Dende a CIG denuncian a cada vez maior pracariedade e temporalidade da contratación

A estacionalidade do emprego e a emigración rebaixan o paro até as 252.310 persoas en Galiza

Vigo, a 2 de xullo de 2014
O número de desempregados/as rexistrado en xuño descendeu en Galiza un 4,23%, situándose nas 252.310 persoas -11.134 menos que no mes anterior- debido principalmente á estacionalidade do emprego e á emigración. Dende a CIG denuncian a cada vez maior pracariedade e temporalidade do emprego, con tan só un 7,3% de altas feitas baixo algunha das modalidades de contratación indefinida.
A pesar desta evolución positiva -o descenso foi en todos os sectores por enriba do 4%- hai que salientar a evolución da contratación, que embaza os datos de paro rexistrado porque pese a rexistrarse un 19% máis de contratos que en maio, tan só un 7,3% foron feitos baixo algunha das modalidades de contratación indefinida. No mes anterior fora do 7,9%.
O incremento da afiliación á Seguridade Social en a penas 6400 persoas -dato moi inferior á baixada do desemprego- indica que os parados/as galegos/as optan ben por non anotarse xa ás oficinas públicas ante a falta de perspectivas ben por buscar unha saída laboral lonxe do país.
Ao mesmo tempo, a elevada temporalidade do emprego que se crea está motivada pola falta de coemnfianza na recuperación económica, xa que a pesar da implantación da chamada tarifa plana -un verdadeiro agasallo para a contratación indefinida- este tipo de contratación segue a descender en termos relativos. Isto demostra que a maioría das novas contratacións débense á estacionalidade, principalmente a substitución de vacacións e actividades ligadas ao período estival.
Con todo, o realmente preocupante é a evolución da contratación. Miguel Malvido, secretario confederal de Emprego denuncia que malia estar plenamente en vigor e chamada ‘tarifa plana’ e de se incrementar a contratación –un 19% máis que no mes de abril- tan só un 7,3% dos mesmos foron feitos baixo algunha das modalidades de contratación indefinida. No mes anterior fora do 7,9%.
“Isto demostra que a falta de emprego non é debida ao seu custo, senón á falla de demanda; os datos confirman que aínda que sexa regalado facer contratos indefinidos prefiren optar por calquera das modalidades temporais en vigor”, explica Malvido.
Para o secretario confederal de Emprego estes datos danlle a razón á CIG. “Nós xa advertimos de que as medidas que se estaban a introducir coas sucesivas reformas laborais non só non ían favorecer a creación de emprego senón que ademais provocarían o que xa está pasando: que o pouco emprego que se crea é precario”.
Xunto a isto a CIG denuncia que estes contratos temporais levan aparelladas unhas condicións laborais e salariais peores, o que á súa vez provoca que haxa menor consumo e, polo tanto, que a economía siga estancada.
Menor taxa de cobertura
Outro dato preocupante é que a pesar do descenso do desemprego e do incremento da contratación continúa a rexistrarse un elevado número de parados/as de longa duración, xa que a taxa de cobertura descendeu neste mes ao 51,5% (o mes anterior fora do 52,3%).
Ante isto Malvido denuncia, máis unha vez, que con esta evidente falta de alternativas laborais e diante da ausencia de políticas económicas e sociais que permitan albiscar mudanzas reais na situación, a mocidade segue a emigrar facendo perigar o futuro deste país. Por iso reitera a necesidade de abrir un grande debate sobre o emprego arredor das medidas propostas pola CIG e recollidas na ILP que foi rexeitada polo PP no Parlamento galego.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: