SINSAL SON ESTRELLA GALICIA // MAÑÁ ARRANCA O FESTIVAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

sinsal-1-625x625  Illa de San Simón

Redondela

25, 26 e 27 de Xullo, 2014

Sinsal Son Estrella Galicia chega con todas as entradas vendidas para o sábado 26 e co venres e o domingo superando os dous tercios. Empeza aquí a edición máis ambiciosa e internacional do evento con máis de 1.500 entradas vendidas. Xa non é posible conseguir entradas na plataforma de pago, as que restan poderanse adquirir nos embarques en Vigo e San Adrián.

Sinsal Son Estrella Galicia, o festival ao que só se pode ir en barco, volverá repetir a fórmula que o fixo famoso, o cartel segredo e as pistas a través das Redes Sociais sobre os nomes que o público se atopará nos tres escenarios unha vez desembarcado. Sinsal Son Estrella Galicia é máis que un festival, é unha experiencia única nun lugar privilexiado, un evento cómodo, sen présas, no que a distancia entre músico e público non existe.

Presentamos horarios e escenarios:

Viernes 25

17.00 Escenario Trobadores: Throwing Shade

18.00 Escenario Son Estrella Galicia: Xenia Rubinos

19.00 Escenario New Balance: Oso Leone

20.00 Escenario Son Estrella Galicia: Jagwa Music

21.00 Escenario Trobadores: Friskstailers

Sabado 26 (pistas máis abaixo)

13.00 Escenario Trobadores: #pista9

14.00 Escenario New Balance: #pista3

15.00 Músicas Escondidas e actividades paralelas: Why Go, Apenino, Retromanía (Radio 3), Espazo Igualdade (O estado salvaxe. Espanha 1939).

16.00 Escenario Son Estrella Galicia: #pista5

17.00 Escenario New Balance: #pista8

18.00 Escenario New Balance: #pista1

19.00 Escenario Son Estrella Galicia: #pista2

20.00 Escenario Trobadores: artista xornada apertura 25 de xullo

21.00 Escenario Son Estrella Galicia: #pista6

Domingo 27 (pistas máis abaixo)

13.00 Escenario Trobadores: #pista9

14.00 Escenario New Balance: #pista3

15.00 Músicas Escondidas e actividades paralelas: Trilitrate, Caspervek Trio, Retromanía (Radio 3), Espazo Igualdade (Quiñones/Vaello. Illa de San Simón), Midi Marschmusik Kapelle.

16.00 Escenario Son Estrella Galicia: #pista5

17.00 Escenario New Balance: #pista8

18.00 Escenario New Balance: #pista1

19.00 Escenario Son Estrella Galicia: #pista2

20.00 Escenario Trobadores: #pista7

21.00 Escenario Son Estrella Galicia: #pista6

DESCARGA DE NDP VENRES 25 + FOTOS DE GRUPOS

DESCARGA DOSSIER SINSAL SON ESTRELLA GALICIA

O programa da xornada de apertura do 25 de xullo queda como sigue:

17.00 horas Throwing Shade

18.00 horas Xenia Rubinos

19.00 horas Oso Leone

20.00 horas Jagwa Music

21.00 horas Frikstailers

Nas xornadas do 26 e o 27 contaremos un ano máis con Músicas Escondidas, concertos en lugares non anunciados da illa. Ao igual que fixemos o ano pasado, nesta ocasión tamén decidimos dar a coñecer estes nomes. Apenino e Why Go tocarán o sábado 26 e Trilitrate e Caspervek Trío o domingo 27 (+ info en NdP)…

Despois da presentación das propostas para venres 25 e para Músicas Escondidas, chegan as pistas para adiviñar o cartel segredo que se repetirá sábado 26 e domingo 27.

#pista1

Psicodelia e pop “vintage” para amantes de Beach Boys, Love, Kevin Ayers, Syd Barrett… Sorpresa maiúscula do 2013.

#pista2

Os nosos invitados poderán ser a gran revelación nacional do ano co seu son entre o kraut e o space rock. Atentos!

#pista3

Volta de rosca ao post-rock desde Oriente. Tradición e modernidade. Unha experiencia única para escoitar nunha illa.

#pista4

Esta rapaza xira con estrelas do rock e enche páxinas nas revistas de tendencias. Podería ser a BSO de San Simón.

#pista5

Cantos grupos coñeces que publicaron grandes discos nos 70s, 80s, 90s, s. XXI e son unha referencia no rock.

#pista6/domingo

Artista que lidera un proxecto musical fascinante. A emoción da tecnoloxía entre as areas do deserto.

#pista7/sábado

Pop onírico desde as antípodas. Unha proposta moi especial, enfeitizante e embriagadora a vixiar no futuro.

#pista8

Artista escandalosamente novo que se incorpora con forza ao bo momento da música española electrónica e pop.

Temos toda a información na nova web de Sinsal Son Estrella Galicia.

  1. sinsalaudio.es

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: