Archivo | julio 8, 2014

Concello de V igo


O alcalde salienta o “éxito” de cubrir as prazas ofertadas en actividades para o verán

Abel Caballero visitou hoxe luns un dos campamentos urbanos organizados polo Concello, desta volta en Bouzas, dentro da programación municipal de accións infantís e xuvenís durante o verán. O Concello oferta 19.500 prazas en case 200 actividades, todas cubertas a falta de pechar 170 vacantes para un campamento en agosto nas Travesas.

 


Caballero anima á cidadanía a participar no segundo Encontro Internacional de Danza Urbana

Xunto aos organizadores, o alcalde presentou este luns a segunda edición de VIKUL, o Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, que se celebrará no Verbum entre os días 18 e 20 de xullo. Clases maxistrais de artistas nacionais e internacionais compartirán cartel con actuacións na rúa, obradoiros de danza e graffiti para os máis pequenos e un gran flashmob de peche.

 


O Concello sufraga na súa totalidade a actividade da Asociación de Mulleres Dorna

O alcalde e a presidenta da entidade rubricaron este luns un convenio de colaboración polo que o goberno de Vigo financia as accións de Dorna en Coia, apoiando o mantemento do “Punto Informa” que teñen no barrio e o concurso escolar que organizan para previr a violencia á muller.

EL SHOW DE CARLOS BLANCO Y XOSÉ MANUEL BUDIÑO, LA ACTUACIÓN DE DANI MORENO Y LA EXHIBICIÓN ECUESTRE EN EL VELÓDROMO CENTRAN EL ESPECTÁCULO DE LOS I JUEGOS OLÍMPICOS DE PORRIÑO

Porriño_presentación_Porrigalia (1)

El sábado al mediodía se encenderá la llama olímpica tras la lectura del pregón y el desfile de los cinco equipos participantes. Habrá pasacalles de agrupaciones musicales (gaiteiros, batucada, charangas, tamborileros, trompetistas…) continuamente, que se acompañarán de otros espectáculos de animación como zancudos, malabares con fuego, magia, paseos en camello y juegos populares

El velódromo acogerá, el sábado a partir de las 19.00 horas, lucha de gladiadores, yincana y carreras de caballos y de carros, celebrándose las otras diez modalidades el domingo. Además de exhibiciones ecuestres también habrá otras de cetrerías y representaciones teatrales

La Asociación de Hosteleros de Porriño montará dos carpas y ofrecerá en sus establecimientos tapas y pócimas mágicas que formarán parte de un concurso. Las calles del centro de la villa acogerán además un mercado con puestos de comida y artesanía

ABANCA lanza ‘Multicrédito 48 horas’, o primeiro produto da nova etapa

A entidade ofrece créditos ao consumo rápidos de ata 50.000 euros

   O banco compensará ao cliente se incumpre o compromiso de 48 horas

07.07.2014.ABANCA acaba de lanzar ‘Multicrédito 48 horas’, un produto de financiamento áxil e innovador que marca o inicio da nova etapa na entidade galega. É un crédito de ata 50.000 euros dirixido a atender as necesidades de consumo dos particulares, que se abona, no caso de ser aprobado, nun prazo máximo de 48 horas.

‘Multicrédito 48 horas’ concédese a través dun préstamo persoal bonificable ou dunha Tarxeta revolving Visa Clip (tarxeta de crédito que permite o pago aprazado mediante unha cota fixa), en función do importe e preferencia do cliente.

Hoxe martes comezan os OBRADOIROS DE VERÁN no MARCO – Vigo

MARCO / DIDÁCTICA

 

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN

‘ARTE/con/CIENCIA’

Actividade paralela da exposición ‘CAMPOS DA IMAXE’

Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas

  • Datas: do 8 de xullo ao 1 de agosto de 2014
  • Horario: martes, mércores, xoves e venres, de 12.00 a 14.00
  • Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar), salas de exposición, e outros lugares da contorna
  • Entrada LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo

 

Durante o mes de xullo, el MARCO retoma os seus talleres de verán para público infantil e familiar, que nesta ocasión se centran na exposición ‘EIDOS DA IMAXE EN. Grafías dos feitos e do pensamento’. Inaugurada a principios de xuño nas salas do primeiro andar, este proxecto expositivo mostra como artistas e investigadores comparten a necesidade de obter resolucións gráficas e figurativas dos acontecementos ou dos feitos físicos do mundo.

http://www.marcovigo.com/content/eidos-da-imaxe-graf-dos-feitos-e-do-pensamento

No programa de obradoiros infantís preparado polo departamento educativo do MARCO, as obras de artistas e científicos presentes na exposición son o punto de partida para descubrimentos e experiencias relacionados coa percepción e a construción de imaxes, de xeito individual e en grupo. As visitas ás salas de exposición e á contorna do Museo combínanse con divertidos xogos e actividades no ‘Laboratorio das Artes’, convertido máis que nunca en lugar de investigación e creación.

 

image002 image003

Dentro do programa xeral dos obradoiros, as actividades organízanse según varios eixos temáticos que á súa vez se entrecruzan e relacionan entre si. Así, de acordo co calendario previsto, os martes céntranse en xogos e mecanismos de percepción visual, utilizando instrumentos ópticos e trucos da visión. Os mércores é o día das ‘expedicións científicas’, nas que os participantes se convirten en exploradores de lugares próximos, rexistrando os seus achádegos e descobrimentos. Baixo o título ‘é o que parece?’, os xoves dedícanse a outras experiencias relacionadas co corpo humano e coa percepción a través dos sentidos, e os venres ensaiamos actividades relacionadas coa observación da natureza (animais, prantas, minerais…) e dos seres vivos.

 

Unha das exposicións “máis fascinantes” do verán chega o venres ao Pazo do Faramello

Faramello-asia-cartel
dunha das exposicións “máis fascinantes” que se van celebrar este verán en Galicia, a denominada ‘Asia Magna’ e que conta con valiosas pezas chegadas de todo o país.
Ademais, poderase realizar unha visita guiada ao propio Pazo e a xornada rematará co concerto de Haruko Watanabe e Rodrigo Rodríguez. As entradas xa están á venda.COA EXPOSICIÓN ‘ASIA MAGNA’

A beleza da arte asiática chega este venres ao Pazo do Faramello

Unha das exposicións “máis fascinantes” que se van celebrar este verán en Galicia inaugúrase este venres no Pazo do Faramello. Con pezas chegadas de todo o país, ‘Asia Magna’ é unha grande mostra de arte asiática que poderemos ver ata o mes de setembro. Ademais, poderase realizar unha visita guiada ao propio Pazo e a xornada rematará co concerto de Haruko Watanabe e Rodrigo Rodríguez. As entradas xa están á venda.

Este venres día 11 terá lugar a inauguración da exposición ‘Asia Magna’ no Pazo do Faramello (Rois). A mostra, que se nutre de “varias das mellores coleccións privadas” de antigüidades asiáticas chegadas de todo o país, estará composta de pezas “únicas”, tal e como indica o director e propietario do Pazo, Gonzalo Rivero de Aguilar.

Entre estas pezas, que poderemos admirar ata o mes de setembro, atópanse os ‘kakemonos’ ou despregables xaponeses dos séculos XVII ao XIX, así como ancestrais mármores indias e nepalís, marfís “de talla sublime” do periodo Meiji e do imperial chinés, así como belísimas pezas da máis fina cerámica xaponesa (Satsuma), entre outras, destaca o director das instalacións.

Ademais, teremos a oportunidade de vermos algunhas obras marcadas “baixo o xugo da ocupación norteamericana” (Made in occupied Japan, 1945), outras, delicadas, chegadas de de Iznik, actual Turquía e a antiga Nicea grega, así como “sensuais bronces indios ou transparentes vidros koreanos”, por nomear só algunhas delas, resaltan desde o Pazo. En resumo, teremos ao noso alcance “todo o refinamento de Asía a través dos seus obxectos máis belos, un luxo para os sentidos nunha contorna única”, conclúe Gonzalo Rivero de Aguilar.

Música e máis actividades

Se ben, a xornada terá aínda máis actividades, xa que ás seis do serán poderase realizar unha visita guiada ao Pazo do Faramello e ás oito celebrarase un concerto a cargo de Haruko Watanabe e Rodrigo Rodríguez. As entradas xa están á venda a un prezo de 12 euros en http://www.culturaimperdible.com ou poden reservarse tamén no teléfono 690 195 217. O billete dá dereito tamén a un viño de cortesía.

Esta actividade está organizada e patrocinada polo Pazo do Faramello e Cultura Imperdible. Asimemo, conta coa colaboración de Casa Asia, Casa Galicia Japón e Yes Tokyo. Desde a organiación do envento anuncian que “será a primeira dunha serie de propostas que se desenvolverán nos seguintes meses centradas tamén na cultura asiática” e das que se darán a coñecer os detalles proximamente.

Case 2000 persoas contemplaron en Vigo a evolución da tradición pictórica galega a través do xénero do bodegón

Case 2000 persoas gozaron en Vigo da exposición «O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporánea galega», un proxecto conformado con fondos das coleccións de arte de ABANCA e de AFUNDACIÓN e que foi coordinado por Carlos L. Bernárdez. A exposición permitía apreciar as mudanzas do xénero da natureza morta na arte galega e poñía en evidencia a relevancia deste xénero como fonte de experiencia formal, xa que os artistas escollían os obxectos polas súas calidades estilísticas, buscando dar resposta aos interrogantes da pintura, cinguidos, en definitiva, a cuestións de percepción e consciencia.

Rastro Portovello Xullo – Vigo

Portovello Xullo    comunicamos que o vindeiro sábado haberá unha nova edición do Rastro Portovello. O plazo de inscripción finaliza o mércores 9 de xullo e contaremos con un estupendo día de sol.

SAVE THE DATE! SCORE, MARCO VIGO

image001Meris Angioletti
Martin Arnold
Eugènia Balcells
& Eugeni Bonet
Guy Ben Ner
Manon de Boer
Tony Conrad
Keren Cytter
Anna Franceschini
Douglas Gordon
O presidente da Fundación , D. Abel Caballero Álvarez, alcalde de
Vigo, en nome do Padroado do Museo de Arte Contemporánea de Vigo,
Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Ministerio de Cultura, comprácese
en convidar a vostede á inauguración da exposición Score, que terá lugar
o venres 11 de xullo de 2014, ás 20.00
Rúa Príncipe, 54. 36202 Vigo. España
T. +34 986 113900 F. +34 986 113901
Ragnar Kjartansson
Annika Larsson
Christian Marclay
Dóra Maurer
Jacopo Miliani
Lis Rhodes
Manuel Saiz
Diego Santomé
ZimmerFrei
info@marcovigo.com
http://www.marcovigo.com
11/07/14 – 11/01/15
Planta baixa
Comisarias: Sarra Brill e Anna Cestelli Guidi
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Score
O espazo entre imaxe e son
Un proxecto expositivo que xoga cos diferentes significados do termo score
como medio para navegar a través dunha serie de obras de cinema e vídeo.
A mostra pretende dirixir a fascinación polo son e a arte sonora cara ao
contexto do cinema e do vídeo. Tomar o termo score como marco físico,
conceptual e estrutural, axúdanos a observar os fins aparentemente dispares
da produción artística no cinema e no vídeo, e o xeito en que estas obras
abordan a relación entre imaxe e son.
Adegas Galegas convida aos asistentes a degustar
a colleita 2011 de D. Pedro de Soutomaior

40DS&DE – EVENTOS Y ACTIVIDADES

10julio_monologo_eNRIQUEgRANDE martes8juLioTRONKA
Martes 8 de Julio tendrá lugar el CONCIERTO del grupo de Vigo TRONKA JAZZ QUARTET,
 a las 22:30 h, con ENTRADA LIBRE. Aforo limitado
————————
Jueves 10 de Julio tendrá lugar el MONÓLOGO de ENRIQUE EL GRANDE
 a las 22:30 h, con una entrada de 5€ con consumicion mínima incluida.
————————
Viernes 11 de Julio tendrá lugar el CONCIERTO del grupo de Vigo CRÓNICAS POP
a las 22:30 h, con ENTRADA LIBRE. Aforo limitado
+info:
La pequeña historia del grupo musical “Crónicas Pop” comenzó a fraguarse en mayo del pasado año cuando tres veteranos de la música, Willy Prada, bajista (ex componente de los grupos: Los Ronkos, Las monas del Ritmo, Los Mastines & otros), Quique Villagrasa, guitarra (ex de los grupos Acuerdo Imposible & Subterráneo) y Roi Facal (ex del grupo Negra sombra), se juntaron durante el 2013 para ensayar, ayudados en ocasiones, por otros colegas o amigos, y siendo necesario, incluso el apoyo de sonido midi para salir adelante.

Por fin con el comienzo del año se sumaron al grupo dos jóvenes talentos, la voz de Lucía Alonso y la Batería de Philip Yepes (que también colabora con Sabina & Cía, y otros grupos de la ciudad), dando forma al grupo actual que ha tenido su debut al público el pasado 8 de Junio, en un pase privado ante unas 100 personas, que se entregaron a la música de este quinteto de Vigo.

El nombre del grupo viene dado por lo que su repertorio supone que viene a ser una crónica del pop rock en castellano desde los años 80 hasta la actualidad, con versiones de Nacha Pop o Radio Futura, hasta de Fito & Fitipaldis o Lori Meyers, y pasando por Extremoduro o los Enemigos, entre otros, teniendo como principal característica que casi todos los temas que han incluido en sus conciertos son cantados con voz de mujer, pero cuyas canciones originales provienen de intérpretes masculinos, lo que hace que los temas sean más personales, a pesar de ser versiones de otros compositores.