A DIRECTORA DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA PRESENTA A GUÍA XEOLÓXICA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
Esta publicación está desenvolvida no marco do acordo entre o Instituto Geológico e Minero de España (IGME) e o organismo de Parques Nacionales
A información que proporciona esta guía organízase mediante unha serie de itinerarios xeolóxicos polos catro arquipélagos que integran o Parque Nacional
O formato resulta cómodo para transporte e manexo, cunha información visual, que inclúe diagramas, figuras, fotografías e mapas temáticos que fan que a interpretación da paisaxe sexa fácil e adaptada a todo tipo de usuarios
Verónica Tellado destacou “o coidadoso deseño e o rigor científico co que se elaborou esta publicación, pero sobre todo o empeño en ilustrar os procesos xeolóxicos responsables na formación das nosas Illas Atlánticas”
Vigo, 26 de xuño de 2014.- A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, presentou hoxe no Centro Cambón a Guía geológica del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia, desenvolvida no marco do acordo entre o Instituto Geológico e Minero de España (IGME) e o organismo de Parques Nacionales.
Segundo explicou a directora xeral, “esta iniciativa que dirixe e coordina o científico do IGME, Roberto Rodríguez Fernández, vén a saldar unha débeda histórica, xa que con frecuencia as accións de divulgación en espazos protexidos relegaron a un segundo plano os aspectos relativos á xeoloxía e á xeomorfoloxía, esquecendo o seu papel conformador da paisaxe actual e como soporte do medio biótico”.
Verónica Tellado destacou “o coidadoso deseño e o rigor científico co que se elaborou esta publicación, pero sobre todo o empeño dos seus autores en ilustrar, dunha forma amena e instructiva, os procesos xeolóxicos responsables na formación das nosas Illas Atlánticas, así como as súas unidades xeomorfolóxicas máis significativas”.
A información que proporciona esta guía organízase mediante unha serie de itinerarios xeolóxicos polos catro arquipélagos que integran o Parque Nacional. O formato da publicación resulta cómodo para transporte e manexo, cunha información visual, que inclúe diagramas, figuras, fotografías e mapas temáticos que fan que a interpretación da paisaxe sexa fácil e adaptada a todo tipo de usuarios.
A guía parte da idea de que os espazos protexidos constitúen un verdadeiro laboratorio xeolóxico onde é posible visualizar os procesos xeolóxicos actuais e, sobre todo, aqueles que marcaron a paisaxe actual, como rexistro da evolución da Terra. Esta concepción transmite o carácter didáctico e integrador da guía xeolóxica que hoxe se presenta.
Dende o ano 2002, o IGME e Parques Nacionales traballan conxuntamente na elaboración das Guías Xeolóxicas dos Parques Nacionais de España. Ata o momento publicáronse as guías dos parques do Teide, Picos de Europa, Timanfaya, Aigüestortes, Caldera del Taburiente, e de Ordesa e Monte Perdido, á que se suma esta nova guía.
BENESTAR INCREMENTARÁ AS AXUDAS DE EMERXENCIA DESTINADAS A CUBRIR NECESIDADES BÁSICAS E A COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN DE BANCOS DE ALIMENTOS
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe o reforzo destas dúas medidas no Parlamento galego co fin de garantir o sustento das familias con menores a cargo que estean en risco de exclusión
Destacou que este “compromiso irrenunciable” non rematará “nin se limitará só aos meses de xullo e agosto”
Esta decisión tomouse tras o diálogo coas entidades do terceiro sector, sociedades de pediatría e coas Anpas, que na meirande parte consideraron que a resposta máis axeitada é atender directamente aos nenos e as súas familias
Estas medidas complementan outras actuacións que xa se están levando a cabo en materia de inclusión
Santiago, 26 de xuño de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar incrementará as axudas de inclusión social destinadas a cubrir as necesidades básicas, así como tamén aumentará o financiamento destinado á Federación de Banco de Alimentos, co fin de garantir o sustento das familias con menores a cargo que están pasando maiores dificultades.
Así o anunciou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, no Parlamento galego, onde resaltou que “a mellor solución que se pode dar aos nenos que teñen problemas de alimentación pasa por axudar ás súas familias”.
Trátase, polo tanto, de reforzar ferramentas que xa están en marcha. Así, detallou que o aumento do orzamento destinado á Federación galega de Banco de Alimentos completarase cunha actuación coordinada cos concellos, co fin de que os alimentos cheguen directamente ás familias que os necesiten. Pola súa banda, tamén se dotará de crédito adicional ás axudas de inclusión. En ambos casos, priorizarase ás familias que teñan nenos ao seu cargo.
Este “compromiso irrenunciable” coas persoas que peor o están a pasar esténdese “a todo o ano”, xa que non se trata de “poñer un parche no verán que se limite só aos meses de xullo e agosto”, de aí que se aposte por unha “solución conxunta na que o máis importante é a protección do menor”, subliñou a conselleira. “O noso é un compromiso continuado no tempo, que non empeza nin remata neste verán”, insistiu
O obxectivo é garantir o sustento destas familias en situación de vulnerabilidade e, moi especialmente, dos menores. “E farémolo desde xa, dun xeito non puntual, e para isto utilizaremos os fondos que sexan necesarios ata garantir que ningún neno se atope desprotexido”, destacou.
A decisión de reforzar estas dúas medidas vén precedida por un importante traballo previo. De feito, o departamento leva traballando xa desde xaneiro na elaboración dun estudo de pobreza infantil, que estará previsiblemente rematado este mes. O obxectivo do mesmo é ter datos concretos que permitan á Administración “actuar de xeito ordenado”.
Ademais, tamén se mantiveron contactos –a maiores dos xa habituais- con diversas entidades para coñecer a súa opinión e tratar de poñer en marcha a mellor solución posible. En concreto, houbo diálogo con Cáritas, EAPN, Cruz Vermella, Sociedade de Pediatría, Colexio de Traballadores Sociais, Congapa e Confapa.
A opinión das distintas entidades “respalda” á que se mantén desde a Consellería, isto é, que a resposta “máis axeitada” é atender aos nenos e nenas nas súas familias.
Con todo, Mato recordou que estas medidas que se reforzan agora veñen a completar as que xa existen en materia de inclusión. En concreto, as partidas globais destinadas en 2014 a este colectivo ascende a 59,2 millóns de euros, o que supón un 13,6 por cento máis que en 2013. Dentro deste orzamento, o financiamento da RISGA tamén se incrementou, un ano máis, cunha partida de 39,7 millóns para 2014, que xa se ampliou este ano ata os 42,3 millóns; así como tamén aumentou a orde de entidades de iniciativa social, que conta con 3,7 millóns de euros, un 14 por cento máis que no 2013.
Afundación acolle en Vigo o último concerto de Berrogüetto
O teatro do Centro Cultural de Afundación en Vigo, rúa Policarpo Sanz, 13, subirá o pano pasadomañá, domingo 29, ás 21.00 h para acoller o derradeiro concerto da xira de despedida de Berrogüetto, Unha luz que non se apaga, cuxas entradas levan xa varias semanas esgotadas. Santiago de Compostela, Ourense, A Coruña e Lugo foron as outras cidades galegas elixidas pola banda para despedirse do seu público. En Vigo farao no mesmo espazo en que a agrupación se estreou: no auditorio do antigo Teatro García Barbón, hoxe centro cultural de Afundación.
A Deputación clausura o curso da Escola de Gaitas e Percusión de Vigo cun acto simbólico desenvolvido no Ifevi
Vigo, 26 de enero. A Escola de Gaitas e Percusión da Deputación clausurou esta tarde o curso na súa sección de Vigo, nun acto que se desenvolveu no auditorio do Ifevi.
No caso de Vigo, este curso houbo 209 inscritos, que aboaron unha matrícula simbólica de 25 euros e que disfrutaron de clases gratuitas todo o ano das especialidades de gaita, redundantes, zanfona, pandeireta e banda.
O obxectivo desta escola, tal e como salientou a deputada provincial Marta Iglesias, é contribuír a “manter viva a nosa cultura, a nosa tradición e os nosos costumes”, desde unha “perspectiva aberta, e tratando de que esta tradición vaia máis alá das nosas fronteiras”.
De feito, son moitos os músicos que se forman neste centro e que posteriormente continúan a súa carreira tanto nas bandas que ten a propia escola como, sobre todo, noutras agrupacións locais que levan a música tradicional galega a moitas partes de Galicia e de fóra de Galicia.
Nesta liña, o director da Escola fixo fincapé en que, moi ao contrario do que algunhas agrupacións crían cando botou a andar a Escola de Gaitas da Deputación, lonxe de restarlle músicos a outras bandas, a Escola está a nutrir a numerosas bandas e asociacións folclóricas de toda a provincia.
CONSTITUÍDA HOXE A AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS E O SEU CONSELLO REITOR
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe a constitución deste novo ente que unificará todos os recursos humanos e materiais da Xunta no eido social, que aglutinará a 300 centros e máis de 4.500 traballadores
A Axencia, que integrará o Consorcio de Igualdade e Benestar, evitará duplicidades e mellorará a eficiencia e a optimización dos servizos públicos de benestar, agrupándoos baixo os mesmos criterios de calidade e incrementando a súa especialización
A integración dos centros e recursos farase de forma progresiva e gradual co obxectivo de non afectar á xestión e usuarios destes servizos
A posta en funcionamento efectiva da Axencia terá lugar nun prazo máximo de 3 meses a partir de hoxe
Mato destacou que este proceso realizarase en colaboración directa cos concellos que seguirán a ter “un papel fundamental” na prestación dos servizos sociais
As administracións locais participarán na Axencia a través da sinatura de convenios de colaboración e cunha importante representación no Consello Reitor Leer más…
La Diputación completa subvenciones sociales en A Guarda por valor de 115.000 euros a las entidades Xerome Emiliani, Fibromiño, Érguete Baixo Miño y Fundación Samaritanas
Marta Iglesias: «La Diputación está realizando un esfuerzo máximo para ayudar a estos colectivos en los momentos de dificultad que vivimos «.
• La inversión social de la Diputación en el área sur de la provincia de Pontevedra supera los 3,5 millones de euros anuales, en colaboración con más de un centenar de colectivos.
A Guarda, 26 de enero. La diputada provincial Marta Iglesias, acompañada por la portavoz del PP guardés, Fany Iglesias, completó esta mañana la entrega de diversas subvenciones a cuatro colectivos sociales del municipio de A Guarda que han recibido diferentes colaboraciones directas de la Administración Provincial por un valor próximo a los 115.000 euros.
Marta Iglesias hizo entrega de una subvención a la asociación San Xerome Emiliani, dedicada a la atención de personas con discapacidad, para el desarrollo del proyecto «O futuro nace da terra». En total, este colectivo recibirá del organismo provincial 22.194 euros para la ejecución de distintas actividades en el municipio.
La segunda de las ayudas fue para la asociacion Fibromiño, que atiende a las personas afectadas por la fibromialgia. Esta entidad de tipo social ha obtenido de la Diputación ayudas por valor de 4.382 euros para el desarrollo de obradoiros y la adquisición de equipos informáticos.
En tercer lugar, la asociación Érguete, de prevención de las drogodependencias y educación y promoción de la salud en el Baixo Miño, acreditó esta mañana la recepción de otra colaboración económica de la Diputación para el desarrollo de un proyecto de incorporación sociolaboral. En conjunto, las subvenciones concedidas a esta organización desde el ente provincial ascienden a 36.117 euros.
En último término, Marta Iglesias y Fany Iglesias hicieron entrega a la fundación Samaritanas de otra ayuda para la ejecución del proyecto de acogida integral y desarrollo personal de la mujer. La totalidad de las aportaciones económicas desde la Diputación a este colectivo suman 52.426 euros.
La diputada viguesa destacó el hecho de que la Diputación «está realizando un esfuerzo máximo para ayudar a estos colectivos en los momentos de dificultad que vivimos». Y significó que la inversión social de la Administración Provincial en el área sur de Pontevedra supera los 3,5 millones de euros anuales, en colaboración con más de un centenar de entidades locales y comarcales.
A XUNTA CONFÍA EN RETOMAR CANTO ANTES A TRAMITACIÓN CONXUNTA QUE PERMITA O DESENVOLVEMENTO DA PLATAFORMA LOXÍSTICA E INDUSTRIAL SALVATERRA- AS NEVES
En caso contrario, a Consellería de Medio Ambiente desenvolverá a parte que lle corresponde como socio minoritario
A conselleira Ethel Vázquez recorda que na actualidade os tres socios están a tramitar un novo convenio que permita volver á situación de condominio
Santiago, 26 de xuño de 2014.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, manifestou esta mañá que a Xunta de Galicia confía en retomar de maneira conxunta – Autoridade Portuaria, Zona Franca e Xunta de Galicia- e canto antes a tramitación necesaria que permita o desenvolvemento da Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra- As Neves (Plisan). Ethel Vázquez afirmou, na súa primeira intervención no Pleno do Parlamento como conselleira, que o Goberno galego traballará para retomar o proceso construtivo de forma conxunta.
Para elo, tal e como xa se ten manifestado, recordou que na actualidade os tres socios da Plisan están a formular un novo convenio que permita volver á situación de condominio, para facilitar o desenvolvemento do proxecto sectorial aprobado en xaneiro de 2011.
Sinalou que, a pesar de que o Goberno galego é socio minoritario deste proxecto con pouco máis dun 18% de participación, non aceptará ningún contratempo inxustificado; polo que no caso de non contar coa participación dos socios restantes, cumprirá coas súas obrigas e tratará de continuar coa maior dilixencia posible o desenvolvemento da parte que lle corresponde na área loxística-empresarial que desde un principio lle fora asignada.
Nese sentido, reiterou que a Xunta de Galicia mantén a súa aposta polo desenvolvemento e a execución da Plisan e que nunca se abandonou a idea de rematar este proxecto transcendental para o futuro da área metropolitana de Vigo, do sur da provincia de Pontevedra e do conxunto de Galicia.
Vázquez Mourelle aclarou que a vontade do actual Goberno por levar a cabo este proxecto queda patente no acceso acceso viario case acabado, unicamente pendente duns remates.
A conselleira de Medio Ambiente manifestou que a Xunta traballa para facer realidade a Plataforma, tal e como se fixo co Porto Seco de Monforte, rematado a finais do pasado mes de febreiro, logo dunhas obras que foron xestionadas por tres gobernos diferentes.
Unha situación similar ao caso da Plisan, aínda que neste caso houbo moitos máis contratempos, derivados dunha complexa planificación, dunha acusada xudicialización do proxecto, con lexítimas reclamacións de millares de afectados no proceso expropiatorio e, en definitiva, dunha serie de vicisitudes xurídicas e administrativas que, en diferentes épocas e tamén con diferentes gobernos, impediron cumprir as sucesivas previsións que se foron facendo públicas.
“Todas estas circunstancias foron dadas a coñecer publicamente en diversas ocasións e mesmo a semana pasada neste Parlamento, se ofreceu información sobre os avatares que condicionaron a traxectoria deste proxecto”, afirmou.
El Festival PortAmérica Rías Baixas completa su programación gastronómica con Yayo Daporta, Betriz Sotelo y el panameño Mario Castrellón
El Festival PortAmérica Rías Baixas completa su programación gastronómica con Yayo Daporta, Betriz Sotelo y el panameño Mario Castrellón
El Co-cooking ShowRocking auspiciado por Hijos de Rivera acogerá bajo un mismo espacio a 12 grandes chefs a los que acompañarán promesas de la gastronomía
PortAmérica Rías Baixas vuelve a acoger durante sus tres jornadas, junto a Hijos de Rivera, la fusión perfecta entre ritmo y cocina: un Co-cooking Showrocking a cargo de 12 chefs internacionales con 8 Estrellas Michelin y amplia representación gallega que, comisionados por Pepe Solla harán disfrutar a los asistentes con pinchos únicos creados especialmente para el Festival.
Todo ello mano a mano con 24 estudiantes de escuelas de hostelería gallegas que vivirán una oportunidad única de aprender al lado de grandes figuras gracias al Programa Co-cooking de Hijos de Rivera.
Yayo Daporta (Restaurante Yayo Daporta), Beatriz Sotelo (A Estación) y el panameño Mario Castrellón (Humo/Maito, Panamá), se suman a Alberto González (Silabario Tui), Xosé Cannas (Camiño da Serpe), Javier Olleros (Culler de Pau), Héctor López (España), Lucía Freitas (A Tafona), Diego López (La Molinera), Iago Pazos (Abastos 2.0), el mexicano Roberto Ruiz (Punto MX) y el peruano Estanis Carenzo (Chifa) para ofrecer a los asistentes al Festival PortAmérica Rías Baixas toda una experiencia gastronómica de alta cocina.
Yayo Daporta
Uno de los cocineros más jóvenes en conseguir la Estrella Michelin y vinculado a PortAmérica desde su primera edición. Podremos verlo como jurado de la segunda temporada de Top Chef acompañando a Alberto Chicote y Susi Díaz.
Beatriz Sotelo
Estrella Michelin desde 2013, ya en 2008 se alzó con el galardón que la reconocía como ganadora del Concurso Cocinero del Año en España. La suya es una cocina avanzada aunque de inconfundible raíz gallega.
Mario Castrellón
Desde Panamá llega el chef y propietario de los restaurantes Humo y Maito, aclamado como uno de los mejores 10 de Latinoamérica por la Real Academia Española de Gastronomía. Nos brindará una cocina experimental, creativa, y siempre basada en ingredientes locales.
A los 12 chefs los acompañarán 24 estudiantes de escuelas de hostelería de Galicia (el doble que en 2013), que tendrán la oportunidad de potenciar su conocimiento compartiendo experiencias con 12 de los mejores cocineros del mundo. En esta ocasión, participarán estudiantes de cocina de la Escuela de Vilamarín de Ourense, la Escuela Carlos Oroza de Pontevedra, la Escuela de Hostelería de Compostela y la de Vigo.
Concello do Porriño
la web de PORRIGALIA registra 16.800 visitas en SU PRIMERA SEMANA
www.porrigalia.com ha recogido ya las primeras inscripciones, individual y en grupo y desde diferentes puntos de la geografía española, para participar de los I Juegos Olímpicos de Porriño que se celebrarán los días 12 y 13 de julio junto a un sinfín de actividades en las que se incluyen exhibiciones, desfiles, espectáculos circenses, representaciones teatrales y, para finalizar, la actuación de un tándem de artistas gallegos -un humorista rapero y un gaiteiro dj- y el concierto de un mítico grupo de rock español.
LOS HONORARIOS DEL LETRADO PARA LA DEFENSA DE NELSON SANTOS CUMPLEN CON LA LEGALIDAD
El abono de los honorarios del letrado fue satisfecho sin ningún reparo ni del secretario ni del propio interventor .
EL GRUPO DE TEATRO FONTEVELLA SE SUBE AL ESCENERIO PARA REPRESENTAR prohibido casar
Será este sábado, a las 21.30 horas, en el local de la Asociación Alba de Torneiros
Noticias Partido Popular
O PARLAMENTO GALEGO APROBA, A INSTANCIAS DO GRUPO POPULAR, SOLICITAR QUE SE MANTEÑA O PARTIDO XUDICIAL DE VIGO
O Grupo Popular transaccionou cos outros grupos parlamentarios manifestar a rotunda oposición a implantación de unicamente catro tribunais de instancia provinciais, así como a supresión dos actuais partidos xudiciais nas vilas cabeceira de comarca e nas cidades
- “Non se trata dunha emenda á totalidade á reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, porque entendemos e apoiamos que o Goberno leve a cabo unha mellora da xustiza en xeral e unha nova regulación de planta e demarcación xudicial”
- O deputado popular Javier Dorado indicou que “defendemos que todas as infraestruturas xudiciais sigan abertas e á disposición de tódolos cidadáns, garantindo o dereito á tutela xudicial efectiva en base a un modelo xudicial equilibrado e racional”.
- O PARLAMENTO GALEGO APROBOU HOXE A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE A XUNTA CREE UN ITINERARIO DE INTERESE CULTURAL NOS CONCELLOS LUCENSES DE SARRIA, SAMOS E O INCIO
O deputado Ángel Camino indicou que estaría vinculado á zonaarqueolóxica da Serra de Santa Mariña, ao xacemento castrexo de Formigueiros, ao Santuario de Santo Eufrasio e á Igrexa do Hospital
- A iniciativa parlamentaria demanda, ademais, que se estude se procede impulsar a declaración do castro de Formigueiros en Samos como ben de interese cultural, así como a difusión e posta en valor da serra de Santa Mariña
- Camino subliñou que “atopámonos ante un percorrido que aglutina unha serie de valores de grande importancia patrimonial, histórica e turística, pero tamén merecedor do recoñecemento e dunha aposta decidida pola protección dos tesouros que alberga”.
-
O PARLAMENTO GALEGO APROBOU HOXE A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE A XUNTA CREE UN ITINERARIO DE INTERESE CULTURAL NOS CONCELLOS LUCENSES DE SARRIA, SAMOS E O INCIO
- O deputado Ángel Camino indicou que estaría vinculado á zonaarqueolóxica da Serra de Santa Mariña, ao xacemento castrexo de Formigueiros, ao Santuario de Santo Eufrasio e á Igrexa do Hospital
- A iniciativa parlamentaria demanda, ademais, que se estude se procede impulsar a declaración do castro de Formigueiros en Samos como ben de interese cultural, así como a difusión e posta en valor da serra de Santa Mariña
- Camino subliñou que “atopámonos ante un percorrido que aglutina unha serie de valores de grande importancia patrimonial, histórica e turística, pero tamén merecedor do recoñecemento e dunha aposta decidida pola protección dos tesouros que alberga”.
-
El Grupo Popular insta al gobierno municipal a acometer un plan de limpieza de maleza en calles y espacios públicos ante la “avalancha de quejas”
-
En los seis primeros meses de este año se han presentado el ayuntamiento más de 250 denuncias y reclamaciones de vigueses que sufren la vegetación incontrolada en zonas públicas.
-
El concejal del Partido Popular, Antonio Bernárdez, asegura que “estos trabajos han de realizarse de forma periódica y no solo durante el verano”.
-
“No sirve actuar en unas zonas concretas de la ciudad, hay que hacerlo en todos los lugares donde se presentan estos problemas. No debe haber un Vigo de primera y otro de segunda”, evidencia Bernárdez.
-
El edil del PP subraya que “no es un problema solo del rural; cada vez hay más lugares del casco urbano en el que la proliferación de maleza impide el paso de peatones por aceras o por parques públicos”.
-
El Grupo Popular reclama consenso con el sector para la redacción definitiva de la nueva ordenanza municipal del taxi, que se encuentra en “situación crítica”
-
El concejal del PP, Marcos Araújo, afirma que “el sector pasa por un momento muy complicado ante la falta de apoyos y la carencia total de iniciativas para potenciar este transporte público”.
-
“La tramitación de la nueva normativa, que se inicia con siete meses de retraso, es una oportunidad para introducir mejoras en un colectivo del que viven más de 2.000 personas en Vigo”, asegura el edil del Partido Popular.
-
Aráujo propone que se realicen reuniones con todos los representantes del sector, grupos políticos y técnicos municipales, tras la aprobación inicial de la nueva ordenanza.
-
“Lo que se apruebe ahora estará en vigor durante años, de ahí la conveniencia de elaborar una normativa que relance el servicio y que lo haga viable”, expresa el concejal del Grupo Popular.
- O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE SE REFORCE A CONSIDERACIÓN DO VIÑO COMO ALIMENTO NATURAL E POSITIVO NO SEU CONSUMO RESPONSABLE
O deputado Moisés Blanco salientou, ademais, que se manteña a taxa cero sobre o viño en materia de imposición fiscal
- O Grupo Popular tamén se posicionou a favor de que no anteproxecto de Lei de prevención do consumo de alcohol non se equipare o viño e a cervexa co resto de bebidas alcohólicas.