FALLO XURADO PREMIO NOVOS COMISARIOS 2014 Museo MARCO

‘A voz do tradutor’, de Martin Waldmeier

Proxecto gañador do Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM

para Novos Comisarios

 NP_fallo xurado NOVOS COMISARIOS_2014_cast_page2_image1

De xeito conxunto e simultáneo, as tres institucións organizadoras do Premio para Novos Comisarios: o MARCO de Vigo, o FRAC Lorraine (Fonds régional d’art contemporain de Lorraine) de Metz, Francia, e o SFKM (Sogn og Fjordane Kunstmuseum) de Førde, Noruega, que por vez primeira se suma a este proxecto, fai pública a decisión sobre a proposta gañadora da 6ª edición do premio para novos comisarios (2014). O proxecto gañador, que ten como título provisional Translator’s Voice [A voz do tradutor], é unha proposta do novísimo comisario Martin Waldmeier.

O xurado —composto por Beatrice Josse, directora do FRAC Lorraine, Ingrid Norum, comisaria do SFKM e Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO— tomou a súa decisión tras ter analizado un total de 118 propostas de máis de 34 países diferentes, que foron avaliadas en función da súa calidade, a súa viabilidade, e a súa adecuación ás características dos tres espazos expositivos. Cada membro do xurado preparou unha lista dos seus dez mellores candidatos, que nunha reunión posterior se puxeron en común e se reduciu a dúas candidaturas. Tras unha conversa con cada un dos dous finalistas, o xurado decidiu por unanimidade adxudicarlle o premio a Martin Waldmeier, por tratar o seu proxecto un dos campos de interese común ás tres institucións organizadoras.

Martin Waldmeier (Basilea, Suíza, 1984) é comisario e investigador. Estudou Historia da Arte Contemporánea e de Medios, e conseguiu unha bolsa Fullbright para continuar cos seus estudos críticos e visuais no Arts Institute de Chicago, Estados Unidos. Na actualidade é doutorando en Culturas Visuais en Goldsmiths, na Universidade de Londres, coa tese O artista como tradutor. Martin traballou como axudante de comisario e coordinador residente no PROGR-Centro para a Produción Curatorial e como comisario e director temporal en Stadtgalerie, ambos traballos en Berna, Suíza. Recentemente tamén resultou gañador do Apexart’s Unsolicited Proposal Program en Nova York coa exposición A morte dun cámara.

O seu proxecto para o premio para novos comisarios, que ten como título provisional Translator’s Voice [A voz do tradutor], explora a cambiante relación entre linguaxe e identidade no contexto da globalización. O proxecto reflexiona en que medida a crecente necesidade de traducións en todos os niveis da vida social, económica e cultural, pode ser considerada non só un desafío ou unha ameaza, senón tamén unha fonte de creatividade e experiencia, e ao mesmo tempo lugar de actividade subversiva e crítica.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: