A Fundación Novacaixagalicia inaugura en Vigo unha exposición solidaria cos nenos sirios refuxiados
O Centro Social da Fundación Novacaixagalicia de Vigo, localizado na rúa Policarpo Sanz, 24-26, será o escenario dunha mostra solidaria cos nenos sirios refuxiados. «Arte x Siria» é o título desta exposición que abrirá mañá ao público. Poderá ser visitada ata o vindeiro 19 de xullo en horario de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h.