1.000 XOVES VIGUESES INSCRITOS PARA OPTAR A CONTRATOS EN EMPRESAS DA PROVINCIA NO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA
O prazo de solicitudes rematou hoxe e agora comeza o proceso selectivo para que os postos de traballo arrinquen en outubro
Vigo, 29 de xullo. Un total de 1.000 licenciados, graduados ou diplomados de Vigo e a púa área metropolitana presentaron, ata o dia de hoxe, as súas solicitudes para optar a contratos en empresas da provincia de Pontevedra dentro do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra para o ano 2014.
O prazo de presentación de solicitudes rematou esta mañá, día 29 de xullo. En total son 2.071 as solicitudes presentadas por xoves universitarios en toda a provincia para participar no plan ao que se acolleron un total de 903 empresas.
As preinscripcións na páxina web superaron as 3.000, das que 927 eran tamén de Vigo.
As titulacións académicas máis demandadas polas empresa foron, neste orde, Administración de Empresas, Administración e finanzas, Xestión Comercial e Marketin, Informática, Publicidade e Relacións Públicas, Relacións Laborais e Recursos Humáns, Arquitectura, Arquitectura Técnica, Aplicacións Multiplataforma, e Producción por Mecanizado.
Unha vez rematado o prazo de inscripción dos xoves, procederáse á súa selección. Nela, o currículo ou expedente académico será valorado de 0 a 7 puntos; e a entrevista sobre o currículo e coñecementos relacionados coa titulación, de 0 a 3 puntos. O BOPP publicará as puntuacións obtidas e cada bolseiro elexirá a empresa na que desexe realizar prácticas.
O traballo na empresa comenzará o 1 de outubro e durará un ano. Percibirán 800 €/mes para licenciados, graduados e diplomados, e de 700 €/mes para ciclos superiores.