Archivo | julio 18, 2014

SINSAL SON ESTRELLA GALICIA // UNHA EXPERIENCIA ALÉN DA MÚSICA

 

UNHA EXPERIENCIA ALÉN DA MÚSICA

IMG_0983

 

Presentada a nova edición de Sinsal SON Estrella Galicia


O festival chega cargado de novidades

Illa de San Simón

Redondela

25, 26 e 27 de Xullo, 2014

 

Sinsal SON Estrella Galicia 2014

Sinsal SON Estrella Galicia é máis que un festival porque ten lugar nun espazo tan especial como a Illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural e un auténtico xardín no comezo da Ría de Vigo. A Sinsal Son Estrella Galicia só se pode chegar previo pago de entrada desde dous portos, Vigo e San Adrián de Cobres.

Este ano, Sinsal SON Estrella Galicia ofrecerá un total de 26 concertos. Se exceptuamos aos grupos galegos, dos 14 artistas invitados só un tocou en Galicia. O resto farao por primeira vez e, entre estes, dous darán o seu primeiro concerto en España, mentres outros dous compartirán connosco a súa primeira xira peninsular.

Entre os días 25 e 27 de xullo pasarán por San Simón (Redondela) artistas de Oceanía (1), Asia (2), Europa (5), América do Norte (2), América do Sur (2) e África (2).

Sinsal SON Estrella Galicia chega co apoio de Estrella Galicia, New Balance, o Concello de Redondela, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a AGADIC, pendente da resolución das axudas a festivais musicais. O orzamento desta nova edición chega aos 100.000€ e contará con preto de 2.000 persoas nas tres xornadas. As entradas para o sábado xa están esgotadas e o venres e o domingo xa pasaron o ecuador.

A Rolda de Prensa de presentación de Sinsal SON Estrella Galicia levouse ao cabo na Cervecería Estrella de Galicia da Praza de Compostela de Vigo e contou coa presenza de:

Javier Bas: Alcalde de Redondela

Jacobo Sutil: Director da AGADIC

Laura Piñeiro: Product Manager Estrella Galicia

Manuel Rodríguez: Responsable de Sport Marketing

Julio Gómez: Codirector do Festival Sinsal

Toño Cabanelas, artista dixital, presentou o proxecto 00:00, que consistirá nunha Instalación que intervirá a Illa de San Simón para convertila nun instrumento de arte audiovisual xenerativo-interactivo. Esta intervención desenvolverá a idea dunha audio-video creación composta pola propia natureza e reflexionará sobre cada ciclo diurno-nocturno de 24h. 00:00 inlcúese dentro do proxecto multimedia Exploradores e comezará a rodar en Sinsal SON Estrella Galicia nesta nova edición.

 

Textos e actores de primeira liña na nova tempada de abonos teatrais de AFUNDACIÓN

A Fundación Galicia Obra Social (AFUNDACIÓN) pon á venda os abonos da súa nova tempada teatral en Vigo e Pontevedra; a partir de mañá, venres 18 de xullo, e ata o 10 de setembro mediante as súas canles habituais de comercialización de espectáculos, a web de Servinova, www.servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500, desde as 8.00 ata as 22.00 h. Todos aqueles que desexen facerse coas entradas soltas poderán conseguilas a partir do 25 de agosto polo mesmo sistema. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % a respecto dos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para os desempregados, os xubilados e os mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos. As funcións de Vigo terán lugar no teatro do Centro Cultural da entidade, situado na rúa Policarpo Sanz, 13, mentres que as de Pontevedra hanse celebrar no Centro Social da fundación, localizado en Augusto González Besada, 2.

A CARAVANA DOS BOLECHAS PERCORRERÁ OITO CONCELLOS GALEGOS PARA DIVULGAR O ACOLLEMENTO FAMILIAR

 A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, e a presidenta autonómica de Cruz Vermella Galicia, Carmen Colmeiro, presentaron hoxe esta xira en rolda de prensa
 Amparo González indicou que a porcentaxe de acollemento familiar representa en Galicia o 65 por cento e lembrou que este recurso ofrece aos menores a posibilidade de vivir nun fogar e cunha familia
 Nesta materia, o departamento autonómico investiu 3,3 millóns de euros en 2013, o que permitiu que case 1.500 menores estiveran en acollemento familiar nalgún momento durante ese ano

Santiago, 18 de xullo de 2014.- A caravana dos Bolechas percorrerá oito concellos de Galicia para divulgar o acollemento familiar. A iniciativa, desenvolta en colaboración con Cruz Vermella, comezará hoxe en Santiago, e seguirá o luns 21 de xullo en Monforte, o martes 22 en Ourense, o mércores 23 en Vigo, o luns 28 en Burela, o martes 29 en Oleiros, o mércores 30 en Boiro, e o xoves 31 rematará en Vilagarcía.

A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, e a presidenta autonómica de Cruz Vermella Galicia, Carmen Colmeiro, presentaron hoxe esta xira en rolda de prensa, que vén a reforzar a publicación, o pasado mes de maio, do conto ‘Os Bolechas aumentan a familia’, escrito por Pepe Carreiro e publicado por Edicións Bolanda.

Amparo González indicou que a porcentaxe de acollemento familiar representa en Galicia o 65 por cento fronte ao 35 por cento de menores en residencias e lembrou que este recurso ofrece aos menores a posibilidade de vivir nun fogar e cunha familia, ao tempo que se lles ofrece a seguridade que lles outorga crecer e convivir no seo dunha familia.

Neste sentido, a responsable autonómica engadiu que na Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia, impulsada polo Goberno galego en 2011, protéxese e favorécese a permanencia dos menores en situación de desprotección nunha familia, dándoselle prioridade ao acollemento sobre o internamento residencial.

Por último, a directora recordou que o acollemento familiar conta con dúas modalidades: o acollemento en familia allea, no que as familias sen relación de parentesco cos nenos ofrécense como acolledoras e o acollemento en familia extensa que é aquela que realizan familiares distintos aos país.

Nesta materia, o departamento autonómico investiu 3,3 millóns de euros en 2013, o que permitiu que case 1.500 menores estiveran en acollemento familiar nalgún momento de 2013. Para xestionar o programa de acollemento en familia allea, a Consellería conta coa colaboración de Cruz Vermella, e para levar a cabo o de familia extensa, coa cooperación de Aldeas Infantís.

Arranca a tempada dos abonos de música clásica de Afundación

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) pon á venda os abonos da súa nova tempada de música clásica viguesa a partir do vindeiro luns, 21 de xullo, e ata o 23 de setembro mediante as súas canles habituais de comercialización de espectáculos, a web de Servinova, www.servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500. Todos aqueles que desexen facerse coas entradas soltas poderán conseguilas polo mesmo sistema a partir do 30 de setembro. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % a respecto dos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos. Todas as funcións terán lugar no teatro do Centro Cultural da entidade en Vigo, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13.

O Marisquiño – Vigo

Vigo Convention Bureau

La explanada del Muelle de Trasatlánticos del Puerto de Vigo acogerá, un año más, los conciertos programados por la organización del Arnette O’Marisquiño, que tendrán lugar los días 9 y 10 de agosto.

Tras las jornadas de día llenas de deporte, acción y adrenalina, las noches estarán eclipsadas por el gran autobús convertible en escenario, desde el que seis bandas descargarán su música en directo.

La conocida como Red Bull Tour Bus, arrancará a partir de las 22.00 horas en este espacio cedido por el Puerto de Vigo a la organización. “The Government”, “Gas Drummers” y “Berri Txarrak” actuarán el sábado día 9, mientras que “96’ers”, “Hummano” y “We Ride” lo harán el domingo 10.mari

 

 

Exposição “Amazônia: Fronteira Mágica” irá homenagear história e cultura acreana

unnamed-179 (2) Advogado tributarista por profissão e amante das artes, o artista plástico Francisco Manuel Pantigoso Velloso da Silveira, realizará na próxima segunda-feira, 28 de julho, as 19h30, uma exposição em homenagem ao Acre. Serão 20 obras pintadas em Aquarela que irão retratar a cultura, fauna e a histórica revolução acreana. A exposição intitulada “Amazônia: Fronteira Mágica” acontece em Rio Branco, no Memorial dos Autonomistas e estará aberta a visitações até 28 de agosto.

Pantigoso relata que sua admiração pelo povo acreano fez nascer o desejo de homenagear a história e cultura do Acre. Este gesto simboliza sua retomada ao mundo das artes, após anos dedicados a advocacia e a história. A exposição pretende através de temas vinculados a história, mitologia, geografia e o dia a dia dos acreanos revelar a Amazônia que compreende o Brasil e o Peru, como uma só nação, com origens e ideias comuns, unificados pelas cores, simbolismos e a necessidade do homem de viver em harmonia com a natureza.

“Admiro a história do Acre e o espirito libertário dos fundadores desse Estado e, nessa exposição, o fator histórico/cultural estará presente como fator motivador. A pintura é um meio fantástico para interpretar todas essas manifestações culturais. A data escolhida para a exposição, que acontece dia 28 de julho – Dia Nacional do Peru – será também uma homenagem a amada pátria. Em cada traço, busquei tomar a Amazônia como referência da união dos povos peruanos e brasileiros, pois vivemos uma fronteira mágica que deve nos unir, sempre, como povos irmãos”, ressalta.

Francisco Pantigoso destaca o apoio da equipe da Fundação Elias Mansur (FEM), em especial do artista plástico Darci Seles que o incentivou e do Consulado Peruano em Rio Branco, na pessoa do cônsul Felix Vasquez, que ao tomarem conhecimento da exposição ofereceram total apoio e todas as condições para sua realização.

Sobre o artista

Francisco Manuel Pantigoso teve na família a referência pela arte e cultura, neto do grande pintor peruano Manuel Domingo Pantigoso, e também, do destacado pintor carioca Francisco Velloso da Silveira. Pantigoso foi consagrado, em 1980, Medalha de Ouro no III Salão da SPEP, categoria aquarela e o Prêmio Menção Honrosa no Salão de Pintura CACIG, ambas no Rio de Janeiro.

Pantigoso realizou também algumas exposições individuais, entre elas: Exposição na Galeria EL SOL de Lima, ilustrando poemas com o título “Color de la palabra en el Espacio” e a Exposição “Diálogo da natureza e do mito”, ambas em Lima (Peru). Ilustrou diversos livros e poemários de inúmeros escritores da literatura peruana, ganhando destaque como ilustrador oficial do caderno de arte “Crônica Cultural”, do jornal diário peruano “La Crónica”.