Archivo | julio 1, 2014

Este venres día 4 Os Cempés inauguran o Festival de Verán do Concello de Ames

cartelveranames14
venres día 4 se celebrará a primeira das xornadas do Festival de Verán-Encontros Musicais do Concello de Ames.
Tres propostas artísticas completan o serán, que se desenvolverá a partir das oito do serán no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Son Ce Orquestra Pantasma, A Requinta da Amaía e o mítico grupo ferrolán Os Cempés.
A entrada será de balde.

A XUNTA INVISTE EN PAZOS DE BORBÉN CASE 40.000 EUROS A TRAVÉS DO PLAN MARCO PARA MELLORAR O CAMIÑO DO GALLEIRO, EN NESPEREIRA

_MG_8915

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá as obras que se están a executar coa subvención outorgada pola Consellería de Medio Rural e do Mar.
 A través dos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Pazos de Borbén recibiu nos últimos anos preto de 166.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio.
 A Xunta destina 600.000 euros para levar a cabo ao redor de 30 actuacións en camiños e estradas rurais dos 14 concellos da área territorial.

Vigo, 30 de xuño de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo alcalde da localidade, Andrés Iglesias, e polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, Miguel Pérez Dubois, visitou esta mañá o camiño do Galleiro, na zona de Nespereira, en Pazos de Borbén, para comprobar as obras de mellora que se están a executar ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal da Consellería de Medio Rural e do Mar.

Coma explicou Bravo Bosch, o departamento que dirixe a conselleira Rosa Quintana resolveu a concesión da axuda solicitada polo Concello de Pazos de Borbén ao abeiro do Plan Marco para executar a mellora da plataforma e asfaltado do camiño do Galleiro, en Nespeira.

O investimento da obra chega case aos 40.000 euros (39.553,09 euros), sendo a cantidade subvencionable pola Administración autonómica de 32.688,50 mentres que o goberno local faise cargo do resto, que corresponde ao pago do IVE.

A obra xa está rematada e, concretamente, reforzouse o firme nunha lonxitude de 700 metros por 4 de ancho con aglomerado en quente tipo D-12 de 6 centímetros de espesor cun varrido previo incluíndo tamén a limpeza de cunetas.

En definitiva, a través de distintos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Pazos de Borbén recibiu nos últimos anos preto de 166.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio.

Preto de 600.000 euros para a área de Vigo
A través deste programa, a Xunta de Galicia destina preto de 600.000 euros (598.509,06) para levar a cabo ao redor de 30 actuacións en camiños e estradas rurais dos 14 concellos que forman parte da área territorial de Vigo.

O Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014 ven a ser unha continuidade do anteriormente coñecido Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) e lévase a cabo mediante axudas convocadas pola Axencia de Desenvolvemento Rural de Galicia (Agader) dirixidas ás entidades públicas locais. Deste xeito, as actuacións que se enmarcan neste programa teñen coma finalidade que a totalidade dos concellos de Galicia se beneficien da mellora das súas infraestruturas básicas incidindo na mellora da calidade de vida da súa poboación rural. O obxectivo é realizar actuacións de ampliación, mellora ou mantemento de camiños de titularidade municipal na procura de mellorar os accesos e a comunicación, permitindo incrementar a calidade de vida das zonas rurais e contribuíndo á fixación da poboación no rural e á diversificación económica.

Nos últimos anos, o investimento dedicado ás infraestruturas no eido rural para o ámbito da delegación territorial de Vigo achegouse aos 3 millóns de euros e as actuacións nos 14 concellos centráronse en mellorar as infraestruturas viarias, no acceso a explotacións, reposición de capa de rodaxe, adecuación de camiños e mellora de abastecementos de auga e saneamentos

Manifestación indulto nota e imaxes 1 de 2

SONY DSC

Mobilizacións en toda Galiza polo indulto de Ana, Tamara, Carlos e Serafín
Por volta das oito da tarde celebrábanse en toda Galiza mobilizacións simultáneas, quer manifestacións, quer concentracións, baixo o lema ‘Defender os dereitos da clase traballadora non é delito’, en rexeitamento á ofensiva represiva do PP e en demanda do indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, que participou na manifestación celebrada en Vigo, denunciou as “condenas abusivas” que lles foron impostas. Penas que considerou que “no se corresponden cos feitos acontecidos” e que entende que responden a unhas “directrices claras” do PP e do goberno ao que este sustenta, “dirixidas á fiscalía e aos xuíces que lle son afíns ideoloxicamente”, co obxectivo de que endurezan as condenas contra traballadores/as por participar nos piquetes informativos.
Con esta mesma vaga represiva vinculou a política do goberno de sancionar con multas importantes a traballadores/as por participar en piquetes informativos. “Unha política represiva coa que pretenden amedrentar á xente para que non participe nas convocatoria de folga e polo tanto non teña unha actitude activa fronte os recortes de dereitos laborais e sociais”.
Con todo, Seixo manifestou a súa esperanza de que o goberno sexa sensíbel ás peticións de indulto destes traballadores/as, que considerou que “estarían bastante máis xustificados que outros que se están a conceder a persoas que cometeron delitos que son realmente graves, ben económicos ou ben por vulneración de dereitos fundamentais”.
Lembrou ademais que o propio Parlamento galego xa se ten pronunciado de forma unánime a prol do indulto e confiou en que esa petición sexa escoitada polo goberno de Mariano Rajoy.
En todo caso, o secretario xeral da CIG denunciou que estas son as políticas que lle son propias á dereita e advertiu que con este recorte de dereitos e coa precarización das condicións laborais e de vida estase provocando tamén un “gravísimo debilitamento na capacidade reivindicativa, pola vía de reprimir a quen se opoña a estas políticas”.
Para Seixo tanto as reformas laborais como a política represiva obedecen ao mesmo modelo económico e de sociedade que está a promover a dereita e o PP nos últimos anos, no camiño de favorecer os intereses do capital financeiro e incrementar os seus beneficios a custo de reducir salarios e calidade de vida das persoas.
Fronte a isto, o secretario xeral da CIG apostou por seguir coa mobilización social e intentar mudar a correlación de forzas para que esta sexa máis favorábel aos intereses da clase traballadora. Neste sentido chamou a manter a mobilización na rúa e nos centros de traballo, mais tamén a intentar mudar a correlación de forzas para botar fóra á dereita e reforzar, no caso de Galiza, ao nacionalismo de esquerdas.

AO REMATE DA MANIFESTACIÓN CENTRAL DE VIGO DEUSE LECTURA AO SEGUINTE COMUNICADO CONXUNTO

RAJOY, GALLARDÓN: INDULTO XA PARA CARLOS, SERAFÍN, ANA E TAMARA!

Non á represión sindical, polas liberdades democráticas.

Carlos, Serafín, Ana e Tamara continúan a agardar polo indulto que evite o seu ingreso en prisión por mor dunha sentenza inxusta.
Os casos de Ana, Tamara, Serafín e Carlos non son illados: no noso país xa houbo máis, pero tamén no resto do Estado, a día de hoxe hai preto de 350 casos similares. Repítense sempre as mesmas pautas, así como as condenas que solicitan as Fiscalías: penas desproporcionadas, inxustas e abusivas que pretenden amedrentarnos e debilitar a nosa capacidade de resposta como clase. Unha vez máis, vemos como os tribunais, ditando estas sentenzas inxustas, colaboran na máis brutal represión contra a clase traballadora, convertendo nun delito a defensa dos seus dereitos, a loita por condicións de vida e de traballo dignas. Estes compañeiros/as foron obxecto de condenas desmesuradas, polo feito de exerceren os seus dereitos fundamentais, como son o de folga, o de manifestación ou o de libre expresión.
A actuación xudicial, e singularmente o papel da fiscalía, deixan claro que o que se pretendía eran sentenzas exemplarizantes para sufocar a resposta social fronte o saqueo que padecemos en forma de brutal retallamento de dereitos e servizos públicos. O medo é a mensaxe que o Estado a través do poder xudicial quere enviarnos cando castiga con tres anos de cadea o feito de participar nun piquete informativo durante unha folga legal. A súa represión quere pararnos, mais non o lograrán. Non hai sentenza, nin reforma do código penal, nin criminalización das organizacións sindicais, nin limitación do dereito democrático a folga que logre frear a forza da clase traballadora na súa loita pola plena xustiza social.
Carlos, Serafín, Ana e Tamara seguen á espera de que o Goberno español en mans do Partido Popular resolva as súas solicitudes de indulto, apoiadas por un clamor social unánime. En troca, o Ministerio de Xustiza de Ruíz Gallardón amósase áxil e veloz para indultar a banqueiros e empresarios corruptos, a policías condenados por torturar, a un condutor kamikaze ou a un Garda Civil que gravou entre risas unha agresión sexual a unha muller. Esa é a súa Xustiza. Xustiza de clase, para a súa clase. Mentres Carlos, Serafín, Ana e Tamara, canda as súas familias e amigos, vense obrigadas a atravesar o doloroso calvario de ficaren ás portas de perder a liberdade por defender a clase traballadora, o Partido Popular afanouse estes días en asegurar a toda velocidade o aforamento para o Borbón saínte.
Á súa concepción clasista e sesgada da Xustiza, esa xustiza do funil de boca pequena para o pobo e con todo tipo de folguras e impunidades para os poderosos/as, engádese tamén a súa xordeira prepotente. Logo de meses de mobilizacións, de milleiros e milleiros de mostras de apoio a estes catro compañeiros/as, que exemplifican hoxe a toda a clase traballadora que padece nas súas carnes as diferentes formas de represión coa que a golpean; e das declaracións institucionais unánimes do Parlamento galego e de numerosos concellos. A pesar de que ninguén, absolutamente ninguén, pode defender que se poida acabar en prisión por reivindicar un convenio colectivo digno. Malia todo iso, o Partido Popular segue sen dar resposta.
É por iso que hoxe queremos esixir desde aquí ao Goberno español de Mariano Rajoy e ao seu ministro de Xustiza, coa forza da razón e do pobo, a concesión inmediata do indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara. Indulto xa! porque esta incerteza constitúe un castigo engadido que non merecen. Reclamamos ao Partido Popular que sexa consecuente co que votou nos plenos municipais e no Parlamento de Galiza, e faga efectivo o obxectivo desas declaracións institucionais. Pedimos tamén á Xunta que deixe de ollar a outro lado, que non continúe dando as costas a estes compañeiros e compañeiras, e desenvolva todas as accións que sexan necesarias para urxir ao Goberno de Madrid. Non facelo, continuar a alongar esta agonía cruel contra catro traballadores e traballadoras, suporía deixar en evidencia que o seu apoio foi froito do oportunismo e unha mostra intolerábel de cinismo.
A fin do calvario inxusto que padecen Carlos, Serafín, Ana e Tamara, pode e debe ter unha solución. Só depende de ter ou non vontade política. Porque é unha decisión política, un acordo do Consello de Ministros, a que pode poñer fin dunha vez por todas a esta situación que nunca se debera ter producido. Porque é unha decisión do PP a que lles pode asegurar unha liberdade que, por xustiza, non poden perder.
Defender os nosos dereitos como clase traballadora non é delito!

Aitor Lara, Premio PHotoEspaña OjodePez de Valores Humanos 2014 por la serie ‘Pobreza infantil en España

image005

Aitor Lara, Premio PHotoEspaña OjodePez de Valores Humanos 2014 por la serie Pobreza infantil en España

El proyecto del fotógrafo español ha sido realizado en diferentes barrios populares y centros sociales infantiles de Sevilla y Madrid 

El jurado que otorga el premio ha destacado la adecuación, consistencia y el enfoque nada estereotipado de la serie ganadora

El premio está dotado con 2.000 euros, la posibilidad de participar en una exposición y la publicación del trabajo en el número de otoño de OjodePez

El jurado del premio ha estado formado por Erik Vroons, de GUP Magazine; Mauro Bedoni, de Colors; Diego Orlando, de Burn Magazine, Carine Dolek, de Fetart and Circulations y Arianna Rinaldo, directora de la revistaOjodePez

Más información www.phe.es

 

PHotoEspaña y la revista de fotografía documental OjodePez hacen público el ganador del VII Premio PHotoEspaña OjodePez de Valores Humanos, con el que reconocen un trabajo de fotografía documental que destaque los valores de solidaridad, ética, justicia o esfuerzo.

El ganador de la séptima edición del premio es el fotógrafo español Aitor Lara por su serie Pobreza infantil en España. El proyecto ha sido realizado en diferentes barrios populares y centros sociales infantiles de Sevilla y Madrid para ilustrar el borrador sobre pobreza infantil en España presentado por Save the Children en 2014.

El trabajo está premiado con 2.000 euros, será objeto de una exposición itinerante en los centros FNAC de España y Portugal entre septiembre de 2014 y junio de 2015, y formará parte del número que OjodePez dedica cada otoño al certamen y que se publicará en septiembre.

El jurado profesional encargado de conceder el Premio PHotoEspaña OjodePez de Valores Humanos 2014 ha considerado en el fallo del galardón que «el trabajo es consistente y relacionado con la temática del premio y la calidad se destaca por su visión personal y estilo, y el profundo respeto por el tema. La serie se refiere a la situación contemporánea en España y refleja el momento crítico del país de una manera no estereotipada examinado los efectos colaterales y no simplemente lo que los titulares de prensa indican».

Este jurado ha estado compuesto por Erik Vroons, de GUP Magazine; Mauro Bedoni, de Colors; Diego Orlando, de Burn Magazine, Carine Dolek, de Fetart andCirculations y Arianna Rinaldo, directora de la revista OjodePez.

El ganador, Aitor Lara, explica que «las historias reflejadas en las fotografías seleccionadas responden a un problema que afecta hoy a 2.826.549 de niños y niñas en España, el de la pobreza y la exclusión social. Los niños de España son ciudadanos del presente y actores clave del futuro de este país, la sociedad debe tomar conciencia a todos los niveles de la gravedad del asunto. La crisis económica ha expuesto a muchas familias a una disminución de sus ingresos, lo que ha disparado los indicadores de pobreza y de exclusión social. Es una situación severa que se presenta en la vida cotidiana de los niños, convirtiéndose en un obstáculo para el disfrute y el ejercicio de los derechos esenciales (vivienda, alimentación, educación, sanidad, etc) reconocidos en la Convención sobre los Derechos del Niño».