Archive | junio 23, 2014

Concello de Vigo


O goberno local reforza o transporte público e a seguridade durante a noite de San Xoán

O alcalde deu conta do dispositivo especial deseñado para a noite de San Xoán co reforzo de Policía Local, Bombeiros e transporte público. Pendentes da autorización da fogueira de San Andrés de Comesaña, xa son 16 as piras revisadas e autorizadas para prender esta noite.

 

Caballero subliña o «éxito» de Volotea que xa vendeu o 60% dos billetes a Mallorca, Ibiza e Valencia

Volotea iniciou hoxe o voo a Palma de Mallorca, unha conexión que se une á de Ibiza e Valencia que arrancaron este mesmo mes. Segundo detallou o rexedor en rolda de prensa, xa está vendido o 60% dos billetes o que refrenda que «cando en Vigo hai oferta de voos de baixo custo, a xente viaxa».

 


O Concello colabora con Nós Mesmas na organización dunha semana actos pola festa do Orgullo

Este luns comezan as actividades coa izada da bandeira no Concello e a celebración dun obradoiro na Casa das Mulleres. O día central será o sábado, 28 de xuño, coa manifestación «Polos Dereitos Humanos LGTB» e a Festa Orgullosx na Praza da Pedra. A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, animou á participación para defender os dereitos do colectivo.

 


Inauguración exposición «Vigo ten swing. Unha aproximación á historia do jazz en Vigo»

O martes, 24 de xuño, ás 20:00 h, terá lugar na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a inauguración da exposición «Vigo ten swing. Unha aproximación á historia do jazz en Vigo», organizada pola Concellería de Cultura e Festas con motivo da décima edición do Festival de Jazz IMAXINA SONS.

El ministro Soria se reúne con el ministro de Medioambiente y el subsecretario de Economía polacos

 

photo4

 España y Polonia han constatado que comparten posiciones en materia de energía, interconexiones, medio ambiente y reindustrialización de Europa, ya plasmados en un documento conjunto con Portugal.

 Además, han mostrado su voluntad de compartir posiciones comunes en próximos Consejos Europeos a las que puedan sumarse otros países miembros.
23.06.14. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, ha mantenido hoy una reunión bilateral con el ministro polaco de Medio Ambiente, Macicej H Grabwski, y el subsecretario de Estado del Ministerio de Economía, Andrzej Dycha, en el marco de la X Cumbre hispano-polaca que ha tenido lugar hoy en Gdansk.
En la reunión, también han participado el secretario de Estado del Ministerio de Medio Ambiente, Marcin Korolec.
Durante la cumbre, España y Polonia han constatado que comparten posiciones en materia de energía, interconexiones, medio ambiente y reindustrialización de Europa, ya plasmados en el documento conjunto firmado por España, Polonia y Portugal de cara al Consejo Europeo del 26 y 27 de junio. Ambos países han mostrado además su voluntad de lograr posiciones comunes en los próximos Consejos Europeos a las que se puedan sumar otros países miembros.
España y Polonia comparten la preocupación por la insuficiente interconexión del mercado energético europeo y las implicaciones que esto tiene para nuestra seguridad energética. En el marco de la Cumbre, España ha propuesto la consecución de un mercado único de la energía en Europa y aumentar los créditos para las pequeñas y medianas empresas en el ámbito europeo, así como continuar el proceso de integración y la firma de acuerdos de libre comercio como los que se están negociando con Estados Unidos y Japón.

Arranca en Coruxo el I Campus Multideportivo de la Diputación, con 404 niños entre 6 y 13 años, coordinado por estrellas de 20 deportes diferentes

_P2A9001
La iniciativa ‘Aprendendo a Xogar’ se desarrolla con precios populares de 30 euros por niño y descuentos del 50% para segundo hijo o matrículas gratuitas para familias con los dos cónyuges en paro.
• El vicepresidente de la Diputación, José Manuel Figueroa, destacó la apuesta de la Administración Provincial por el fomento del deporte entre los más jóvenes.
• Figueroa recordó que la inversión de la Diputación del deporte vigués durante los últimos años supera los 28 millones de euros.

 

 

Visita de la Diputación a entidades sociales de Tomiño y a 4 obras de saneamiento

rps20140623_160433_608
La Diputación destina 531.000 euros a mejorar la Casa da Cultura de Tomiño, ampliar la red municipal de saneamiento y  colaborar con las entidades sociales SOS Tomiño y Vontade  

 

 La diputada Marta Iglesias, acompañada del también diputado Moisés Rodríguez y de la portavoz del PP en Tomiño, Paula Romeu, comprobaron el estado de las obras de la Diputación en la zona

• 

 La Administración Provincial renovó su compromiso con las asociaciones de protección social Vontade y SOS Tomiño, para colaborar en la atención de sus necesidades básicas.

• 

 La Diputación acomete en estos momentos obras de saneamiento por valor de 330.000 euros en cuatro parroquias tomiñesas.

Noticias Partido Popular

PEDRO PUY SALIENTA “O TRABALLO INTENSO” QUE DESENVOLVERÁ O PARLAMENTO GALEGO DURANTE O MES DE XULLO

 Respecto da sesión plenaria que se celebra esta semana, destacou a proposición do Grupo Popular que reclama o mantemento do partido xudicial en Vigo, “unha demanda que pretende ser unha defensa das particularidades dos partidos xudiciais en Galicia”

  • Ao longo das tres primeiras semanas de xullo, terá lugar un pleno, unha sesión de cada unha das oito comisións permanentes, reunións das comisións non permanentes e continuarán traballando as ponencias en marcha.
  • PEDRO PUY CUALIFICA A REFORMA FISCAL DE “AXEITADA PARA O MOMENTO ECONÓMICO E QUE INCREMENTA A EQUIDADE E A PROGRESIVIDADE DO SISTEMA”

     O portavoz do Grupo Popular amosou a súa esperanza en que “non só se manteñan os ingresos, senón que permitan cubrir a brecha de déficit”

    • Dixo que “aredución da tributación vai diminuíndo conforme se vai avanzando nos tramos de renda, e os tramos de renda superior a 100.000 euros ao ano tributan máis do que o facían en 2011”
    • Puy dixo que os novos xestores de Novagalicia Banco “parece que impulsan un proxecto atractivo para o país, cun compromiso máis aló do impacto financeiro ou empresarial, senón tamén co mantemento da obra social das antigas caixas”.
    • El Grupo Popular reclama consenso político y ciudadano para la designación del representante de Vigo en el nuevo patronato de la Fundación Novacaixagalicia

      • La concejala del PP, Teresa Cendón, asegura que “es un asunto de ciudad, ya que el miembro del patronato que represente a Vigo tiene el voto ponderado más alto de las siete ciudades gallegas”.

      • El Partido Popular muestra su satisfacción por la decisión del banco de asegurar la viabilidad de la Fundación, “que garantiza la mayoría de las actividades culturales de la ciudad y sobre todo las actuaciones de carácter social, que son fundamentales en la actualidad”, enfatiza Cendón.

      • El PP mantiene que la sede permanente de la colección artística de la Fundación, con la itinerancia que se decida, sea Vigo”, asegura la concejala del Grupo Popular.

     

 

A xunta de accionistas de NCG Banco nomea o consello que dirixirá a nova etapa do banco

A xunta de accionistas de NCG Banco nomea o consello que dirixirá a nova etapa do banco

Os accionistas aprobaron por ampla maioría as contas de 2013
O consello de administración do banco formarano nove conselleiros
O novo auditor do banco será KPMG

23.06.2014. A xunta xeral de accionistas de NCG Banco, que tivo lugar hoxe na Coruña,
aprobou o nomeamento do novo consello de administración que será o encargado de
dirixir a nova etapa da entidade que se iniciará coa saída do FROB do accionariado do
banco. A firma definitiva do traspaso accionarial producirase o próximo mércores 25 de
xuño.
A xunta de accionistas aprobou todos os puntos da orde do día de forma maioritaria. En
termos de asistencia, estivo representado o 91,2% dos accionistas en representación do
FROB, o FGD e os accionistas privados. Entre os acordos máis significativos atópanse a
aprobación das contas anuais da entidade en 2013 que rexistraron un beneficio atribuído
de 18 millóns e a xestión desenvolvida polo consello de administración no exercicio, a
elección de KPMG como novo auditor do banco para os próximos tres anos e o
nomeamento dos nove conselleiros que formarán o máximo órgano de goberno do banco
nesta nova etapa que comeza.
Un consello profesional
O novo consello tomará posesión o próximo mércores 25, día no que se reunirá por primeira
vez. Estará formado por 9 conselleiros, dos que sete foron nomeados na xunta de hoxe.
Todos teñen un marcado corte profesional, ampla experiencia na xestión e unha dilatada
traxectoria profesional no mundo financeiro. As retribucións e dietas que se aprobaron
para o consello están en liña co sistema de retribución dos conselleiros establecido nos
Estatutos Sociais: un máximo anual de 100.000 euros por dietas e de 500.000 euros por
salario.
Recoñecemento do FROB
Ao finalizar a xunta, o presidente, José Antonio Portugal, despediuse cun recoñecemento
aos homes e mulleres da rede comercial, que, segundo indicou, «son o rostro do banco e
os que levaron a peor parte nos momentos duros».
A continuación, estendeu este recoñecemento a José María Castellano, presidente de
NCG Banco ata decembro e que nestes últimos meses mantívose como administrador
provisional do FROB na entidade, a quen definiu como «un dos homes máis tenaces que
coñezo».
Tamén tivo palabras de agradecemento para o consello do banco, que «contribuíu á
construción dunha das entidades máis avanzadas en prácticas de bo goberno», e para
todos os profesionais do FROB, «que trataron de facer compatible a viabilidade da
entidade co uso eficiente dos recursos públicos».
Por último, resaltou que «Banesco aporta, ademais da súa indubidable solvencia financeira,
experiencia internacional e capacidade de xestión, o que unido á capilaridade da rede e
a cota de negocio de NCG, ofrece unha perspectiva de futuro inmellorable».
http://www.ncgbanco.es 981188022 – 986828070 comunicacion@novagalicia.es
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN
JAVIER ETCHEVERRÍA DE LA MUELA (A Coruña, 1933)

Presidente de Banco Etcheverría de nde 1980. Licenciado
en Dereito pola Universidade de Madrid, exerceu como
avogado durante un breve espazo de tempo antes de
incorporarse ao Banco Etcheverría como director xeral. En
1960 foi nomeado vicepresidente e en 1980 asumiu a
presidencia. É conselleiro da AEB e vocal da Fundación de
Estudios Bancarios.
JUAN CARLOS ESCOTET RODRÍGUEZ (Madrid, 1959)
Presidente de Banesco Grupo Financiero Internacional.
Economista e Magister en Ciencias de Xerencia
Profesional pola Universidade de Miami (Florida),
comezou a súa carreira en 1976 en Banco Unión
(Venezuela).
En 1986 funda Escotet Casa de Bolsa, que daría orixe en
1991 a Banesco Banco Universal. A partir de 1992 dirixiu a
expansión internacional da entidade, coa fundación de
Banesco Internacional Panamá e Banesco Internacional
Corp. (Puerto Rico). A organización ten presenza en sete
países: Venezuela, Panamá, EE.UU., República
Dominicana, Puerto Rico, Colombia e España.
Actualmente é presidente da Xunta Directiva de
Banesco Banco Universal e de Banesco Holding, ademais de director principal en
Banesco Seguros Panamá, Banesco S.A. (Panamá), Banesco Banco Múltiple
(República Dominicana) e Banesco USA (Miami). Tamén exerce como asesor de
Advisory Council de Visa Internacional para América Latina e o Caribe e conselleiro
de Banco Etcheverría (España) dende decembro de 2012.
Á marxe da súa actividade financeira, preside Fundana, organización benéfica a
favor de meniños abandonados.

FRANCISCO BOTAS RATERA (Ferrol, 1967)

Licenciado en Ciencias Económicas, Empresariais e
Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas,
acadou un C. Degree en International Business Finance
na Universidade de Berkeley.
A súa carreira profesional comezou como auditor en
KPMG Peat Marwik. En 1992 incorporouse a Mac
Group-Gemini como consultor de Estratexia
Corporativa e Finanzas e en 1996 pasou a formar parte
de Inditex, como responsable de Bussines Manager no
departamento internacional.
En 1998 incorpórase a Banco Etcheverría, onde
exerceu diversas responsabilidades ata ser nomeado
director xeral e, dende xuño de 2007 hasta ata marzo de 2014, conselleiro
delegado. Dende marzo deste mesmo ano é director xeral corporativo de NCG
Banco.

RAÚL BALTAR ESTÉVEZ (Vigo, 1963)

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola
Universidade Autónoma de Madrid, tamén realizou o
Top Executive Program no Instituto de Empresa de
Madrid.
Conta con máis de 20 anos de experiencia no sector
bancario, nas áreas de auditoría interna, banca privada,
e nos máis altos cargos xerenciais e de goberno
corporativo. Dende febreiro de 2008 ata 2014 foi
presidente executivo do Banco Exterior (Venezuela),
cargo que compaxinou co de director da Asociación
Bancaria de Venezuela.
Dende abril deste ano é xerente xeral do Headquarter Banesco Grupo Financiero
Internacional, en Panamá.

CARINA SZPILKA LÁZARO (Buenos Aires, 1968)
Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais por
ICADE e Executive MBA polo Instituto de Empresa de
Madrid, iniciou a súa carreira no mundo bancario en
1991. Primeiro, en Santander Investment e despois en
Argentaria.
En 1998 formou parte do equipo que lanzou ING Direct
en España e ata 2013 traballou nesta entidade,
ocupando diversos postos de responsabilidade, como
directora de atención ao cliente e vendas, CEO
adxunta e, dende 2010 a 2013, CEO da entidade.
PEDRO RAÚL LÓPEZ JÁCOME (Lalín, 1959)
Contador Público pola Universidade Central de
Venezuela, desenvolveu a súa carreira profesional en
Ernst&Young, onde ocupou o cargo de xerente sénior da
División de Asesoría Financeira, e Banco República
(Venezuela). En 1994 incorpórase a Banesco, onde
ocupou diferentes postos de responsabilidade, como
director de Mercado de Capitais, Internacional e Crédito
(1994-2000).
Fundou e foi presidente de Multiplicas Casa de Bolsa e
pasou a ocupar o posto de director de varias empresas
relacionadas co mercado de capitais en Venezuela,
como Fondo de Valores Inmobiliarios, Inmuebles y Valores Caracas e HL Boulton.
Profesor de Mercado de Capitais no Centro Integral de Actualización Profesional da
Universidade Católica Andrés Bello (Venezuela), conxuntamente coa Escola de
Organización Industrial de Madrid.
Actualmente é fundador e CEO do Grupo MWM Securities-Miura Financial Services,
que conta con licencias de bróker dealer en EE.UU. e Panamá, e director supervisor
de SFA Bank.

MIGUEL ÁNGEL CAPRILES LÓPEZ (Caracas, 1963)
Licenciado en Ciencias Administrativas pola
Universidade Metropolitana de Caracas, é dende
1998 o máximo responsable de Inversiones Capriles,
empresa venezolana de investimento inmobiliario e
activos financeiros.
Tamén foi durante 15 anos presidente do consello e
conselleiro delegado do principal grupo de medios
impresos de Venezuela, Cadena Capriles.
Na actualidade, é conselleiro de Mercantil Servicios
Financieros, segundo grupo financeiro privado
venezolano, propietario de Banco Mercantil; Seguros Mercantil, primeira
aseguradora venezolana; Mercantil Commercebank Holding Corp., propietaria de
Mercantil Commercebank NA, un dos tres primeiros bancos comunitarios do sur de
Florida (EE.UU.) e HL Boulton, empresa de Caracas accionista de distintas empresas
industriais venezolanas. Tamén é membro do consello consultivo da Universidade
Monteavila (Caracas).

A Fundación Novacaixagalicia estrea en Vigo unha Escola de Verán e actividades diversas para nenos

A Fundación Novacaixagalicia acollerá en xullo propostas didácticas e de lecer para os nenos e nenas que se inscriban nas diferentes actividades que a entidade galega ten programadas. Para iso, o Centro Social da entidade en Vigo, o Pazo de San Roque e Naturnova desenvolverán un amplo proxecto que abrangue contidos didácticos presentados dunha maneira lúdica que resulte sempre atractiva para os pequenos. Para solicitar unha completa información sobre estes obradoiros, pódese contactar co persoal da área educativa da fundación nos teléfonos 986 129 032 ou 986 120 088. Así mesmo, na páxina web www.obrasocialncg.com figuran os programas detallados de todas estas alternativas de lecer nos meses de verán. A matrícula para estas actividades pódese formalizar a través de www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

 

A XUNTA DESTINA 210.000 EUROS PARA APOIAR ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL NA CONTRATACIÓN DE PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa que beneficiará ás empresas de inserción laboral (EIL) de Galicia para a contratación de traballadores en procesos de inserción
 Vai dirixida a persoas desempregadas nas que concorren factores de exclusión co obxecto de proporcionar formación, emprego e habilidades sociais e laborais ás persoas desfavorecidas e socialmente máis vulnerables
 Esta ano incorpórase como novo suposto subvencionable as asistencias técnicas que permitan ás EIL reorientar a súa actividade empresarial

Santiago, 23 de xuño de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar destinará 210.000 euros para promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo en Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social. O prazo para a presentación de solicitudes das axudas previstas nesta orde rematará o 30 de setembro.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa que beneficiará ás 10 empresas de inserción laboral (EIL) existentes en Galicia para a contratación duns 40 traballadores. Estas empresas deben proporcionar aos traballadores medidas personalizadas de apoio e manter, en cómputo anual, un mínimo do 30% de empregados en proceso de inserción con respecto ao total do equipo.

O programa vai dirixido a persoas desempregadas nas que concorren factores de exclusión co obxecto de proporcionar formación e emprego ás persoas desfavorecidas e socialmente máis vulnerables. As empresas de inserción laboral amplíanlles as posibilidades de acceder ao mercado laboral.

A iniciativa inclúe axudas á contratación de persoas en risco de exclusión, de xerentes para garantir a viabilidade técnica da empresa e de técnicos expertos en accións de orientación ou acompañamento á inserción; a mediación laboral para a contratación destas persoas; a formalización de préstamos con entidades financeiras; axudas para a creación ou ampliación do cadro de persoal; ou para o inicio e posta en marcha da actividade. Ademais destes supostos, este ano incorpórase como novidade as axudas para asistencias técnicas que permitan ás EIL reorientar a súa actividade empresarial.

Pola súa banda, as entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán acceder a axudas para a contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción e para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral.