XUVENTUDE ORGANIZA UN PROGRAMA DE RADIO EN 13 EMISORAS MUNICIPAIS PARA A DIFUSIÓN DE INFORMACIÓN XUVENIL

 As emisoras municipais son as de Boiro, Melide, Ames, Negreira, Arzúa, Cerceda, A Estrada, Redondela, Valga, Arousa, Tui, Foz e Burela
 A través dunha charla cun membros do equipo de dinamización da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o programa repasará a información máis interesante para a mocidade
 Galicia conta cunha ampla Rede Galega de Información Xuvenil, que está formada por un centro coordinador en Santiago, 12 espazos xoves comarcais, 4 servizos territoriais, 2 oficinas locais, 247 oficinas municipais e 63 puntos de información xuvenil de asociacións

Santiago, 2 de xullo de 2014.- Un total de 13 emisoras de radio municipais e a central de contidos Radio Fusión comezaron a emitir o programa ‘Xuventude nas Ondas’, que ten como obxectivo a difusión da información xuvenil. As emisoras municipais son as de Boiro, Melide, Ames, Negreira, Arzúa, Cerceda, A Estrada, Redondela, Valga, Arousa, Tui, Foz e Burela.

Como normal xeral, o programa ten unha periodicidade semanal e unha duración dunha hora, e días e horarios establecidos pola propia emisora. A través dunha charla con membros do equipo de dinamización da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o programa repasará a información máis interesante para a mocidade, non só a xerada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, senón do resto de departamentos da Xunta de Galicia e doutras institucións.

Con esta iniciativa, preténdese incidir por unha canle máis na difusión da información xuvenil, como fórmula para garantir a igualdade de oportunidades para os nosos mozos e mozas, así como mellorar o acceso aos recursos públicos e facilitar a súa participación nas sociedades democráticas.

As oficinas de información xuvenil destes municipios tamén colaboran no programa ‘Xuventude nas Ondas’. Galicia conta cunha ampla Rede Galega de Información Xuvenil, que está formada por un centro coordinador en Santiago, 12 espazos xoves comarcais, 4 servizos territoriais, 2 oficinas locais, 247 oficinas municipais e 63 puntos de información xuvenil de asociacións.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: