Archivo | junio 19, 2014

O jazz de Sumrrá protagoniza o terceiro dos Encontros Musicais do Pazo do Faramello

visitapazo
A foto que corresponde á visita do Pazo é da autoría de Paula Franco Fotografía.
‘Encontros Musicais’ no Pazo do Faramello, cun concerto ás 18:30 horas, desta volta con Sumrrá, que centrará a súa proposta no jazz. Ás 20 h, poderemos realizar unha visita guiada polo Pazo, sen esquecer a parte gastronómica.

As entradas, a un prezo de 12 euros, -con dereito a concerto, visita ao pazo e petiscos- xa están á venda enhttp://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e poden adquirirse nalgúns lugares de Compostela e comarca tales como ‘La Tita’, sito na Rúa Nova, 46, Compostela. Ademais, poden mercarse tamén na Casa do Patín, local situado na Porta Fondo da Vila, 4, Padrón.

Tamén están á venda na Sede de Turismo de Santiago – Incolsa, na Rúa do Vilar, 63. Xa se poden mercar, ademais, para asisitir aos obradoiros con TRIM do venres 27.

SINSAL SON ESTRELLA GALICIA // O FESTIVAL DA ILLA DE SAN SIMÓN DESVELA PARTE DO SEU CARTEL

Illa de San Simón

Redondela

25, 26 e 27 de Xullo, 2014

sinsal-1-625x625

Sinsal Son Estrella Galicia, o festival ao que só se pode ir en barco, volverá repetir a fórmula que o fixo famoso, o cartel segredo e as pistas a través das Redes Sociais sobre os nomes que o público se atopará nos tres escenarios unha vez desembarcado. Sinsal Son Estrella Galicia é máis que un festival, é unha experiencia única nun lugar privilexiado, un evento cómodo, sen présas, no que a distancia entre músico e público non existe.

Desvelaremos as pistas a través dos nosos Facebook e Twitter:

Facebook

Twitter

Este ano, como novidade, decidimos facer públicos os nomes dos grupos que tocarán na xornada inaugural do venres 25 de Xullo, permanecendo en estrito segredo as principais propostas do 26 e o 27, que, como vén sendo habitual, repetiranse. O 25 contaremos na illa con cinco nomes dos que xa podemos presentar todos. A londinense Throwing Shade, os arxentinos Frikstailers, os tanzanos Jagwa Music e os mallorquinos Oso Leone, serán os encargados de abrir Sinsal Son Estrella Galicia, propostas ás que se acaba de sumar a portorriqueña afincada en Brooklyn Xenia Rubinos (+ info en NdP)…

DESCARGA DE NDP + FOTOS DE GRUPOS

O programa da xornada de apertura do 25 de Xullo queda como sigue:

17.00 horas Throwing Shade

 

18.00 horas Xenia Rubinos

 

19.00 horas Oso Leone

 

20.00 horas Jagwa Music

 

21.00 horas Frikstailers

Nas xornadas do 26 e o 27 contaremos un ano máis con Músicas Escondidas, concertos en lugares non anunciados da illa. Ao igual que fixemos o ano pasado, nesta ocasión tamén decidimos dar a coñecer estes nomes. Apenino e Why Go tocarán o sábado 26 e Trilitrate e Caspervek Trío o domingo 27 (+ info en NdP)…

Polo Festival Sinsal pasaron, en anteriores edicións na illa e outros espazos, Alt-J, Ariel Pink, Alela Diane, Triángulo de Amor Bizarro, Shellac, Joanna Newsom, Konono nº1, Omar Souleyman, Kings of Convenience, Coco Rosie, Sunn O))), Mono, Current 93, Bonnie Prince Billy, Nite Jewel, BFlecha, Julia Holter, Lightning Bolt, Dirty Projectors, José González, Onehotrix Point Never… e moitos outros. Cada ano tratamos de estar á altura da nosa propia historia e rastrear os nomes máis interesantes do panorama internacional.

Temos toda a información a disposición na nova web de Sinsal Son Estrella Galicia.

  1. sinsalaudio.es

A experiencia

Sinsal Son Estrella Galicia é máis que un festival porque ten lugar nun espazo tan especial como a Illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural e un auténtico xardín no comezo da Ría de Vigo. A Sinsal Son Estrella Galicia só se pode chegar previo pago de entrada desde dous portos, Vigo e San Adrián de Cobres. Para aqueles que veñan de máis lonxe, Sinsal Son Estrella Galicia disporá dunha serie de hoteis colaboradores co evento que ofrecerán descontos:

Hotel Mar de Vigo [+]
Hotel Bahía [+]
Hotel America [+]
Hotel Plaza [+]
Hotel del Mar [+]

Para chegar a Vigo contaremos con importantes descontos en RENFE e Iberia, do 35% e do 15% respectivamente, aos que se poderá acceder unha vez se teña a entrada para o festival. Os interesados poderán informarse na web de  Sinsal Son Estrella Galicia.

Este ano volveremos contar co apoio da naviera Mar de Ons, que durante a fin de semana en que ten lugar Sinsal Son Estrella Galicia realizará descontos ao noso público para visitar as Illas Cíes, situadas no lado oposto de San Simón na Ría de Vigo. A idea é proveer a todos os nosos visitantes a posibilidade de planificar grazas ao festival unha fin de semana única en torno á música e á natureza.

Horarios

Venres 25

Vigo – Ida: 15:15 / Volta: 22:55

San Adrián – Ida: 15:45 e 16:15 / Volta: 22:10 e 22:50

Sábado 26

Vigo – Ida: 11:15 / Volta: 22:55

San Adrián – Ida: 11:45 e 12:15 / Volta: 22:10 e 22:50

Domingo 27

Vigo – Ida: 11:15 / Volta: 22:55

San Adrián – Ida: 11:45 e 12:15 / Volta: 22:10 e 22:50

Prezos

Venres 25

Vigo (Adulto) – 28€
San Adrián (Adulto) – 25€
Vigo 
(Neno menor de 13 anos) – 6€
San Adrián (Neno menor de 13 anos) – 6€

Sábado 26

Vigo (Adulto) – 47€
San Adrián (Adulto) – 43€
Vigo 
(Neno menor de 13 anos) – 10€
San Adrián (Neno menor de 13 anos) – 10€

Domingo 27

Vigo (Adulto) – 47€
San Adrián (Adulto) – 43€
Vigo 
(Neno menor de 13 anos) – 10€
San Adrián (Neno menor de 13 anos) – 10€

Recordamos que o cartel repetirase o sábado 26 e domingo 27. O venres 25 será medio día e contará cun cartel diferente.

Entradas á venda en:


Entradas Novagaliciabanco

 

 

 

Sinsal Son Estrella Galicia comeza a navegar. Atentos!

A Fundación Novacaixagalicia expón as obras dos alumnos do seu curso de pintura

A Fundación Novacaixagalicia abrirá mañá, xoves 19, unha exposición coas obras dos alumnos do seu curso de pintura, emprazada na Sala de Exposicións número 2 do seu Centro Social da cidade de Vigo. A mostra, que poderá ser visitada en horario de 17.30 a 20.30 h, permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 28 de xuño.

Madrid, absoluta protagonista de una exposición colectiva que recorre 24 horas en la vida de la capital

 image005

Madrid 24 H, Un día en la vida de Madrid. Del 18 de junio al 27 de julio


Madrid, absoluta protagonista de una exposición colectiva que recorre 24 horas en la vida de la capital

12.00 H. Copyright Daniel Medina de Dios

CentroCentro Cibeles exhibe Madrid 24 H, Un día en la vida de Madrid: una exposición compuesta por 24 fotografías seleccionadas entre las más de 3.000 recibidas en el certamen on line convocado por PHotoEspaña y patrocinado por el Ayuntamiento de Madrid y Samsung

Cada una de las 24 instantáneas ilustra una de las franjas horarias de un día en la vida de la ciudad madrileña, creando un mosaico fotográfico urbano y colectivo

Los rincones, los detalles, las historias y los lugares más emblemáticos de la capital son los protagonistas de una muestra en la que se incluyen las fotografías de los ganadores del certamen on line: Daniel Medina de Dios, Borja Barrera y Sara Murgia

Completan la exposición, cuyas imágenes podrán verse también en las pantallas ubicadas en la madrileña Plaza de Callao, las instantáneas de otros 5 fotógrafos invitados: José Luis Barcia, Secretos de Madrid, Ernesto Peña, Mónica Calzada Pereira y Rodrigo Rivas

La muestra permanecerá abierta hasta el 27 de julio

 

MAÑÁ ACABAN AS CLASES E EMPEZA O VERÁN PARA MILLEIROS DE ESCOLARES DE GALICIA. E HAI UNHA NOVELA-DISCO QUE LLO CONTA! Proposta para mañán venres

image001Dende a Editorial Galaxia estamos a presentar estes días a novela-disco ESTAMOS NO VERÁN, de Xoán Curiel e Charo Pita, a primeira novela-disco galega, dirixida a público infantil e familiar.

Como mañán é fin de curso, envíamosvos unha canción moi divertida, que é a que lle dá título ao proxecto: Estamos no verán!!!; que comeza co último timbre de xuño e fala de que xa acabou o curso e comeza o verán .

Xoán Curiel e a banda Son+d2, presentan: Estamos no verán!!!

image003

Este espectáculo está configurado a partir da novela-CD editada por GALAXIA, que nos conta a historia duns amigos que no verán, queren formar un grupo de música.

 

image004

As músicas deste disco de Xoán Curiel, e a súa banda Son+d2, serven de fío conductor para unha divertida historia narrada por Charo Pita, acompañada das fermosas ilustracións de Iván R.

Estilos como o funk, o rock ou a bossa nova atópanse nun álbum para nenos e nenas entre sete e doce anos.

O  espéctaculo, ven precedido do gran éxito na presentación do 13 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Un espectáculo con 4 músicos, 2 cantantes e unha bailarina, cheo de  música, historias, danza e coreografías que fan participar ao público e mergullan aos rapaces e rapazas nun soño de verán…

 

Videoclip – Estamos no Verán!!!: 

https://www.youtube.com/watch?v=wruZwWXPOwU#t=12

 

Video-dosier do espectáculo:

 https://www.youtube.com/watch?v=NrHGBZtGlPo

 

 

Valença Capta Recebe Investimentos de 25 Milhões de Euros

valencamunicipiologoValença capta dois grandes investimentos, na ordem dos 25 milhões de euros. A ampliação do Parque Eólico e a criação de um Parque Temático reafirmam a atratividade de Valença.
A Câmara Municipal aprovou submeter à Assembleia Municipal a Declaração de Interesse Municipal destes dois projetos.
Dois grandes investimentos que juntamente com o aumento da procura de solo industrial vem consolidar e reforçar a atratividade e o posicionamento geo-estratégico de Valença na região.
A ampliação do Parque Eólico de Valença, a cargo da Ventominho, implicará a implantação de mais oito aerogeradores nos cumes dos montes de Boivão, Sanfins e Taião. Um investimento que potencia uma melhor exploração dos recursos locais e vai duplicar as fontes de receita das eólicas para Valença.
O Parque Temático será uma nova estrutura de apoio ao turismo e ao lazer, a localizar na parte sul do concelho entre a Silva e São Pedro da Torre, próximo ao nó da auto-estrada. Parque aquático, pista de karting e jardim das camélias serão alguns dos atrativos deste espaço que criará um novo atrativo turístico na região. Investimento que implicará a criação de algumas dezenas de novos postos de trabalho, preferencialmente locais.
Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara de Valença “Valença tem uma localização estratégica e possui condições favoráveis à captação de investimentos essenciais para o seu desenvolvimento”.

A Fundación Novacaixagalicia inaugura en Vigo unha exposición solidaria cos nenos sirios refuxiados

O Centro Social da Fundación Novacaixagalicia de Vigo, localizado na rúa Policarpo Sanz, 24-26, será o escenario dunha mostra solidaria cos nenos sirios refuxiados. «Arte x Siria» é o título desta exposición que abrirá mañá ao público. Poderá ser visitada ata o vindeiro 19 de xullo en horario de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h.

 

Leilía e Os Cempés participan no Festival de Verán-Encontros Musicais de Ames

Leilía

Os días 4 e 11 de xullo, entrada de balde
Leilía e Os Cempés participan no Festival de Verán-Encontros Musicais de Ames
Ames, 19 de xuño do 2014.- Esta mañá presentouse no pazo da Peregrina o Festival de Verán-Encontros Musicais de Ames, que terá lugar os días 4 e 11 de xullo nese mesmo recinto. O alcalde amiense, Santiago Amor, e a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, destacaron que se trata dun evento que aposta pola cultura galega e que a entrada é de balde.
Segundo os representantes municipais, o obxectivo do evento é «impulsar a nosa cultura e a nosa lingua», achegándolle á cidadanía produtos culturais de calidade en lingua galega para todos os públicos, «especialmente para a mocidade e para un público».
O festival conta co apoio de AGADIC – Cultura no Camiño 2014. Por el pasarán artistas e grupos que se expresan na nosa lingua, como Os Cempés, Leilía, Cé Orquestra Pantasma, A Requinta da Amaía, Dani García e Gonçalo Guerreiro. Todos eles farán as delicias do público cunha proposta cultural deseñada para desfrutar do verán en Ames.

Leilía fai 25 anos
Na presentación do evento tamén tomou a palabra Montse Rivera, da produtora Merlo Branco e integrante de Leilía, quen lembrou que o grupo musical a que pertence fai agora 25 anos de traxectoria artística. Para conmemorar este aniversario, Leilía interpretará no festival amiense pezas do seu último traballo musical, ConSentimento.
Pola súa parte, o mítico grupo ferrolán Os Cempés fará outro tanto levando ao escenario temas do seu máis recente disco, Tentemozo.

Programación
— Venres, 4 de xullo:
• 20 h: Cé Orquestra Pantasma. O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos.
• 21:30 h: A Requinta da Amaía. Obradoiro baseado na participación do público. Música en directo, xogos e sinxelas danzas de grupo.
• 22:30 h: Concerto dos Cempés. O mítico grupo ferrolán presenta o seu último disco, Tentemozo.

— Venres, 11 de xullo:
• 20:00 h: Dani García con Don Gelatti: comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras e a comunicación co público é constante e dinámica.
• 21:30 h: Os sons do vento que pasa, de Gonçalo Guerreiro. Novo concepto musical: concerto de fados-¬pop cantados en galego.
• 22:30 h: Concerto de Leilía. Cando están a celebrar o seu 25 aniversario, Leilía volven sorprendernos cun espectáculo maduro e fiel ás súas raigames. Interpretarán pezas do seu último disco, ConSentimento.

 

A Eurocidade Analisa Património Que Une Valença e Tui

A Eurocidade Valença Tui promove o colóquio “Arquitetura, Gente e Património”, das duas cidades transfronteiriças, sábado, 21 de junho, no claustro da Catedral de Tui.
Historiadores, arquitetos e personagens da cultura vão fazer uma leitura deste território dando a conhecer os pontos em comum e as coincidências entre as duas cidades.
A perspetiva histórica estará a cargo do doutor Luís Fontes que apresentará a comunicação “Valença arqueológica, cidade e território” e do historiador tudense Suso Vila com “A Paisagem Medieval”, enquanto Ruben Camilo Lois falará de “Geografia Humana, pessoas na fronteira “.
O olhar dos arquitetos sobre a Eurocidade estará a cargo de Iago Seara com “Trabalhos contemporâneas sobre o património”, Francisco Sousa Lobo, presidente da Associação Português dos Amigos dos Castelos, com “Identidade militar de Valença” e Filipe Guimarães com “Intervenção urbana na Fortaleza de Valença “.
Na perspetiva cultural está programada a intervenção do gerente da sociedade de gestão do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, com uma abordagem sobre a importância da passagem do Caminho de Santiago pela Eurocidade.
A jornada contará, também, com intervenções do Presidente da Câmara de Valença e do Alcalde de Tui, bem como do Deão da Catedral de Tui.
O acesso é livre e gratuito ao colóquio.

Valença, 18 de junho 2014