BRAVO BOSCH COMPROBA O ESTADO DAS OBRAS DO PLAN MARCO QUE PERMITIRON MELLORAR 4 CAMIÑOS EN BAIONA POR MÁIS DE 41.000 EUROS

 Acompañada polo alcalde da localidade, Jesús Vázquez Almuíña, a delegada territorial da Xunta en Vigo visitou esta mañá as obras que se executaron coa subvención outorgada pola Consellería de Medio Rural e do Mar.
 A través dos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Baiona recibiu nos últimos anos preto de 152.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio.
 A Xunta destina 600.000 euros para levar a cabo ao redor de 30 actuacións en camiños e estradas rurais dos 14 concellos da área territorial.

Baiona, 08 de xullo de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo alcalde da localidade, Jesús Vázquez Almuíña, e polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, Miguel Pérez Dubois, visitou esta mañá os camiños As Cachadas, Granxa, Xuncal e Morade, no Concello de Baiona, para comprobar as obras de mellora que se executaron ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal da Consellería de Medio Rural e do Mar.

Coma explicou Bravo Bosch, o departamento que dirixe a conselleira Rosa Quintana resolveu a concesión da axuda solicitada polo Concello de Baiona ao abeiro do Plan Marco para executar a mellora da pavimentación de catro camiños das zonas rurais do municipio de Baiona.

O investimento da obra supera os 41.000 euros (41.215,63 euros), sendo a cantidade subvencionable pola Administración autonómica de 34.062,50 mentres que o goberno local faise cargo do resto, que corresponde ao pago do IVE.

As obras xa están rematadas e, concretamente, no camiño As Cachadas mellorouse a capa de rodadura con aglomerado en quente de 782 m2 previa capa de 25 cm de base granular de zahorra artificial. Tamén se executou o recrecido de 5 pozos de rexistro. Mentres, no camiño A Granxa, mellorouse a capa de rodadura con aglomerado en quente de 648m2 e levouse a cabo o recrecido de 4 pozos de rexistro. No camiño Xuncal, reformouse a capa de rodadura de 645 m2 con firme de formigón e o recrecido e 2 pozos de rexistro mentres que, por último, no camiño de Morade, mellorouse a capa de rodadura con aglomerado en quente de 294 m2 e 845 m2 de firme de formigón. Tamén se realizou o recrecido de 4 pozos de rexistro.

En definitiva, a través de distintos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Baiona recibiu nos últimos anos preto de 152.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio.

Preto de 600.000 euros para a área de Vigo
A través deste programa, a Xunta de Galicia destina preto de 600.000 euros (598.509,06) para levar a cabo ao redor de 30 actuacións en camiños e estradas rurais dos 14 concellos que forman parte da área territorial de Vigo.

O Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014 ven a ser unha continuidade do anteriormente coñecido Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) e lévase a cabo mediante axudas convocadas pola Axencia de Desenvolvemento Rural de Galicia (Agader) dirixidas ás entidades públicas locais. Deste xeito, as actuacións que se enmarcan neste programa teñen coma finalidade que a totalidade dos concellos de Galicia se beneficien da mellora das súas infraestruturas básicas incidindo na mellora da calidade de vida da súa poboación rural. O obxectivo é realizar actuacións de ampliación, mellora ou mantemento de camiños de titularidade municipal na procura de mellorar os accesos e a comunicación, permitindo incrementar a calidade de vida das zonas rurais e contribuíndo á fixación da poboación no rural e á diversificación económica.

Nos últimos anos, o investimento dedicado ás infraestruturas no eido rural para o ámbito da delegación territorial de Vigo achegouse aos 3 millóns de euros e as actuacións nos 14 concellos centráronse en mellorar as infraestruturas viarias, no acceso a explotacións, reposición de capa de rodaxe, adecuación de camiños e mellora de abastecementos de auga e saneamentos.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: