MARCO: programación de verán / NOVAS EXPOSICIÓNS

image027 image028 image029 image030 image033

O MARCO presenta unha ambiciosa programación para os meses de xullo e agosto, que inclúe unha exposición de produción propia e un proxecto de residencia de artistas, entre outras novidades.

A exposición ‘SCORE’, comisariada por Sarra Brill e Anna Cestelli Guidi (que se inaugurará o 11 de xullo na planta baixa) explora as conexións entre imaxe e son a través das obras de artistas como Douglas Gordon, Christian Marclay, e outros creadores que traballan coa imaxe en movemento. A partir de mediados de xullo, o proxecto ‘PERMANENT EXPEDITION’, realizado en colaboración coa cidade de Linz, Austria, traerá a Vigo a dez artistas que desenvolverán obras específicas na cidade e alrededores.

A programación complétase coa exposición ‘EIDOS DA IMAXE’, recentemente inaugurada nas salas do primeiro andar, os obradoiros infantís de verán, e as propostas do Festival Imaxina Sons, entre outras actividades.

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

AVANCE PROGRAMACIÓN

XULLO-AGOSTO 2014

 

EXPOSICIÓNS TEMPORAIS

 

Planta baixa

SCORE

O espazo entre imaxe e son

  • 11 xullo 2014 – 11 xaneiro 2015
  • Comisarias: Sarra Brill e Anna Cestelli Guidi
  • Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

 

Meris Angioletti (IT, 1977), Martin Arnold (AT, 1959), Eugenia Balcells & Eugeni Bonet (ES, 1943 / ES, 1954), Guy Ben Ner (IL, 1969), Manon de Boer (NL, 1966), Tony Conrad (US, 1940), Keren Cytter (IL, 1977), Anna Franceschini (IT, 1979), Douglas Gordon (UK, 1966), Ragnar Kjartansson (IS, 1976), Annika Larsson (SE, 1972), Christian Marclay (US, 1955), Dora Maurer (HU, 1937), Jacopo Miliani (IT, 1979), Lis Rhodes (BR, 1942), Manuel Saiz (ES, 1961), Diego Santomé (ES, 1966), ZimmerFrei (IT, 2000)

SCOREé un proxecto expositivo que xoga cos diferentes significados do termo score como medio para navegar a través dunha serie de obras de cinema e vídeo.

 

O punto de partida da mostra responde a un crecente interese polo son dentro da arte contemporánea. A relación entre arte e son non é recente, pero o incremento no número de publicacións e exposicións relacionadas co son nos últimos anos é proba dunha maior atención a este medio. SCORE pretende situar este debate no contexto do cinema e o vídeo, observando como os artistas abordan a relación entre son e imaxe en movemento.

 

A relación entre artes visuais e narración, que inspirara e caracterizara en boa medida os traballos de cinema e vídeo nos anos ’90, deu paso a un interese pola cuarta dimensión: o tempo. Este cambio pode axudar a explicar a difusión das prácticas sonoras actuais, dando ao concepto de score un papel central en moitas das obras que empregan imaxes en movemento. Os múltiples significados da palabra scorescore como corte ou rabuño e score como partitura musical— permiten xustapoñer prácticas artísticas dispares centradas na relación entre imaxe e son dentro do extenso ámbito do cinema. O xesto de cortar ou rabuñar está presente nunha morea de formas de cinema experimental —onde o celuloide é manipulado fisicamente— así como no esencial proceso de montaxe, mentres que a idea de score como partitura musical nos pon en relación coa nosa experiencia do cinema e a nosa comprensión da banda sonora: diálogo, son e música.

Fronte ao hábito de considerar a imaxe e o son como unha entidade orgánica, ou que a súa relación vén dada «de forma natural», as obras presentes nesta exposición poden ser observadas á luz do que Michel Chion denomina «contrato audiovisual», no que ambas as dúas percepcións —visual e acústica— están en constante negociación. Dende o cinema experimental ao tratamento conceptual do cinema, e a obras que poñen atención na gramática do son e a imaxe en movemento, SCORE presenta unha serie de instalacións, películas e vídeos que analizan estas cuestións.

 

A través das súas afinidades e diverxencias, as obras presentes na mostra resoan entre elas e constrúen unha xeometría inesperada de relacións que activan o espazo expositivo con proxeccións e son, e que sacan á luz o potencial da arquitectura do MARCO, un panóptico onde a vista e a escoita son fundamentais.

 

EXPOSICIÓNS / PROXECTOS

 

‘PERMANENT EXPEDITION’ / Expedición Permanente

Dez artistas parten nunha expedición cara a Vigo para desenvolver obras específicas.

Susanna Flock, Washer (Andreas Kurz), Enrique Tomás, Sun Obwegeser, Doris Prlic, Jakob Dietrich, ekw 14,90 (Marlies Stöger, Andre Tschinder, Christoph Rath), Leonhard Müllner

 

Datas: do 16 de xullo ao 31 de agosto

FASE 1 / Produción-taller

Do 16 ao 23 de xullo de 2014

FASE 2 / Exposición aberta ao público

Do 23 de xullo ao 31 de agosto de 2014

  • Lugar: salón de actos e outros espazos do vestíbulo
  • Produción: nomadenetappe / Kunst und Theorie
  • Programa ‘LinzEXPOrt’, Linz Kultur, City of Linz, Austria
  • Co apoio de: Bundeskanzleramt Österreich, Section Art (Austria) / Municipal Department of Arts and Culture,  Linz (Austria) / Regional Department of Arts and Culture, Upper Austria / Foro Cultural de Austria en España
  • Colaboran: Sinsalaudio / Escoitar.org

PERMANENT EXPEDITION’ é un proxecto de residencia artística, que se encadra dentro da convocatoria ‘LinzEXPOrt’ da cidade de Linz (Austria), e que está producido por nomadenetappe / Kunst und Theorie (centro de produción e exhibición de obras de novos artistas fundado en 2009 en Linz).

 

Neste proxecto participan dez artistas —que traballan no ámbito da arte sonora, radiofónica, instalación, vídeo, e arte conceptual— que crearán obras específicas durante un período de residencia na cidade de Vigo. O salón de actos do MARCO acollerá este proxecto, que se desenvolverá en dúas fases: un primeiro período no que os artistas participantes transformarán o espazo nun taller de produción, e unha segunda fase de exhibición ao público das obras e resultados do taller, en formato de exposición colectiva.

 

O título do proxecto alude ao seu carácter experimental, similar ao dunha misión de investigación científica. Tal como o nome suxire, ‘Permanent Expedition’ ten que ver coa idea de exploración continua, concibindo a vida diaria do taller e as excursións a lugares do ámbito como espazos de laboratorio e de experimentación.

EXPOSICIÓNS TEMPORAIS

 

Primeiro andar

EIDOS DA IMAXE

Grafías dos feitos e do pensamento

  • 6 xuño – 12 outubro 2014
  • Comisario: Alberto Ruiz de Samaniego
  • Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Proxecto Baliza, Facultade de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

DIDÁCTICA

 

OBRADOIROS DE VERÁN

Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas

 

  • Datas: do 8 de xullo ao 1 de agosto
  • Horario: de martes a venres, de 12.00 a 14.00
  • Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar)
  • Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

 

Durante o mes de xullo, o MARCO retoma os seus talleres de verán para público infantil e familiar, que nesta ocasión se centran na exposición ‘EIDOS DA IMAXE’. As obras de artistas e científicos presentes nesta mostra serven como punto de partida para descubrimentos e experiencias relacionados coa percepción e a construción de imaxes, de forma individual e en grupo. As visitas ás salas de exposición combínanse con divertidos xogos e actividades no ‘Laboratorio das Artes’, convertido máis que nunca en lugar de investigación e creación.

 

CONCERTOS E FESTIVAIS

 

IMAXINA SONS 2014

10º Festival de Jazz de Vigo

 

  • Datas Imaxina Sons: do 26 de xuño ao 5 de xullo
  • Datas no MARCO: do 30 de xuño ao 5 de xullo
  • Lugar: salón de actos
  • Organiza: Concellería de Cultura e Festas, Concello de Vigo

O MARCO colabora unha vez máis co Festival de Jazz Imaxina Sons, que este ano chega á súa décima edición, acolliendo nas súas instalación unha parte da programación. Imaxina Sons no MARCO inclúe tres concertos e o programa de concertos didácticos e obradoiros denominada ‘Academia de sons’, dirixido a públicos de todas as idades.

Programa no MARCO

CONCERTOS

Pierre Bastien

Luns 30 xuño, ás 20.30

Salón de actos

CONCERTOS E FESTIVAIS

 

ACADEMIA DE SONS

Unha proposta do 10º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons para aprender, experimentar e disfrutar.

 

SuperPlayBack

Luns 30 xuño, de 11.00 a 14.00

Salón de actos

Imparte: Sferobite

Encontro con Pierre Bastien

Martes 1 xullo, de 11.00 a 13.00

Salón de actos

Imparte: Pierre Bastien

 

Obradoiro de instrumentos insólitos con Xavi Lozano

Mércores 2 xullo, de 11.00 a 14.00

Salón de actos

Imparte: Xavi Lozano

 

Obradoiro ‘Ningún son é inocente’

Xoves 3 xullo, de 11.00 a 14.00

Salón de actos

Imparte: Pablo Rega (guitarra eléctrica) Javier Carmona (batería)

 

Concerto didáctico ‘Os Superhércules’

Venres 4 xullo, ás 13.00

Praza peonil posterior (rúa Londres-Progreso)

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: