Concello de Vigo


Todos os responsables das forzas de seguridade coinciden ao cualificar Vigo como «cidade segura»

No primeiro trimestre de 2014, Vigo rexistrou un descenso dun 3,8% no número de delictos respecto ao mesmo periodo do ano anterior. Así se puxo de manifesto durante a Xunta Local de Seguridade, que se celebrou hoxe mércores no Concello, presidida polo tenente de alcalde e concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, e o subdelegado do Goberno, Antonio Coello.

 


O goberno local estudará co sector a creación dun órgano integrado de xestión turística

Tras a celebración dunha reunión do padroado da Vigo Convention Bureau, o concelleiro de Turismo e vicepresidente da entidade, Cayetano Rodríguez, anunciou este mércores unha «reflexión conxunta» para avanzar na creación dun órgano de xestión turística de carácter integral.

 


O pianista Marco Mezquida inaugura a 10ª edición de Imaxina Sons o xoves 26 de xuño

O pianista Marco Mezquida, ao contrabaixista Marko Lohikari e o batería Carlos Falanga, serán os encargados de inaugurar o 10º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons o xoves 26 de xuño ás 21h no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei). O festival desenvólvese até o 5 de xullo en diferentes espazos da cidade. As entradas xa se poden adquirir en servinova.com e na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: