Concello de V igo


O alcalde salienta o «éxito» de cubrir as prazas ofertadas en actividades para o verán

Abel Caballero visitou hoxe luns un dos campamentos urbanos organizados polo Concello, desta volta en Bouzas, dentro da programación municipal de accións infantís e xuvenís durante o verán. O Concello oferta 19.500 prazas en case 200 actividades, todas cubertas a falta de pechar 170 vacantes para un campamento en agosto nas Travesas.

 


Caballero anima á cidadanía a participar no segundo Encontro Internacional de Danza Urbana

Xunto aos organizadores, o alcalde presentou este luns a segunda edición de VIKUL, o Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, que se celebrará no Verbum entre os días 18 e 20 de xullo. Clases maxistrais de artistas nacionais e internacionais compartirán cartel con actuacións na rúa, obradoiros de danza e graffiti para os máis pequenos e un gran flashmob de peche.

 


O Concello sufraga na súa totalidade a actividade da Asociación de Mulleres Dorna

O alcalde e a presidenta da entidade rubricaron este luns un convenio de colaboración polo que o goberno de Vigo financia as accións de Dorna en Coia, apoiando o mantemento do «Punto Informa» que teñen no barrio e o concurso escolar que organizan para previr a violencia á muller.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: