PUBLICADA NO DOG A ORDE DE INCENTIVOS PARA EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA CUN ORZAMENTO DE 500.000 EUROS PARA AXUDAS

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta orde coa que se da un decidido pulo ao desenvolvemento de proxectos empresariais cunha clara orientación científica e tecnolóxica

Santiago, 17 de xuño de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas para incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica. A esta liña de axudas destínanse 500.000 euros para a creación de 50 postos de traballo. O prazo de solicitude rematara a finais de setembro.

As iniciativas de emprego de base tecnolóxica teñen a súa orixe nos obxectivos estratéxicos da Unión Europea de conxugar a cultura de innovación e de empresa, pero, neste caso, cun enfoque dirixido, preferentemente, ao colectivo de investigadores e titulados universitarios de calquera área do coñecemento.

Desta maneira, dáse un decidido pulo ao desenvolvemento de proxectos empresariais cunha clara orientación científica e tecnolóxica, con perspectivas de negocio e, polo tanto, susceptibles de transformarse en empresa e de crear postos de traballo directo de alto nivel. Así, as destinatarias deste programa son as iniciativas de pequena dimensión que albergan un gran potencial de creación de emprego, de modo que os proxectos deste segmento poidan ter acceso ás mesmas prestacións institucionais das que xa dispoñen outras de maior tamaño.

Co fin de dotar ao programa de todas as garantías de éxito que precisan o desenvolvemento deste tipo de proxectos, a Consellería de Traballo e Benestar non se limita a deseñar un conxunto integral de incentivos económicos que faciliten o lanzamento e consolidación das iniciativas que cumpran cos requisitos, senón que, á súa vez, impulsa a colaboración das diferentes estruturas que xa existen: tanto a Xunta de Galicia, coma as tres Universidades Galegas e outras entidades vinculadas á innovación, á tecnoloxía e á iniciativa emprendedora.

A orde conta con diferentes modalidades de axuda: subvencións para a creación directa de emprego estable, de entre 4.000 e 7.000 euros; subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación, do 40% dos custos salariais totais do traballador durante un máximo de doce mensualidades; apoio á fundación xerencial con ata 12.000 euros; subvención financeira de ata 6.300 euros por emprego estable creado; e axuda para o inicio e posta en marcha da actividade, de entre 24.000 e 60.000 euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: