Hoxe martes comezan os OBRADOIROS DE VERÁN no MARCO – Vigo

MARCO / DIDÁCTICA

 

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN

‘ARTE/con/CIENCIA’

Actividade paralela da exposición ‘CAMPOS DA IMAXE’

Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas

  • Datas: do 8 de xullo ao 1 de agosto de 2014
  • Horario: martes, mércores, xoves e venres, de 12.00 a 14.00
  • Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar), salas de exposición, e outros lugares da contorna
  • Entrada LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo

 

Durante o mes de xullo, el MARCO retoma os seus talleres de verán para público infantil e familiar, que nesta ocasión se centran na exposición ‘EIDOS DA IMAXE EN. Grafías dos feitos e do pensamento’. Inaugurada a principios de xuño nas salas do primeiro andar, este proxecto expositivo mostra como artistas e investigadores comparten a necesidade de obter resolucións gráficas e figurativas dos acontecementos ou dos feitos físicos do mundo.

http://www.marcovigo.com/content/eidos-da-imaxe-graf-dos-feitos-e-do-pensamento

No programa de obradoiros infantís preparado polo departamento educativo do MARCO, as obras de artistas e científicos presentes na exposición son o punto de partida para descubrimentos e experiencias relacionados coa percepción e a construción de imaxes, de xeito individual e en grupo. As visitas ás salas de exposición e á contorna do Museo combínanse con divertidos xogos e actividades no ‘Laboratorio das Artes’, convertido máis que nunca en lugar de investigación e creación.

 

image002 image003

Dentro do programa xeral dos obradoiros, as actividades organízanse según varios eixos temáticos que á súa vez se entrecruzan e relacionan entre si. Así, de acordo co calendario previsto, os martes céntranse en xogos e mecanismos de percepción visual, utilizando instrumentos ópticos e trucos da visión. Os mércores é o día das ‘expedicións científicas’, nas que os participantes se convirten en exploradores de lugares próximos, rexistrando os seus achádegos e descobrimentos. Baixo o título ‘é o que parece?’, os xoves dedícanse a outras experiencias relacionadas co corpo humano e coa percepción a través dos sentidos, e os venres ensaiamos actividades relacionadas coa observación da natureza (animais, prantas, minerais…) e dos seres vivos.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: