Concello de Vigo


O goberno local reforza o transporte público e a seguridade durante a noite de San Xoán

O alcalde deu conta do dispositivo especial deseñado para a noite de San Xoán co reforzo de Policía Local, Bombeiros e transporte público. Pendentes da autorización da fogueira de San Andrés de Comesaña, xa son 16 as piras revisadas e autorizadas para prender esta noite.

 

Caballero subliña o “éxito” de Volotea que xa vendeu o 60% dos billetes a Mallorca, Ibiza e Valencia

Volotea iniciou hoxe o voo a Palma de Mallorca, unha conexión que se une á de Ibiza e Valencia que arrancaron este mesmo mes. Segundo detallou o rexedor en rolda de prensa, xa está vendido o 60% dos billetes o que refrenda que “cando en Vigo hai oferta de voos de baixo custo, a xente viaxa”.

 


O Concello colabora con Nós Mesmas na organización dunha semana actos pola festa do Orgullo

Este luns comezan as actividades coa izada da bandeira no Concello e a celebración dun obradoiro na Casa das Mulleres. O día central será o sábado, 28 de xuño, coa manifestación “Polos Dereitos Humanos LGTB” e a Festa Orgullosx na Praza da Pedra. A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, animou á participación para defender os dereitos do colectivo.

 


Inauguración exposición “Vigo ten swing. Unha aproximación á historia do jazz en Vigo”

O martes, 24 de xuño, ás 20:00 h, terá lugar na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a inauguración da exposición “Vigo ten swing. Unha aproximación á historia do jazz en Vigo”, organizada pola Concellería de Cultura e Festas con motivo da décima edición do Festival de Jazz IMAXINA SONS.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: