Unha das exposicións «máis fascinantes» do verán chega o venres ao Pazo do Faramello

Faramello-asia-cartel
dunha das exposicións “máis fascinantes” que se van celebrar este verán en Galicia, a denominada ‘Asia Magna’ e que conta con valiosas pezas chegadas de todo o país.
Ademais, poderase realizar unha visita guiada ao propio Pazo e a xornada rematará co concerto de Haruko Watanabe e Rodrigo Rodríguez. As entradas xa están á venda.COA EXPOSICIÓN ‘ASIA MAGNA’

A beleza da arte asiática chega este venres ao Pazo do Faramello

Unha das exposicións “máis fascinantes” que se van celebrar este verán en Galicia inaugúrase este venres no Pazo do Faramello. Con pezas chegadas de todo o país, ‘Asia Magna’ é unha grande mostra de arte asiática que poderemos ver ata o mes de setembro. Ademais, poderase realizar unha visita guiada ao propio Pazo e a xornada rematará co concerto de Haruko Watanabe e Rodrigo Rodríguez. As entradas xa están á venda.

Este venres día 11 terá lugar a inauguración da exposición ‘Asia Magna’ no Pazo do Faramello (Rois). A mostra, que se nutre de “varias das mellores coleccións privadas” de antigüidades asiáticas chegadas de todo o país, estará composta de pezas “únicas”, tal e como indica o director e propietario do Pazo, Gonzalo Rivero de Aguilar.

Entre estas pezas, que poderemos admirar ata o mes de setembro, atópanse os ‘kakemonos’ ou despregables xaponeses dos séculos XVII ao XIX, así como ancestrais mármores indias e nepalís, marfís “de talla sublime” do periodo Meiji e do imperial chinés, así como belísimas pezas da máis fina cerámica xaponesa (Satsuma), entre outras, destaca o director das instalacións.

Ademais, teremos a oportunidade de vermos algunhas obras marcadas “baixo o xugo da ocupación norteamericana” (Made in occupied Japan, 1945), outras, delicadas, chegadas de de Iznik, actual Turquía e a antiga Nicea grega, así como “sensuais bronces indios ou transparentes vidros koreanos”, por nomear só algunhas delas, resaltan desde o Pazo. En resumo, teremos ao noso alcance “todo o refinamento de Asía a través dos seus obxectos máis belos, un luxo para os sentidos nunha contorna única”, conclúe Gonzalo Rivero de Aguilar.

Música e máis actividades

Se ben, a xornada terá aínda máis actividades, xa que ás seis do serán poderase realizar unha visita guiada ao Pazo do Faramello e ás oito celebrarase un concerto a cargo de Haruko Watanabe e Rodrigo Rodríguez. As entradas xa están á venda a un prezo de 12 euros en http://www.culturaimperdible.com ou poden reservarse tamén no teléfono 690 195 217. O billete dá dereito tamén a un viño de cortesía.

Esta actividade está organizada e patrocinada polo Pazo do Faramello e Cultura Imperdible. Asimemo, conta coa colaboración de Casa Asia, Casa Galicia Japón e Yes Tokyo. Desde a organiación do envento anuncian que “será a primeira dunha serie de propostas que se desenvolverán nos seguintes meses centradas tamén na cultura asiática” e das que se darán a coñecer os detalles proximamente.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: