MAÑÁ ACABAN AS CLASES E EMPEZA O VERÁN PARA MILLEIROS DE ESCOLARES DE GALICIA. E HAI UNHA NOVELA-DISCO QUE LLO CONTA! Proposta para mañán venres
Dende a Editorial Galaxia estamos a presentar estes días a novela-disco ESTAMOS NO VERÁN, de Xoán Curiel e Charo Pita, a primeira novela-disco galega, dirixida a público infantil e familiar.
Como mañán é fin de curso, envíamosvos unha canción moi divertida, que é a que lle dá título ao proxecto: Estamos no verán!!!; que comeza co último timbre de xuño e fala de que xa acabou o curso e comeza o verán .
Xoán Curiel e a banda Son+d2, presentan: Estamos no verán!!!
Este espectáculo está configurado a partir da novela-CD editada por GALAXIA, que nos conta a historia duns amigos que no verán, queren formar un grupo de música.
As músicas deste disco de Xoán Curiel, e a súa banda Son+d2, serven de fío conductor para unha divertida historia narrada por Charo Pita, acompañada das fermosas ilustracións de Iván R.
Estilos como o funk, o rock ou a bossa nova atópanse nun álbum para nenos e nenas entre sete e doce anos.
O espéctaculo, ven precedido do gran éxito na presentación do 13 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Un espectáculo con 4 músicos, 2 cantantes e unha bailarina, cheo de música, historias, danza e coreografías que fan participar ao público e mergullan aos rapaces e rapazas nun soño de verán…
Videoclip – Estamos no Verán!!!:
https://www.youtube.com/watch?v=wruZwWXPOwU#t=12
Video-dosier do espectáculo:
https://www.youtube.com/watch?v=NrHGBZtGlPo