A DIRECTORA DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA PRESENTA A GUÍA XEOLÓXICA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

140626 Guía Xeolóxica

Esta publicación está desenvolvida no marco do acordo entre o Instituto Geológico e Minero de España (IGME) e o organismo de Parques Nacionales
 A información que proporciona esta guía organízase mediante unha serie de itinerarios xeolóxicos polos catro arquipélagos que integran o Parque Nacional
 O formato resulta cómodo para transporte e manexo, cunha información visual, que inclúe diagramas, figuras, fotografías e mapas temáticos que fan que a interpretación da paisaxe sexa fácil e adaptada a todo tipo de usuarios
 Verónica Tellado destacou “o coidadoso deseño e o rigor científico co que se elaborou esta publicación, pero sobre todo o empeño en ilustrar os procesos xeolóxicos responsables na formación das nosas Illas Atlánticas”

Vigo, 26 de xuño de 2014.- A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, presentou hoxe no Centro Cambón a Guía geológica del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia, desenvolvida no marco do acordo entre o Instituto Geológico e Minero de España (IGME) e o organismo de Parques Nacionales.

Segundo explicou a directora xeral, “esta iniciativa que dirixe e coordina o científico do IGME, Roberto Rodríguez Fernández, vén a saldar unha débeda histórica, xa que con frecuencia as accións de divulgación en espazos protexidos relegaron a un segundo plano os aspectos relativos á xeoloxía e á xeomorfoloxía, esquecendo o seu papel conformador da paisaxe actual e como soporte do medio biótico”.

Verónica Tellado destacou “o coidadoso deseño e o rigor científico co que se elaborou esta publicación, pero sobre todo o empeño dos seus autores en ilustrar, dunha forma amena e instructiva, os procesos xeolóxicos responsables na formación das nosas Illas Atlánticas, así como as súas unidades xeomorfolóxicas máis significativas”.

A información que proporciona esta guía organízase mediante unha serie de itinerarios xeolóxicos polos catro arquipélagos que integran o Parque Nacional. O formato da publicación resulta cómodo para transporte e manexo, cunha información visual, que inclúe diagramas, figuras, fotografías e mapas temáticos que fan que a interpretación da paisaxe sexa fácil e adaptada a todo tipo de usuarios.

A guía parte da idea de que os espazos protexidos constitúen un verdadeiro laboratorio xeolóxico onde é posible visualizar os procesos xeolóxicos actuais e, sobre todo, aqueles que marcaron a paisaxe actual, como rexistro da evolución da Terra. Esta concepción transmite o carácter didáctico e integrador da guía xeolóxica que hoxe se presenta.

Dende o ano 2002, o IGME e Parques Nacionales traballan conxuntamente na elaboración das Guías Xeolóxicas dos Parques Nacionais de España. Ata o momento publicáronse as guías dos parques do Teide, Picos de Europa, Timanfaya, Aigüestortes, Caldera del Taburiente, e de Ordesa e Monte Perdido, á que se suma esta nova guía.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: