Archivo | julio 9, 2014

La Diputación homenajea la labor de las asociaciones viguesas dedicadas a la atención de personas con discapacidades y se compromete a “mantener y aumentar” las ayudas económicas para sus actividades

Marta Iglesias entregó a los representantes de de 33 colectivos de la ciudad diferentes subvenciones por un valor conjunto que supera los 152.000 euros.

IMG_9531_resized
• La Diputación destina 3,5 millones a políticas sociales en el sur de la provincia, de los cuales 1,6 millones son ayudas directas a colectivos de apoyo a personas con necesidades, y más de 700.000 sirven para las asociaciones volcadas en las emergencias sociales.
• Las asociaciones agradecen el “esfuerzo económico” de la Diputación y piden que no se reduzcan las ayudas a los programas activos.

BENESTAR FINANCIA CON 25.000 EUROS UN PROGRAMA DE APOIO ÁS FAMILIAS MONOPARENTAIS DE CÁRITAS SANTIAGO PARA 2014

140708 traballo 01x A iniciativa ofrece formación, orientación e apoio ás familias monoparentais que, carentes de medios e recursos axeitados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia
 No ano 2013 o departamento autonómico apoiou o labor de Cáritas con máis de 880.000 euros a través de distintas liñas
 En total, na lexislatura pasada achegáronse preto de 3,5 millóns de euros aos diferentes programas de Cáritas, que beneficiaron ás cinco dioceses

Santiago, 8 de xullo de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar financiará con 25.000 euros un programa posto en marcha por Cáritas Santiago e que se seguirá a desenvolver ao longo deste ano co obxectivo de ofrecer formación, orientación e apoio ás familias monoparentais que, carentes de medios e recursos axeitados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o director de Cáritas Santiago, José Anuncio Mouriño, asinaron hoxe este convenio de colaboración polo que o departamento autonómico contribuirá a sufragar os gastos deste programa que terá lugar no centro de Cáritas de Santiago ao longo deste ano.

No ano 2013 o departamento autonómico apoiou o labor de Cáritas con máis de 880.000 euros a través de distintas liñas que inclúen, ademais deste convenio, o concerto de prazas para menores, mantemento de actividades, fomento da inclusión, cursos de formación, plans de cooperación ou programas de xuventude e voluntariado.

En total, na lexislatura pasada achegáronse preto de 3,5 millóns de euros aos diferentes programas de Cáritas, que beneficiaron ás cinco dioceses que compoñen Cáritas Galicia (Santiago, Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo).

XUVENTUDE PON EN MARCHA DOUS CONCURSOS DE MÚSICA E VIDEOCREACIÓN EN FACEBOOK PARA PROMOVER A CAMPAÑA LIBRE

 Esta iniciativa ten por finalidade fomentar a condución segura e responsable entre a mocidade galega así como as boas prácticas ao volante
 A inscrición realizarase mediante unha mensaxe privada na páxina de Facebook https://www.facebook.com/xuventude.net ata o 20 de xullo
 A Dirección Xeral de Xuventude acadou no que vai de ano 1.118.000 visitas no seu portal web, e consegue chegar de xeito directo cada día a 16.000 persoas a través de Facebook, Twitter e Tuenti

Santiago, 8 de xullo de 2014.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar vén de poñer en marcha dous concursos a través de Facebook, un de música e outro de videocreación, para promover a difusión pública da campaña Libre a través das redes sociais. Esta iniciativa ten por finalidade fomentar a condución segura e responsable entre a mocidade galega así como as boas prácticas ao volante.

Cada autor ou autores poden participar cunha única obra orixinal, inédita e en galego. A técnica será libre e as obras deben incluír obrigatoriamente o lema ‘Libre de alcol, libre de preocupacións’. Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo. O contido das obras deberán axustarse á finalidade da campaña Libre e valorarase especialmente a orixinalidade e a capacidade de captar o interese do público en xeral, e dos usuarios das redes sociais en particular.

Na especialidade de videocreación, poderán participar todas aquelas persoas, non profesionais, de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia. As obras presentaranse en formato de vídeo compatible principalmente coa difusión a través de medios electrónicos e redes sociais, e cunha duración máxima de 3 minutos.

No caso do concurso de música, poderán presentarse solistas e grupos de pop, folk, rock, hip hop e demais variedades de música contemporánea. Os participantes non poderán ter ningún contrato con compañía discográfica no momento de finalización do prazo de presentación. As obras entregaranse en formato de son compatible principalmente coa difusión a través de medios electrónicos e redes sociais, e dunha duración máxima de 4 minutos. O tema será de creación propia e nunca antes editado comercialmente.

A inscrición nos dous concursos realizarase mediante unha mensaxe privada na páxina de Facebook da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: https://www.facebook.com/xuventude.net. O prazo para a presentación dos traballos estará aberto ata o 20 de xullo.

O concurso dividirase en dúas fases: unha primeira de votacións a través de Facebook, aberta ata o 27 de xullo, de onde sairán as obras finalistas. E unha segunda, na que as dez obras finalistas serán avaliadas por un xurado, quen decidirá o traballo gañador en cada especialidade.

Deste xeito, as obras que cumpran as bases do concurso publicaranse na páxina de Facebook: https://www.facebook.com/xuventude.net, sendo accesibles para calquera persoa que acceda á páxina. A medida que se publiquen comezaranse a contar os “Me gusta” que obteña cada obra. Unha vez rematado o prazo de votacións, seleccionaranse como finalistas as 10 obras de cada disciplina que teñan máis “Me gusta”.

O autor ou autores das obras gañadoras serán membros do xurado de música e videocreación, respectivamente, do certame ‘Xuventude Crea 2014’. No caso de non reunirse os correspondentes xurados das especialidades de música e videocreación do certame, por ser declaradas desertas, o premio para cada un destes concursos será de 150 euros. Toda a información sobre esta iniciativa está dispoñible no portal http://xuventude.xunta.es.

As ferramentas básicas empregadas por Xuventude para atender as consultas e demandas dos mozos e para difundir as súas mensaxes e campañas son a súa páxina web e as redes sociais, cunha influencia cada vez máis notoria entre a xuventude galega.

Neste sentido, a Dirección Xeral de Xuventude acadou no que vai de ano 1.118.000 visitas no seu portal web, e consegue chegar de xeito directo cada día a 16.000 persoas a través de Facebook, Twitter e Tuenti.

AFUNDACIÓN acolle a conferencia do Premio Nobel de Economía, Finn Kydland

A Fundación Galicia Obra Social (AFUNDACIÓN) ofrecerá, en colaboración coa Zona Franca de Vigo, a conferencia «O papel das políticas públicas nas crises económicas» a cargo do premio Nobel de Economía Finn Kydland. A actividade desenvolverase no Centro Social de Afundación, localizado na rúa Policarpo Sanz, 26, en Vigo, mañá mércores día 9 ás 19.00 h. Kydland será presentado polo Profesor Timothy Kehoe, catedrático da Universidade de Minnesota e doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

Cartel_PremioNobelEconomia_9 de xullo_Vigo_page1_image1.Mércores 9 de xullo ás 19.00 h
Centro Social Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 26, VIGO
Prégase confirmación de asistencia
no 986 120 077 ou en http://www.obrasocialncg.com
Aforo limitado

BRAVO BOSCH COMPROBA O ESTADO DAS OBRAS DO PLAN MARCO QUE PERMITIRON MELLORAR 4 CAMIÑOS EN BAIONA POR MÁIS DE 41.000 EUROS

 Acompañada polo alcalde da localidade, Jesús Vázquez Almuíña, a delegada territorial da Xunta en Vigo visitou esta mañá as obras que se executaron coa subvención outorgada pola Consellería de Medio Rural e do Mar.
 A través dos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Baiona recibiu nos últimos anos preto de 152.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio.
 A Xunta destina 600.000 euros para levar a cabo ao redor de 30 actuacións en camiños e estradas rurais dos 14 concellos da área territorial.

Baiona, 08 de xullo de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo alcalde da localidade, Jesús Vázquez Almuíña, e polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, Miguel Pérez Dubois, visitou esta mañá os camiños As Cachadas, Granxa, Xuncal e Morade, no Concello de Baiona, para comprobar as obras de mellora que se executaron ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal da Consellería de Medio Rural e do Mar.

Coma explicou Bravo Bosch, o departamento que dirixe a conselleira Rosa Quintana resolveu a concesión da axuda solicitada polo Concello de Baiona ao abeiro do Plan Marco para executar a mellora da pavimentación de catro camiños das zonas rurais do municipio de Baiona.

O investimento da obra supera os 41.000 euros (41.215,63 euros), sendo a cantidade subvencionable pola Administración autonómica de 34.062,50 mentres que o goberno local faise cargo do resto, que corresponde ao pago do IVE.

As obras xa están rematadas e, concretamente, no camiño As Cachadas mellorouse a capa de rodadura con aglomerado en quente de 782 m2 previa capa de 25 cm de base granular de zahorra artificial. Tamén se executou o recrecido de 5 pozos de rexistro. Mentres, no camiño A Granxa, mellorouse a capa de rodadura con aglomerado en quente de 648m2 e levouse a cabo o recrecido de 4 pozos de rexistro. No camiño Xuncal, reformouse a capa de rodadura de 645 m2 con firme de formigón e o recrecido e 2 pozos de rexistro mentres que, por último, no camiño de Morade, mellorouse a capa de rodadura con aglomerado en quente de 294 m2 e 845 m2 de firme de formigón. Tamén se realizou o recrecido de 4 pozos de rexistro.

En definitiva, a través de distintos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Baiona recibiu nos últimos anos preto de 152.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio.

Preto de 600.000 euros para a área de Vigo
A través deste programa, a Xunta de Galicia destina preto de 600.000 euros (598.509,06) para levar a cabo ao redor de 30 actuacións en camiños e estradas rurais dos 14 concellos que forman parte da área territorial de Vigo.

O Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014 ven a ser unha continuidade do anteriormente coñecido Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) e lévase a cabo mediante axudas convocadas pola Axencia de Desenvolvemento Rural de Galicia (Agader) dirixidas ás entidades públicas locais. Deste xeito, as actuacións que se enmarcan neste programa teñen coma finalidade que a totalidade dos concellos de Galicia se beneficien da mellora das súas infraestruturas básicas incidindo na mellora da calidade de vida da súa poboación rural. O obxectivo é realizar actuacións de ampliación, mellora ou mantemento de camiños de titularidade municipal na procura de mellorar os accesos e a comunicación, permitindo incrementar a calidade de vida das zonas rurais e contribuíndo á fixación da poboación no rural e á diversificación económica.

Nos últimos anos, o investimento dedicado ás infraestruturas no eido rural para o ámbito da delegación territorial de Vigo achegouse aos 3 millóns de euros e as actuacións nos 14 concellos centráronse en mellorar as infraestruturas viarias, no acceso a explotacións, reposición de capa de rodaxe, adecuación de camiños e mellora de abastecementos de auga e saneamentos.

 

O PRESIDENTE DO CONSELLO GALEGO DA COMPETENCIA EXPÓN EN XENEBRA AS ACCIÓNS DESENVOLVIDAS EN GALICIA NO SECTOR DA VENDA DE CARBURANTES

 Francisco Hernández participou hoxe nun grupo de traballo da Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (UNCTAD)
 Este organismo é dependente da ONU e ten un grupo permanente sobre competencia, no que participan expertos de todo o mundo

Santiago, 8 de xullo de 2014.- O presidente do Consello Galego da Competencia (CGC), Francisco Hernández, expuxo hoxe na cidade suíza de Xenebra as accións desenvolvidas para mellorar a competencia no sector da distribución retallista de combustible, no marco dunha reunión da Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (UNCTAD), un organismo dependente da ONU.

En concreto, Francisco Hernández participou nunha reunión do grupo intergubernamental de expertos en dereito e política de competencia, no que están presentes expertos e representantes de órganos de competencia de todo o mundo.

Na súa intervención, o presidente do CGC explicou que o organismo galego de competencia presentou recentemente un informe sobre o mercado dos carburantes de automoción en Galicia, no que se analiza a situación do sector e se propoñen unha serie de medidas para elevar a competencia.

Neste sentido, a Xunta de Galicia puxo en marcha actuacións concretas que seguen as recomendacións efectuadas polo Consello Galego da Competencia. Estas actuacións buscan aumentar a competencia e reducir os prezos de venda, posto que –tal como reflicte o informe- Galicia é a comunidade peninsular co prezo medio máis alto do litro de gasóleo.

Un dos temas de debate na reunión foi precisamente o dos beneficios da política de competencia para os consumidores. Francisco Hernández puxo como exemplo disto as accións destinadas a elevar a competencia no sector das estacións de servizo e a reducir a súa concentración, xa que isto debe redundar en beneficio de todos os consumidores galegos.

Goberno de Alberto Nüñez Feijóo; Fallamos como goberno e ante a sociedade

Unha vez máis a miseria, o paro, a corrupción e as súas raíces coma se dunha metástasis da Gúrtel se tratáse Galicia foi colocada nos primeiros lugares, as enquisas electorais colocan a Galicia como unha autonomía fráxil, debido á histórica e acumulada incapacidade do grupo de goberno liderado por Feijóo para responder á demanda cidadán-política, económica e social.

 

Estamos no posto 99 dunhas 450 autonomías europeas analizadas, e somos a segunda de Europa en canto a exclusión social, mozas en paro, emigrados, nenos sen comedores públicos.

 

O concepto inclúe aos políticos nos gobernos que perderon o control efectivo do seu mandato, evidenciado por altos índices de rexeitamento cidadán ás súas políticas inhumanas, antisociales e rexeitadas pola maioría dos cidadáns, unha alta porcentaxe da poboación convencidos de que foron “ESTAFADOS” polo Partido Popular no seu incumplimiento do programa electoral.

 

Ninguén que non teña interese en ocultar o coñecemento da nosa lacerante realidade atreveríase a negar que aquí se dan eses elementos, combinados de tal xeito que se potencian polo grupo de Feijóo, e como militante do Partido Popular dou boa fe diso.

 

En moitas áreas da Xunta de Galicia desde o ano 2009 non hai goberno a favor da sociedade, o que permitiu que poderes fácticos, entre eles a corrupción desproporcionada e a impunidade, sexan os que decidan sobre a forma de gobernar e o que máis interesa aos cidadáns, co elevado costo que isto implica para todos os galegos/as.

 

É unha verdade evidente que estamos sumidos nun ambiente de corruptelas e imputados pola xustiza de forma xeneralizada, que aínda que contida por algunhas accións de xuíces honrados, continúa deixando unha secuela de fame e sufrimento sen que os seus responsables políticos asuman a destrución da “TORRE DE BABEL DO SÉCULO XXI” que se vén abaixo de forma inexorable.

 

A maioría da poboación está sumida ou levada polo goberno de Feijóo a condicións de infrasubsistencia, que agora podemos dimensionarla ao ler as dramáticas historias de quen prefiren migrar, afrontando os enormes perigos dunha viaxe, moitas veces sen retorno, porque nel váiselles a supervivencia e que estes novos políticos do PP chaman movilidad.

 

Movilidad é a que pagamos os cidadáns para que viaxen en coches oficiais, súbanse os soldos, noméense porteiros maiores institucionais para que lles recollan os zapatos, repártanse as alcaldías coma se de territorios feudales tratásense sen contar coa cidadanía, se aforen para roubar de forma impune, violen os dereitos cidadáns e ataquen frontalmente o tratado europeo dos dereitos humanos, mutilen a Xustiza, co único fin de apropiarse do que pertece a todos os galegos/as….

 

As nenas e nenos violadas/vos en os seus dereitos constitucionais cando crean os “DEREITOS DO NENO”, a falta de emprego e de oportunidades e os postos que se crean na administración repártenllos entre eles e os seus familiares baixo asistencias técnicas que a xustiza converte en funcionarios pola porta de atrás, a desigualdade son reflexo do fracaso do sistema de Alberto Núñez Feijoo, no que teñen responsabilidade solidaria e mancomunada os tres partidos parlamentarios (PP.PSOE,AGE) e a propia sociedade, principalmente quen exercen roles hegemónicos depositando o voto na urna.

 

Os cidadáns demandan saúde e reciben recortes e pechadura de camas hospitalarias en contraprestación, e non porque os médicos das áreas rurales néguenllas, senón porque as condicións no sistema de saúde son deplorables desde que goberna Feijóo.

 

A similar situación enfróntase a educación, pouco ou nada se pode esperar dun goberno que carece de intencións e feitos, condénaselle pola xustiza nos seus ataques á educación. A inequidad no tratamento ás aulas pícaros/pícaras é outro factor que caracteriza ao sistema no que vivimos.

 

O éxodo de persoas cara a países que dan máis oportunidades incrementouse de xeito alarmante, produto da pobreza, o desemprego e as miserias humanas que logra Feijóo como produto da súa xestión de goberno, entre outras cousas, e que vai camiño de converterse “crise humanitaria”, ao pretender retirarlle os seus dereitos de cidadáns europeos para poder expulsalos do país que enarbola a bandeira de Europa. O drama deses nenos desnutridos e que pasan fame, postos nas colas dos bancos de alimentos polo goberno de Feijóo, retrasos e negativas dos directos aos excluídos da sociedade que piden o RISGA, é outra revelación desta situación inhumana que atenta contra os mínimos da igrexa católica e dun goberno, propiciada por Alberto Núñez Feijóo que se vai de turismo institucional por Asia e América Latina sen dar explicacións, dando as costas a Galicia, os galegos/as que confiaron no e o seu equipo de goberno e non ha ter a capacidade de atender como debe.

 

Só nas urnas “PODEMOS” para pararlles os pés a estes desenfreos, ataques sociais e poñer a “CASTA” ao nivel que se merecen para que comprendan aos seus representados e síntanse cidadáns, coas súas virtudes e miserias, por que só así, responderán ao desenvolvemento e a poñer Galicia no sitio que lle corresponde e que ata a chegada de Feijóo era un orgullo ser galego, traballado durante sécalos polos nosos antepasados na emigración, pero que Feijóo converteunos cara a Europa en “mortos de fame”.

 

Miguel Delgado.

 

Presidente de Pladesemapesga, Director de Xornal Galicia y Agencia de Noticias Actualidad Ibérica.

La doctora Montserrat Gallego imparte mañana una charla sobre embarazo y salud periodontal en el Nicolás Peña

Vigo, 8 de julio de 2014.- Mañana, 9 de julio, a las 18.00 horas, la doctora Montserrat Gallego impartirá una charla dirigida a embarazadas en el Hospital vigués Nicolás Peña. Las enfermedades de las encías están directamente relacionadas con partos prematuros y otras complicaciones en el embarazo, por ello, el Servicio Galego de Saúde invita a profesionales en este ámbito para sensibilizar sobre la importancia de cuidarse la salud dental durante el embarazo.

 

La charla guiará a las gestantes sobre cómo deben cuidar sus encías y evitar la gingivitis o cómo tratarla en caso de que ya se haya desarrollado. La doctora Gallego responderá, asimismo, a las dudas sobre cómo debe ser el cuidado de la boca de los bebés en sus primeros meses de vida.

 

Charla: Embarazo y salud periodontal

Imparte: Doctora Montserrat Gallego

Dónde: Nicolás Peña (Camelias, 109. Vigo)

Cuándo: 9 de julio a las 18.00 horas

 

Entrada libre