SINSAL SON ESTRELLA GALICIA // O FESTIVAL DA ILLA DE SAN SIMÓN DESVELA PARTE DO SEU CARTEL

Illa de San Simón

Redondela

25, 26 e 27 de Xullo, 2014

sinsal-1-625x625

Sinsal Son Estrella Galicia, o festival ao que só se pode ir en barco, volverá repetir a fórmula que o fixo famoso, o cartel segredo e as pistas a través das Redes Sociais sobre os nomes que o público se atopará nos tres escenarios unha vez desembarcado. Sinsal Son Estrella Galicia é máis que un festival, é unha experiencia única nun lugar privilexiado, un evento cómodo, sen présas, no que a distancia entre músico e público non existe.

Desvelaremos as pistas a través dos nosos Facebook e Twitter:

Facebook

Twitter

Este ano, como novidade, decidimos facer públicos os nomes dos grupos que tocarán na xornada inaugural do venres 25 de Xullo, permanecendo en estrito segredo as principais propostas do 26 e o 27, que, como vén sendo habitual, repetiranse. O 25 contaremos na illa con cinco nomes dos que xa podemos presentar todos. A londinense Throwing Shade, os arxentinos Frikstailers, os tanzanos Jagwa Music e os mallorquinos Oso Leone, serán os encargados de abrir Sinsal Son Estrella Galicia, propostas ás que se acaba de sumar a portorriqueña afincada en Brooklyn Xenia Rubinos (+ info en NdP)…

DESCARGA DE NDP + FOTOS DE GRUPOS

O programa da xornada de apertura do 25 de Xullo queda como sigue:

17.00 horas Throwing Shade

 

18.00 horas Xenia Rubinos

 

19.00 horas Oso Leone

 

20.00 horas Jagwa Music

 

21.00 horas Frikstailers

Nas xornadas do 26 e o 27 contaremos un ano máis con Músicas Escondidas, concertos en lugares non anunciados da illa. Ao igual que fixemos o ano pasado, nesta ocasión tamén decidimos dar a coñecer estes nomes. Apenino e Why Go tocarán o sábado 26 e Trilitrate e Caspervek Trío o domingo 27 (+ info en NdP)…

Polo Festival Sinsal pasaron, en anteriores edicións na illa e outros espazos, Alt-J, Ariel Pink, Alela Diane, Triángulo de Amor Bizarro, Shellac, Joanna Newsom, Konono nº1, Omar Souleyman, Kings of Convenience, Coco Rosie, Sunn O))), Mono, Current 93, Bonnie Prince Billy, Nite Jewel, BFlecha, Julia Holter, Lightning Bolt, Dirty Projectors, José González, Onehotrix Point Never… e moitos outros. Cada ano tratamos de estar á altura da nosa propia historia e rastrear os nomes máis interesantes do panorama internacional.

Temos toda a información a disposición na nova web de Sinsal Son Estrella Galicia.

  1. sinsalaudio.es

A experiencia

Sinsal Son Estrella Galicia é máis que un festival porque ten lugar nun espazo tan especial como a Illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural e un auténtico xardín no comezo da Ría de Vigo. A Sinsal Son Estrella Galicia só se pode chegar previo pago de entrada desde dous portos, Vigo e San Adrián de Cobres. Para aqueles que veñan de máis lonxe, Sinsal Son Estrella Galicia disporá dunha serie de hoteis colaboradores co evento que ofrecerán descontos:

Hotel Mar de Vigo [+]
Hotel Bahía [+]
Hotel America [+]
Hotel Plaza [+]
Hotel del Mar [+]

Para chegar a Vigo contaremos con importantes descontos en RENFE e Iberia, do 35% e do 15% respectivamente, aos que se poderá acceder unha vez se teña a entrada para o festival. Os interesados poderán informarse na web de  Sinsal Son Estrella Galicia.

Este ano volveremos contar co apoio da naviera Mar de Ons, que durante a fin de semana en que ten lugar Sinsal Son Estrella Galicia realizará descontos ao noso público para visitar as Illas Cíes, situadas no lado oposto de San Simón na Ría de Vigo. A idea é proveer a todos os nosos visitantes a posibilidade de planificar grazas ao festival unha fin de semana única en torno á música e á natureza.

Horarios

Venres 25

Vigo – Ida: 15:15 / Volta: 22:55

San Adrián – Ida: 15:45 e 16:15 / Volta: 22:10 e 22:50

Sábado 26

Vigo – Ida: 11:15 / Volta: 22:55

San Adrián – Ida: 11:45 e 12:15 / Volta: 22:10 e 22:50

Domingo 27

Vigo – Ida: 11:15 / Volta: 22:55

San Adrián – Ida: 11:45 e 12:15 / Volta: 22:10 e 22:50

Prezos

Venres 25

Vigo (Adulto) – 28€
San Adrián (Adulto) – 25€
Vigo 
(Neno menor de 13 anos) – 6€
San Adrián (Neno menor de 13 anos) – 6€

Sábado 26

Vigo (Adulto) – 47€
San Adrián (Adulto) – 43€
Vigo 
(Neno menor de 13 anos) – 10€
San Adrián (Neno menor de 13 anos) – 10€

Domingo 27

Vigo (Adulto) – 47€
San Adrián (Adulto) – 43€
Vigo 
(Neno menor de 13 anos) – 10€
San Adrián (Neno menor de 13 anos) – 10€

Recordamos que o cartel repetirase o sábado 26 e domingo 27. O venres 25 será medio día e contará cun cartel diferente.

Entradas á venda en:


Entradas Novagaliciabanco

 

 

 

Sinsal Son Estrella Galicia comeza a navegar. Atentos!

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: