BENESTAR E ALDEAS INFANTÍS AMPLÍAN A TODA GALICIA O PROGRAMA DE APOIO AO ACOLLEMENTO EN FAMILIAS EXTENSAS
A Consellería de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe un convenio de colaboración neste sentido coa presidenta desta asociación, Rosa Freire
Ata o de agora, esta iniciativa levábase a cabo en Vigo; o ano pasado chegou a toda a provincia de Pontevedra; e neste exercicio, dados o seus “bos resultados”, esténdese a toda Galicia
Para conseguilo, a Xunta triplica o orzamento que destina a este proxecto, que pasa de 30.000 a 100.000 euros
Permitirá atender a unhas 80 familias a través de asesoramento e orientación e, por primeira vez, ofrecerá accións formativas que chegarán a 320 persoas
O 84 por cento dos acollementos que se produciron en Galicia en 2013 corresponderon a familias extensas
A Coruña, 25 de xuño de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar reforzará e ampliará a toda Galicia o “Programa de apoio ao acollemento en familia Extensa” que desenvolve en colaboración con Aldeas Infantís. A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, asinou hoxe un convenio neste sentido coa presidenta desta asociación, Rosa Freire.
Ata o de agora, esta iniciativa realizábase na área de Vigo desde hai anos, e o exercicio pasado estendeuse como proxecto piloto a toda a provincia de Pontevedra, amosando uns “resultados positivos”. Para levalo agora a toda a comunidade autónoma, o Goberno galego “triplicará” a súa achega económica a este proxecto, que pasará de 30.000 a 100.000 euros. Esta contía supón o 60 por cento do investimento total do programa, que ascende a uns 170.000 euros.
Con esta ampliación e reforzo orzamentario, estímase que a iniciativa poderá chegar a unhas 80 familias e dar formación a unhas 320 persoas. En concreto, o obxectivo do programa é ofrecer información, acompañamento, asesoramento ás familias e aos menores; promover os recursos necesarios para crear un entorno seguro e afectuoso; e mediar na relación coas familias. Ademais, e por primeira vez, ofreceranse accións formativas para as familias acolledoras, para que estean preparados e poidan superar as dificultades que se presenten.
O acollemento en familia extensa –aquel realizado por familiares distintos dos pais do menor- engloba á gran maioría de acollementos que se realizan ao longo dun ano. En concreto, en 2013 supuxeron o 84 por cento do total. Esta modalidade tende a facilitar a integración dos menores e tamén o contacto cos seus pais, pero non impide que as familias poidan presentar algunha problemática para a que requiran a intervención individualizada dun profesional.
Así, este programa está deseñado para dar respostas ás familias e vén a completar o traballo que xa realizan os equipos técnicos de menores do Goberno galego. De feito, todas as actuacións estarán coordinadas entre os profesionais da asociación e os da Xunta.
Esta iniciativa “completa e complementa” a que se desenvolve en colaboración con Cruz Vermella para o acollemento en familia allea, e que se leva executando desde o ano 1995. Actualmente conta cun orzamento de 300.000 euros e permitiu atender a máis de 227 menores o ano pasado.
“En definitiva, o convenio que asinamos hoxe supón un novo paso no noso compromiso coa protección dos menores”, asegurou Mato, quen considerou que “nese obxectivo común do benestar e desenvolvemento feliz dos nenos e nenas, a cooperación entre a administración e as entidades do terceiro sector é fundamental”.
Ao respecto, eloxiou o traballo que desenvolve Aldeas Infantís, entidade coa que a Consellería mantén unha “fluída colaboración” que se reflicte nos máis de 11,5 millóns que se teñen investido, desde 2009, tanto en concerto de prazas como en convenios de colaboración.
Antes de rematar, a conselleira tivo tamén unhas palabras para agradecer o traballo que desenvolven as familias acolledoras.
Concello de Vigo
Todos os responsables das forzas de seguridade coinciden ao cualificar Vigo como «cidade segura» |
O goberno local estudará co sector a creación dun órgano integrado de xestión turística |
O pianista Marco Mezquida inaugura a 10ª edición de Imaxina Sons o xoves 26 de xuño |

OS PREMIOS AO MELLOR PROXECTO COOPERATIVO RECAERÁN NO ‘CANTO DA BALEA’ DE CARNOTA E NA ‘COOPERATIVA DE CINE E DOCUMENTAL’ DA CORUÑA
A Consellería de Traballo e Benestar celebrará este ano a gala do Día Internacional do Cooperativismo Galego no centro Ágora da Coruña o próximo 5 de xullo
O galardón á promoción do cooperativismo acadouno a entidade Santa María do Val S.Coop de Narón e o premio aos valores cooperativos a empresa Amegrove S.Coop do Grove
Na gala tamén se fará entrega dos premios ao ‘Cooperativismo no ensino’ sendo o CEIP Someso o galardoado co mellor proxecto empresarial cooperativo polo seu traballo ‘Bioconspa’
Nesta edición, como novidade, terá lugar o día anterior, o venres 4 de xullo, un encontro técnico para afondar no modelo social das cooperativas
Santiago, 25 de xuño de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección xeral de Traballo e Economía Social, vén de resolver os premios aos mellores cooperativas galegas que se entregarán o próximo 5 de xullo na gala do ‘Día Internacional do Cooperativismo Galego’ que se celebrará no centro Ágora da Coruña.
Nesta edición, os galardóns ao mellor proxecto cooperativo recaerán nas sociedades cooperativas ‘O Canto da Balea’ de Carnota e ‘Cooperativa de cine e documental’ da Coruña. O premio á promoción do cooperativismo acadouno a entidade Santa María do Val S.Coop de Narón; e aos valores cooperativos é para a empresa Amegrove S.Coop do Grove. Na gala tamén se fará entrega dos premios ao ‘Cooperativismo no ensino’. O CEIP Someso da Coruña recibirá o galardón ao mellor proxecto empresarial cooperativo polo seu traballo ‘Bioconspa’.
Os actos de celebración deste día inclúen, desta forma, a entrega dos galardóns anuais ao cooperativismo cos que se premia o impulso e o fomento da cultura cooperativa dentro de Galicia e que recoñecen o labor destas empresas na economía rexional. Este ano, como novidade, terá lugar, ademais da gala anual de entrega de premios, un encontro técnico para afondar no modelo social das cooperativas. Esta xornada técnica terá lugar o venres 4 de xullo, tamén nas instalacións do Centro Ágora.
Polo tanto, as cooperativas galegas celebrarán o próximo 4 e 5 de xullo a súa efeméride na Coruña. Os actos de conmemoración do “Día do Cooperativismo” reunirán a centos de profesionais procedentes de toda Galicia que poñerán en valor o seu importante papel no desenvolvemento económico e social da comunidade. Así o amosan os datos, xa que en Galicia existen máis de 1.200 cooperativas que agrupan a 90.000 socios e crean un total de 18.650 postos de traballo directos, o que representa o 2% da poboación ocupada.
Baixo o lema elixido este ano “Cooperativismo: sostibilidade e innovación social” analizaranse as posibilidades de emprendemento e creación de emprego no eido do cooperativismo social. Farase especial fincapé nas oportunidades de actuación que ofrece a fórmula cooperativa para articular a prestación dos servizos sociais nas súas distintas modalidades: asociando ás persoas traballadoras e aos usuarios para autoxestionar os servizos que precisan, así como investigando e apostando por novos métodos de
A Orquestra Vigo 430 da a benvida ao verán con dúas citas musicais moi especiais
VENRES 27: Fronte á esmola do «Cheque social» dereitos. Acto de recollida de firmas da ILP pola Renda Básica
A ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social volvemos á praza do Rei, nesta ocasión cun ACTO de RECOLLIDA de SINATURAS da ILP pola RENDA BÁSICA. Será o VENRES 27 de xuño de 10:00 a 13:00 ás portas do CONCELLO de VIGO.
O lema deste acto de recollida de firmas é: FRONTE Á ESMOLA Á ESMOLA DO «CHEQUE SOCIAL» ESIXIMOS DEREITOS: RENDA BÁSICA! No escrito de valoración do «cheque social» titulado: «O cheque social ou como nos dan gato por lebre» declarabamos que para nós «este programa resulta totalmente insuficiente e inxusto, non só pola evidente e mesmo insultante escaseza da contía orzamentaria, senón tamén polo seu carácter eminentemente restritivo tanto no que ten que ver cos ingresos máximos das persoas potencialmente beneficiarias, como nos anos de empadroamento esixidos.»
Ás 11:30 leremos un manifesto co que volveremos a denunciar as políticas sociais municipais e volveremos a esixir a Renda Básica das Iguais!
La exposición ‘Anatomías distantes’, un diálogo entre Ochi Reyes y Javier Marquerie Thomas en La Fábrica
Del 4 de julio al 24 de agosto
La exposición Anatomías distantes, un diálogo entre Ochi Reyes y Javier Marquerie Thomas en La Fábrica
Dos propuestas artísticas diferenciadas que posan una mirada activa y anatómica sobre realidades distintas
Ambos trabajos confluyen en una necesidad común de acercarse al pasado desde la ausencia, la abstracción, la nostalgia y la distancia que deja el paso del tiempo
Ochi Reyes se aproxima y cataloga los objetos de su madre fallecida mientras que Javier Marquerie Thomas hace lo propio en su regreso genealógico a la finca familiar en la que pasó gran parte de su infancia
La muestra se inaugurará el próximo 4 de julio a las 20.00 horas y permanecerá abierta al público hasta el 24 de agosto
40DS&DE – EVENTOS Y ACTIVIDADES
EMILIO GONZALEZ a las 22:30 h, con una entrada de 5 EURO con consumición mínima
Enlaces de las webs relacionadas:
https://www.youtube.com/watch?v=ZbInilZQx9o