Presentación de Eliela (María Costas, Jose Churruca…) este venres en Compostela
A grande artista María Costas, xunto co tamén importante guitarrista Jose Churruca, o contrabaixista Pablo Vidal e Noli Torres á percusión ofrecen, por primeira vez, un concerto en Compostela.
Eliela cuarteto, que así se chama a formación, actúa no Dado Dadá este venres día 27 ás 22:30 con entrada de balde.
Blues, rock, composicións propias e moito talento poderán escoitarse nesta posta en escena.