A xunta de accionistas de NCG Banco nomea o consello que dirixirá a nova etapa do banco

A xunta de accionistas de NCG Banco nomea o consello que dirixirá a nova etapa do banco

Os accionistas aprobaron por ampla maioría as contas de 2013
O consello de administración do banco formarano nove conselleiros
O novo auditor do banco será KPMG

23.06.2014. A xunta xeral de accionistas de NCG Banco, que tivo lugar hoxe na Coruña,
aprobou o nomeamento do novo consello de administración que será o encargado de
dirixir a nova etapa da entidade que se iniciará coa saída do FROB do accionariado do
banco. A firma definitiva do traspaso accionarial producirase o próximo mércores 25 de
xuño.
A xunta de accionistas aprobou todos os puntos da orde do día de forma maioritaria. En
termos de asistencia, estivo representado o 91,2% dos accionistas en representación do
FROB, o FGD e os accionistas privados. Entre os acordos máis significativos atópanse a
aprobación das contas anuais da entidade en 2013 que rexistraron un beneficio atribuído
de 18 millóns e a xestión desenvolvida polo consello de administración no exercicio, a
elección de KPMG como novo auditor do banco para os próximos tres anos e o
nomeamento dos nove conselleiros que formarán o máximo órgano de goberno do banco
nesta nova etapa que comeza.
Un consello profesional
O novo consello tomará posesión o próximo mércores 25, día no que se reunirá por primeira
vez. Estará formado por 9 conselleiros, dos que sete foron nomeados na xunta de hoxe.
Todos teñen un marcado corte profesional, ampla experiencia na xestión e unha dilatada
traxectoria profesional no mundo financeiro. As retribucións e dietas que se aprobaron
para o consello están en liña co sistema de retribución dos conselleiros establecido nos
Estatutos Sociais: un máximo anual de 100.000 euros por dietas e de 500.000 euros por
salario.
Recoñecemento do FROB
Ao finalizar a xunta, o presidente, José Antonio Portugal, despediuse cun recoñecemento
aos homes e mulleres da rede comercial, que, segundo indicou, “son o rostro do banco e
os que levaron a peor parte nos momentos duros”.
A continuación, estendeu este recoñecemento a José María Castellano, presidente de
NCG Banco ata decembro e que nestes últimos meses mantívose como administrador
provisional do FROB na entidade, a quen definiu como “un dos homes máis tenaces que
coñezo”.
Tamén tivo palabras de agradecemento para o consello do banco, que “contribuíu á
construción dunha das entidades máis avanzadas en prácticas de bo goberno”, e para
todos os profesionais do FROB, “que trataron de facer compatible a viabilidade da
entidade co uso eficiente dos recursos públicos”.
Por último, resaltou que “Banesco aporta, ademais da súa indubidable solvencia financeira,
experiencia internacional e capacidade de xestión, o que unido á capilaridade da rede e
a cota de negocio de NCG, ofrece unha perspectiva de futuro inmellorable”.
http://www.ncgbanco.es 981188022 – 986828070 comunicacion@novagalicia.es
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN
JAVIER ETCHEVERRÍA DE LA MUELA (A Coruña, 1933)

Presidente de Banco Etcheverría de nde 1980. Licenciado
en Dereito pola Universidade de Madrid, exerceu como
avogado durante un breve espazo de tempo antes de
incorporarse ao Banco Etcheverría como director xeral. En
1960 foi nomeado vicepresidente e en 1980 asumiu a
presidencia. É conselleiro da AEB e vocal da Fundación de
Estudios Bancarios.
JUAN CARLOS ESCOTET RODRÍGUEZ (Madrid, 1959)
Presidente de Banesco Grupo Financiero Internacional.
Economista e Magister en Ciencias de Xerencia
Profesional pola Universidade de Miami (Florida),
comezou a súa carreira en 1976 en Banco Unión
(Venezuela).
En 1986 funda Escotet Casa de Bolsa, que daría orixe en
1991 a Banesco Banco Universal. A partir de 1992 dirixiu a
expansión internacional da entidade, coa fundación de
Banesco Internacional Panamá e Banesco Internacional
Corp. (Puerto Rico). A organización ten presenza en sete
países: Venezuela, Panamá, EE.UU., República
Dominicana, Puerto Rico, Colombia e España.
Actualmente é presidente da Xunta Directiva de
Banesco Banco Universal e de Banesco Holding, ademais de director principal en
Banesco Seguros Panamá, Banesco S.A. (Panamá), Banesco Banco Múltiple
(República Dominicana) e Banesco USA (Miami). Tamén exerce como asesor de
Advisory Council de Visa Internacional para América Latina e o Caribe e conselleiro
de Banco Etcheverría (España) dende decembro de 2012.
Á marxe da súa actividade financeira, preside Fundana, organización benéfica a
favor de meniños abandonados.

FRANCISCO BOTAS RATERA (Ferrol, 1967)

Licenciado en Ciencias Económicas, Empresariais e
Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas,
acadou un C. Degree en International Business Finance
na Universidade de Berkeley.
A súa carreira profesional comezou como auditor en
KPMG Peat Marwik. En 1992 incorporouse a Mac
Group-Gemini como consultor de Estratexia
Corporativa e Finanzas e en 1996 pasou a formar parte
de Inditex, como responsable de Bussines Manager no
departamento internacional.
En 1998 incorpórase a Banco Etcheverría, onde
exerceu diversas responsabilidades ata ser nomeado
director xeral e, dende xuño de 2007 hasta ata marzo de 2014, conselleiro
delegado. Dende marzo deste mesmo ano é director xeral corporativo de NCG
Banco.

RAÚL BALTAR ESTÉVEZ (Vigo, 1963)

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola
Universidade Autónoma de Madrid, tamén realizou o
Top Executive Program no Instituto de Empresa de
Madrid.
Conta con máis de 20 anos de experiencia no sector
bancario, nas áreas de auditoría interna, banca privada,
e nos máis altos cargos xerenciais e de goberno
corporativo. Dende febreiro de 2008 ata 2014 foi
presidente executivo do Banco Exterior (Venezuela),
cargo que compaxinou co de director da Asociación
Bancaria de Venezuela.
Dende abril deste ano é xerente xeral do Headquarter Banesco Grupo Financiero
Internacional, en Panamá.

CARINA SZPILKA LÁZARO (Buenos Aires, 1968)
Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais por
ICADE e Executive MBA polo Instituto de Empresa de
Madrid, iniciou a súa carreira no mundo bancario en
1991. Primeiro, en Santander Investment e despois en
Argentaria.
En 1998 formou parte do equipo que lanzou ING Direct
en España e ata 2013 traballou nesta entidade,
ocupando diversos postos de responsabilidade, como
directora de atención ao cliente e vendas, CEO
adxunta e, dende 2010 a 2013, CEO da entidade.
PEDRO RAÚL LÓPEZ JÁCOME (Lalín, 1959)
Contador Público pola Universidade Central de
Venezuela, desenvolveu a súa carreira profesional en
Ernst&Young, onde ocupou o cargo de xerente sénior da
División de Asesoría Financeira, e Banco República
(Venezuela). En 1994 incorpórase a Banesco, onde
ocupou diferentes postos de responsabilidade, como
director de Mercado de Capitais, Internacional e Crédito
(1994-2000).
Fundou e foi presidente de Multiplicas Casa de Bolsa e
pasou a ocupar o posto de director de varias empresas
relacionadas co mercado de capitais en Venezuela,
como Fondo de Valores Inmobiliarios, Inmuebles y Valores Caracas e HL Boulton.
Profesor de Mercado de Capitais no Centro Integral de Actualización Profesional da
Universidade Católica Andrés Bello (Venezuela), conxuntamente coa Escola de
Organización Industrial de Madrid.
Actualmente é fundador e CEO do Grupo MWM Securities-Miura Financial Services,
que conta con licencias de bróker dealer en EE.UU. e Panamá, e director supervisor
de SFA Bank.

MIGUEL ÁNGEL CAPRILES LÓPEZ (Caracas, 1963)
Licenciado en Ciencias Administrativas pola
Universidade Metropolitana de Caracas, é dende
1998 o máximo responsable de Inversiones Capriles,
empresa venezolana de investimento inmobiliario e
activos financeiros.
Tamén foi durante 15 anos presidente do consello e
conselleiro delegado do principal grupo de medios
impresos de Venezuela, Cadena Capriles.
Na actualidade, é conselleiro de Mercantil Servicios
Financieros, segundo grupo financeiro privado
venezolano, propietario de Banco Mercantil; Seguros Mercantil, primeira
aseguradora venezolana; Mercantil Commercebank Holding Corp., propietaria de
Mercantil Commercebank NA, un dos tres primeiros bancos comunitarios do sur de
Florida (EE.UU.) e HL Boulton, empresa de Caracas accionista de distintas empresas
industriais venezolanas. Tamén é membro do consello consultivo da Universidade
Monteavila (Caracas).

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: