Concello de Vigo


O alcalde pon en valor o avance das obras do complexo deportivo e da escola infantil de Navia

As obras de construcción do complexo deportivo e da escola infantil de Navia avanzan a bo ritmo, segundo avanzou esta mañá de luns o rexedor. Tal e como indicou, o novo centro escolar podería estar operativo a comezos do ano que ven.

 


Vigo acollerá en setembro a sétima edición do Congreso Internacional de Novos Empresarios de Galicia

Os días 25 e 26 de setembro celebrarase no Centro Social Novacaixagalicia baixo o lema “Talento en Rede”. Trátase dun congreso configurado como lugar de debate e intercambio de experiencias para emprendedores e empresarios novos. O alcalde, Abel Caballero, asegurou que “en Vigo funcionamos no mundo da globalización” e eloxiou a organización desta proposta internacional.

 


O alcalde anima á cidadanía a participar na marcha ciclista en favor de UNICEF

A terceira edición de “Pedaleando pola Infancia” terá lugar este domingo, desde as 11 horas na Praza do Rei, cun euro de donativo polo dorsal. Ademáis, ás 19 horas no Auditorio Mar de Vigo, o alumnado do colexio Niño Jesús de Praga representará “Sonrisas e Lágrimas”, tamén en beneficio de UNICEF.

 


Caballero compromete a cesión dun local para a Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares

Así o avanzou o rexedor despois dunha reunión mantida este luns cos responsables de ASEM, entidade coa que o goberno de Vigo colabora “de forma activa”. Caballero indicou que lles felicitaron polas humanizacións realizadas, que lles facilitan os desprazamentos ás persoas con mobilidade reducida, explicou que ASEM é unha asociación de ámbito galego radicada en Vigo e na que a maior parte dos seus integrantes son vigueses. Plantearon apoio para conseguir un local e Caballero garantiu a cesión dun espazo para a súa actividade.

 


Posta á venda das entradas para o IMAXINA SONS’14

Hoxe luns, día 16, puxéronse á venda as entradas para a décima edición do Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS’14, que terá lugar do 26 de xuño ao 5 de xullo; os concertos de pagamento desenvolveranse no Auditorio Municipal do Concello (5 € + gastos de xestión), e no salón de actos do Marco (3 € + gastos de xestión).As entradas poden mercarse anticipadamente no servizo de Servinova (www.servinova.com, ou no teléfono 902.504.500) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “Concello de Vigo”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: