O PRESIDENTE DO CONSELLO GALEGO DA COMPETENCIA EXPÓN EN XENEBRA AS ACCIÓNS DESENVOLVIDAS EN GALICIA NO SECTOR DA VENDA DE CARBURANTES

 Francisco Hernández participou hoxe nun grupo de traballo da Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (UNCTAD)
 Este organismo é dependente da ONU e ten un grupo permanente sobre competencia, no que participan expertos de todo o mundo

Santiago, 8 de xullo de 2014.- O presidente do Consello Galego da Competencia (CGC), Francisco Hernández, expuxo hoxe na cidade suíza de Xenebra as accións desenvolvidas para mellorar a competencia no sector da distribución retallista de combustible, no marco dunha reunión da Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (UNCTAD), un organismo dependente da ONU.

En concreto, Francisco Hernández participou nunha reunión do grupo intergubernamental de expertos en dereito e política de competencia, no que están presentes expertos e representantes de órganos de competencia de todo o mundo.

Na súa intervención, o presidente do CGC explicou que o organismo galego de competencia presentou recentemente un informe sobre o mercado dos carburantes de automoción en Galicia, no que se analiza a situación do sector e se propoñen unha serie de medidas para elevar a competencia.

Neste sentido, a Xunta de Galicia puxo en marcha actuacións concretas que seguen as recomendacións efectuadas polo Consello Galego da Competencia. Estas actuacións buscan aumentar a competencia e reducir os prezos de venda, posto que –tal como reflicte o informe- Galicia é a comunidade peninsular co prezo medio máis alto do litro de gasóleo.

Un dos temas de debate na reunión foi precisamente o dos beneficios da política de competencia para os consumidores. Francisco Hernández puxo como exemplo disto as accións destinadas a elevar a competencia no sector das estacións de servizo e a reducir a súa concentración, xa que isto debe redundar en beneficio de todos os consumidores galegos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: