OS PREMIOS AO MELLOR PROXECTO COOPERATIVO RECAERÁN NO ‘CANTO DA BALEA’ DE CARNOTA E NA ‘COOPERATIVA DE CINE E DOCUMENTAL’ DA CORUÑA

 A Consellería de Traballo e Benestar celebrará este ano a gala do Día Internacional do Cooperativismo Galego no centro Ágora da Coruña o próximo 5 de xullo
 O galardón á promoción do cooperativismo acadouno a entidade Santa María do Val S.Coop de Narón e o premio aos valores cooperativos a empresa Amegrove S.Coop do Grove
 Na gala tamén se fará entrega dos premios ao ‘Cooperativismo no ensino’ sendo o CEIP Someso o galardoado co mellor proxecto empresarial cooperativo polo seu traballo ‘Bioconspa’
 Nesta edición, como novidade, terá lugar o día anterior, o venres 4 de xullo, un encontro técnico para afondar no modelo social das cooperativas

Santiago, 25 de xuño de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección xeral de Traballo e Economía Social, vén de resolver os premios aos mellores cooperativas galegas que se entregarán o próximo 5 de xullo na gala do ‘Día Internacional do Cooperativismo Galego’ que se celebrará no centro Ágora da Coruña.

Nesta edición, os galardóns ao mellor proxecto cooperativo recaerán nas sociedades cooperativas ‘O Canto da Balea’ de Carnota e ‘Cooperativa de cine e documental’ da Coruña. O premio á promoción do cooperativismo acadouno a entidade Santa María do Val S.Coop de Narón; e aos valores cooperativos é para a empresa Amegrove S.Coop do Grove. Na gala tamén se fará entrega dos premios ao ‘Cooperativismo no ensino’. O CEIP Someso da Coruña recibirá o galardón ao mellor proxecto empresarial cooperativo polo seu traballo ‘Bioconspa’.

Os actos de celebración deste día inclúen, desta forma, a entrega dos galardóns anuais ao cooperativismo cos que se premia o impulso e o fomento da cultura cooperativa dentro de Galicia e que recoñecen o labor destas empresas na economía rexional. Este ano, como novidade, terá lugar, ademais da gala anual de entrega de premios, un encontro técnico para afondar no modelo social das cooperativas. Esta xornada técnica terá lugar o venres 4 de xullo, tamén nas instalacións do Centro Ágora.

Polo tanto, as cooperativas galegas celebrarán o próximo 4 e 5 de xullo a súa efeméride na Coruña. Os actos de conmemoración do “Día do Cooperativismo” reunirán a centos de profesionais procedentes de toda Galicia que poñerán en valor o seu importante papel no desenvolvemento económico e social da comunidade. Así o amosan os datos, xa que en Galicia existen máis de 1.200 cooperativas que agrupan a 90.000 socios e crean un total de 18.650 postos de traballo directos, o que representa o 2% da poboación ocupada.

Baixo o lema elixido este ano “Cooperativismo: sostibilidade e innovación social” analizaranse as posibilidades de emprendemento e creación de emprego no eido do cooperativismo social. Farase especial fincapé nas oportunidades de actuación que ofrece a fórmula cooperativa para articular a prestación dos servizos sociais nas súas distintas modalidades: asociando ás persoas traballadoras e aos usuarios para autoxestionar os servizos que precisan, así como investigando e apostando por novos métodos de

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: