A XUNTA DESTINA 210.000 EUROS PARA APOIAR ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL NA CONTRATACIÓN DE PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa que beneficiará ás empresas de inserción laboral (EIL) de Galicia para a contratación de traballadores en procesos de inserción
 Vai dirixida a persoas desempregadas nas que concorren factores de exclusión co obxecto de proporcionar formación, emprego e habilidades sociais e laborais ás persoas desfavorecidas e socialmente máis vulnerables
 Esta ano incorpórase como novo suposto subvencionable as asistencias técnicas que permitan ás EIL reorientar a súa actividade empresarial

Santiago, 23 de xuño de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar destinará 210.000 euros para promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo en Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social. O prazo para a presentación de solicitudes das axudas previstas nesta orde rematará o 30 de setembro.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa que beneficiará ás 10 empresas de inserción laboral (EIL) existentes en Galicia para a contratación duns 40 traballadores. Estas empresas deben proporcionar aos traballadores medidas personalizadas de apoio e manter, en cómputo anual, un mínimo do 30% de empregados en proceso de inserción con respecto ao total do equipo.

O programa vai dirixido a persoas desempregadas nas que concorren factores de exclusión co obxecto de proporcionar formación e emprego ás persoas desfavorecidas e socialmente máis vulnerables. As empresas de inserción laboral amplíanlles as posibilidades de acceder ao mercado laboral.

A iniciativa inclúe axudas á contratación de persoas en risco de exclusión, de xerentes para garantir a viabilidade técnica da empresa e de técnicos expertos en accións de orientación ou acompañamento á inserción; a mediación laboral para a contratación destas persoas; a formalización de préstamos con entidades financeiras; axudas para a creación ou ampliación do cadro de persoal; ou para o inicio e posta en marcha da actividade. Ademais destes supostos, este ano incorpórase como novidade as axudas para asistencias técnicas que permitan ás EIL reorientar a súa actividade empresarial.

Pola súa banda, as entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán acceder a axudas para a contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción e para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: