A XUNTA DE GALICIA INVESTIU PRETO DE 67.000 EUROS NA REALIZACIÓN DE DIVERSAS OBRAS DE REFORMA E MELLORA NOS XULGADOS DE REDONDELA

_MG_7367

A delegada territorial da Xunta en Vigo e o director xeral de Xustiza supervisaron esta mañá o resultado dos traballos acometidos nos últimos meses.
 Un sistema de climatización na sala de vistas, a instalación e subministro dunha alarma de intrusión e a reparación da cuberta foron as actuacións acometidas.

Redondela, 20 de xuño de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitaron hoxe o edificio que alberga os xulgados de Redondela, no que a Xunta de Galicia ven de investir preto de 67.000 euros na realización de diversas obras de reforma e mellora.

Acompañados polo alcalde da localidade, Javier Bas, delegada e director xeral comprobaron o resultado dos traballos levados a cabo nos últimos meses, e que consistiron na instalación dun sistema de climatización na sala de vistas, no subministro dunha alarma de intrusión no edificio xudicial así coma a reparación da cuberta.

No que respecta á primeira actuación, Bravo Bosch explicou que era necesaria a instalación dun sistema de climatización dadas as elevadas temperaturas que se alcanzaban nela durante os meses de primavera e verán. Instalouse así un equipo 2×1 formado por unha unidade exterior monofásica 10,55kW frío/12kW calor e dúas unidades interiores tipo mini cassette 5kW frío/5,10kW calor. A actuación incluíu subministración e instalación de materiais frigoríficos, cabreado e proteccións e probas. O custe total foi de 5.894,32 euros.

En canto ao subministro da alarma, foi solicitada pola secretaria xudicial do decanato tralas derradeiras intrusións ocorridas nos anos 2011 e 2013. Instalouse así unha central de alarmas de 6 a 16 zonas, 17 detectores de dobre tecnoloxía, unha sirena exterior con batería, un teclado con pantalla, cabreado e posta en marcha e conexión 24 horas coa central de alarmas do TSXG. O custe total foi de 3.989,37 euros.

Por último, no que respecta á reparación da cuberta, era unha actuación demandada dende hai tempo para solucionar os problemas de filtracións nos despachos e nas zonas de traballo dos órganos xudiciais. Tivo un custe total de 56.853,66 euros.

Neste senso, a delegada territorial resaltou que as melloras nos edificios xudiciais enmárcanse dentro do compromiso do Goberno galego coa Administración de Xustiza, de xeito que dispoña dos medios materiais necesarios para levar a cabo as súas funcións. Precisamente a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten en marcha un ambicioso Plan de Infraestruturas Xudiciais onde se presta especial atención ao estado, mantemento e renovación das infraestruturas dos partidos xudiciais máis pequenos, como é o caso de Redondela.

Na mesma liña, o director xeral recordou que os edificios xudiciais son unha das primeiras responsabilidades do Goberno galego no eido xudicial, xa que para un correcto desempeño da labor de administrar xustiza, cómpre contar cunha rede de infraestruturas adecuada, que permita aos cidadáns percibir a prestación deste servizo público como unha organización eficaz, transparente, atenta co cidadán e adaptada ás necesidades do século XXI.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: