Traballo Benestar da Xunta de Galicia

PRETO DO 80 POR CENTO DOS MÁIS DE 2.200 PARTICIPANTES NAS PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE ACADARON O APROBADO

 A Consellería de Traballo e Benestar vén de publicar os resultados definitivos na páxina web
 Estas probas diríxense ás persoas que non posúen os requisitos de formación básicos para acceder aos cursos con certificados de profesionalidade
 Con respecto ás convocatorias de 2013, a porcentaxe de participación aumentou un 10 por cento de media .

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta orde, que establece un prazo de presentación de solicitudes de 15 días hábiles a contar desde mañá
 As prazas son en réxime de internado polo que inclúen aloxamento e mantenza, ademais dunha serie de actividades convivenciais e educativas
 Resérvase un 9 por cento das prazas totais para mozos e mozas traballadores

Santiago, 20 de xuño de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se convocan un total de 225 prazas para o curso 2014/2015 nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Distribúense do seguinte xeito: 76 no centro residencial xuvenil LUG en Lugo; 55 na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense; e 94 na de Altamar, en Vigo. Do total das prazas, resérvanse un 9 por cento para mozos e mozas que traballan.

As prazas ofértanse en réxime de internado, o que inclúe aloxamento e mantenza. Ademais nas residencias ofrécense unha serie de actividades e convivencias educativas, a través das que se intentan fomentar valores sociais, culturais e deportivos.

O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2014 e o 31 de xullo de 2015. A cota mensual por estudante residente será de 324 euros por mes.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a contar desde mañá.

Poderán optar ás prazas os mozos e mozas que teñan entre 16 e 30 anos, con nacionalidade española, da Unión Europea o ben estranxeiros residentes en España.

TRABALLO LANZA UNHA GUÍA PARA A PREVENCIÓN DE DANOS MUSCULO-ESQUELÉTICOS PARA AS TRABALLADORAS DO MAR

Beatriz Mato entregará os diplomas aos participantes no obradoiro de fisioterapia preventiva A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe dita ferramenta na entrega de diplomas ás participantes nos obradoiros de fisioterapia preventiva impartidos en once concellos de Galicia, que tivo lugar hoxe en Ribeira (A Coruña)
 A premisa fundamental desta guía é que a inmensa maioría dos accidentes e enfermidades profesionais son evitables mediante técnicas de prevención
 Para difundila contarase coa colaboración da Asociación Mar Seguro Galicia e as Confrarías e, a partir de hoxe mesmo, estará dispoñible na páxina web do ISSGA
 Todas estas actuacións coas traballadoras do mar enmárcanse no Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011-2014, que foi un dos primeiros acordos alcanzados no Diálogo Social
 Mato recordou que, fóra das actuacións do ISSGA, na Consellería entregáronse a preto de 250 redeiras os certificados de profesionalidade que recoñecen a súa experiencia en confección e mantemento de artes e aparellos.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: