A Fundación Novacaixagalicia expón as obras dos alumnos do seu curso de pintura
A Fundación Novacaixagalicia abrirá mañá, xoves 19, unha exposición coas obras dos alumnos do seu curso de pintura, emprazada na Sala de Exposicións número 2 do seu Centro Social da cidade de Vigo. A mostra, que poderá ser visitada en horario de 17.30 a 20.30 h, permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 28 de xuño.