A Deputación clausura o curso da Escola de Gaitas e Percusión de Vigo cun acto simbólico desenvolvido no Ifevi

Este ano o centro contou coa participación de un total de 209 alumnos de gaita, redobrante, pandeireta, zanfona e bandas

Vigo, 26 de enero. A Escola de Gaitas e Percusión da Deputación clausurou esta tarde o curso na súa sección de Vigo, nun acto que se desenvolveu no auditorio do Ifevi.

O director da Escola e presidente da Federación Galega de Gaitas, Hipólito Cabezas, salientou no acto que se trata dunha escola que, lonxe de perder alumnos, está a ver incrementado o seu número de participantes, acadando xa os máis de 700 matriculados nas cinco seccións que compoñen a escola (Salnés, Morrazo, Deza, Vigo e Pontevedra).

No caso de Vigo, este curso houbo 209 inscritos, que aboaron unha matrícula simbólica de 25 euros e que disfrutaron de clases gratuitas todo o ano das especialidades de gaita, redundantes, zanfona, pandeireta e banda.

O obxectivo desta escola, tal e como salientou a deputada provincial Marta Iglesias, é contribuír a “manter viva a nosa cultura, a nosa tradición e os nosos costumes”, desde unha “perspectiva aberta, e tratando de que esta tradición vaia máis alá das nosas fronteiras”.

De feito, son moitos os músicos que se forman neste centro e que posteriormente continúan a súa carreira tanto nas bandas que ten a propia escola como, sobre todo, noutras agrupacións locais que levan a música tradicional galega a moitas partes de Galicia e de fóra de Galicia.

Nesta liña, o director da Escola fixo fincapé en que, moi ao contrario do que algunhas agrupacións crían cando botou a andar a Escola de Gaitas da Deputación, lonxe de restarlle músicos a outras bandas, a Escola está a nutrir a numerosas bandas e asociacións folclóricas de toda a provincia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: