O Pazo do Faramello homenaxea as vítimas de Angrois no aniversario do accidente

CARTEL XDR DO FARAMELLO copia 2 copia  CON 79 ÁRBORES DO AMOR

O Pazo do Faramello homenaxea as vítimas de Angrois no aniversario do accidente

O vindeiro xoves día 24 de xullo o Pazo do Faramello contará cun novo espazo nas súas instalacións. Será un xardín semipúblico e de acceso gratuíto situado en pleno Camiño de Santiago. O xardín estará dedicado ás vítimas do accidente de Angrois e constará de 79 cercis siliquastrum tamén coñecidas como ‘árbores do amor’. A iniciativa partiu do director-xerente do Pazo, Gonzalo Rivero de Aguilar, e contou coa colaboración da Fundación Juana de Vega.

Cando o proxecto vén de ser aprobado e recibido polo Pazo do Faramello hoxe mércores, xa se están ultimando os preparativos para comezar esta “sentida homenaxe” que o dito Pazo quere render ás vítimas do Alvia accidentado o pasado ano en Angrois. Será “algo sinxelo” en con “grande carga simbólica”, segundo explica Gonzalo Rivero de Aguilar, director-xerente das instalacións.

O xoves 24, sobre as sete do serán, xusto cando se cumpre un ano da fatídica traxedia ferroviaria, plantarase a primeira das ‘árbores do amor’ previstas neste novo xardín do Pazo. As demais iranse dispoñendo nos vindeiros días e para tal fin tamén se organizará unha xornada de portas abertas na que o público poderá participar á hora de darlles unha nova ubicación ás restantes árbores.

A iniciativa conta coa colaboración da Fundación Juana de Vega, entidade galega que aboga pola protección e a posta en valor da agricultura e que se mostrou “encantada” e “interesada desde o primeiro momento” en facer parte da mesma, segundo relata Gonzalo Rivero de Aguilar.

Este novo xardín do Pazo será de acceso gratuíto e ten carácter semipúblico, xa que forma parte do terreo do propio Pazo pero, ao mesmo tempo, atópase no paso do Camiño portugués de Santiago. Estará situado na parte máis alta do terreo, “un lugar que convida ao recollemento e que ten unha beleza especial”, conclúe o director-xerente do Faramello.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: