
Costas 1,78 km2 5,14%
Paisaxística 0,98 km2 2,83%
Agropecuario 0,55 km2 1,59%
Patrimonio 0,15 km2 0,43%
ORDINARIO 0,57 km2 1,65%
SOLO DE NÚCLEO RURAL 3,33 km2 9,62%
TRADICIONAL 3,00 km2 8,67%
COMÚN 0,33 km2 0,95%
SOLO URBANO 2,01 km2 5,80%
CONSOLIDADO 1,93 km2 5,57%
NON CONSOLIDADO 0,08 km2 0,23%
SOLO URBANIZABLE 0,94 km2 2,72%
DELIMITADO 0,94 km2 2,72%

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: