O PARO BAIXA EN XUÑO EN 11.134 PERSOAS EN GALICIA, O MAIOR DESCENSO INTERMENSUAL DA SERIE HISTÓRICA DESDE 1996 EN TERMOS ABSOLUTOS

 A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, valorou a evolución dos datos do paro, que ademais rexistra a oitava baixada interanual consecutiva
 Galicia é a terceira comunidade autónoma na que máis baixou en desemprego en termos mensuais e relativos
 Ademais, o comportamento nesta comunidade autónoma está por riba da media estatal tanto a nivel mensual como interanual

Santiago, 2 de xullo de 2014.- Galicia pechou o mes de xuño con 11.134 parados menos que no mes de maio, o que en termos porcentuais se traduce nunha baixada do 4,23 por cento. Trátase do maior descenso da serie histórica nun mes de xuño en termos absolutos, isto é, desde o ano 1996.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, valorou estas cifras e recordou que a comunidade presenta tamén unha diminución do paro a nivel interanual: 21.124 desempregados menos, un 7,73 por cento.

Así, este mes rexistrouse a oitava baixada interanual consecutiva, e a maior de todas elas, desde que comezara esta tendencia a finais do ano 2013. Grazas a esta evolución, “actualmente hai en Galicia uns 17.000 parados menos dos que había no mesmo mes de 2012, o que supón volver a niveis de desemprego de hai dous anos”.

En España, o paro baixou en 122.684 persoas, un 2,68 por cento, ata situarse nos 4.449.701. En termos interanuais, o desemprego en España descendeu nun 6,59%. Deste xeito, Galicia sitúase por riba da media estatal, tanto a nivel mensual como en interanual

Se se ten en conta a situación por comunidades autónomas a nivel mensual, Galicia ocupa o terceiro lugar entre as que máis baixan en termos relativos, e a cuarta se se computan as cifras absolutas.

Díaz López resaltou que a análise por sectores reflicte que, de novo, a maior diminución produciuse no sector servizos (-6.884); seguida pola construción (-1.740); a industria (-1.590); o colectivo sen emprego anterior (-699); e a agricultura e a pesca (-221).

Por provincias, o paro baixou en todas elas. O maior descenso corresponde á de Coruña (-4.498); seguida por Pontevedra (-3.976); Lugo (-1.465) e Ourense (-1.195).

En canto aos contratos, en Galicia rexistráronse no mes de xuño un total de 74.217 contratos, 11.513 contratos máis que no mes anterior. Deste total, 5.401 foron indefinidos (7,28%) e 68.816 temporais (92,72%).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: