A XORNADA TÉCNICA PREVIA AO DÍA DO COOPERATIVISMO ANALIZARÁ A FORTALEZA DESTE MODELO QUE XA XERA 18.650 POSTOS DE TRABALLO

 Na actualidade existen na Comunidade autónoma máis de 1.200 cooperativas que contan con 90.000 socios
 Desde o ano 2010 hai un crecemento sostible destas sociedades
 As empresas de traballo asociado e as agrarias representan o 80 por cento do total
 Estes datos serán obxecto de análise o venres 4 de xullo, na actividade técnica que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, previa á celebración o día 5 do Día Internacional do Cooperativismo, que este ano terá lugar na Coruña

Santiago 17 de xuño de 2014.- En Galicia existen na actualidade máis de 1.200 cooperativas que agrupan a 90.000 socios e crean un total de 18.650 postos de traballo directos, o que representa o 2% da poboación ocupada, segundo datos extraídos polo Consello Galego de Cooperativas.

O tecido cooperativo galego está rexistrando un crecemento significativo ano a ano. Desde 2009 ata este mes de xuño, constituíronse un total de 255 cooperativas. Obsérvase ademais un lixeiro incremento entre os diferentes períodos anuais. En 2010 creáronse 42 cooperativas; en 2011 foron 48; en 2012 rexistráronse 58 novas altas; en 2013 foron creadas 64 sociedades; e no que levamos de ano xa se contabilizaron 43 novas empresas desta índole. A súa actividade xerou un volume de facturación de 2.435 millóns.

Estes datos serán obxecto de análise na xornada técnica que terá lugar o día 4 de xullo, previa á celebración o día 5 de xullo do Día Internacional do Cooperativismo, que organiza anualmente a Consellería de Traballo e Benestar. En concreto, analizarase a fortaleza desta fórmula empresarial ante as adversidades económicas e os seus retos de futuro no eido da atención e innovación social. Esta xornada terá lugar no centro Ágora da Coruña, ao igual que a tradicional gala de premios que será ao día seguinte.

O acto do venres, que reunirá a un amplo número de cooperativas galegas, ten como finalidade á análise da necesidade de crear unha maior conciencia sobre a contribución das empresas cooperativas ao desenvolvemento económico e social da comunidade, incidindo nas posibilidades de futuro que brinda este modelo empresarial.

Nesta edición poñerase o foco nas posibilidades de actuación que ofrecen as cooperativas para articular a prestación dos servizos sociais nas súas distintas modalidades: asociando ás persoas traballadoras e aos usuarios para autoxestionar os servizos que precisan, así como investigando e apostando por novas formas de intervención social. En Galicia existen 31 cooperativas que prestan servizos sociais.

A colaboración na que se basea o traballo cooperativo e a súa flexibilidade ás necesidades e circunstancias de cada momento fai fortes a estas empresas ante as adversidades económicas actuais. O modelo cooperativo tamén é a forma elixida polos mozos con formación que apostan polo autoemprego e que se agrupan en cooperativas para dar saída ás súas iniciativas empresariais, dotadas de innovación na meirande parte dos casos.
Tipoloxía de cooperativas
As cooperativas de traballo asociado son as que máis medraron nos últimos anos, representando o 51% das cooperativas activas en Galicia. O sector agrario aglutina o 30% das sociedades cooperativas de Galicia, sendo ademais as que contan co maior número de socios (45% do total). A facturación das cooperativas agrarias galegas incrementou nun 13% nos últimos anos. Tamén medraron en número de socios e empregados.

Por detrás das cooperativas de traballo asociado e agrarias sitúanse as de vivendas (11%), con 87 empresas activas, e as de transportistas, con 45 sociedades.

En canto á distribución xeográfica das cooperativas galegas, as provincias da Coruña e Pontevedra son as que presentan maior presenza de sociedades cooperativas, en consonancia co seu maior dinamismo empresarial. Na Coruña hai inscritas un total de 481 cooperativas e na provincia de Pontevedra contabilízanse un total de 348. Lugo conta 232 empresas cooperativas e Ourense con 177.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: