A XUNTA SINALA QUE O DESCENSO DUN 35% DO NÚMERO DE USUARIOS DE TRANSPORTE PÚBLICO NO PERÍODO 2007-2013 É A PROBA EVIDENTE DA NECESIDADE DE IMPLANTAR O TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO

 Camino Triguero mantivo esta mañá unha reunión con representantes dos concellos que se integran nesta zona de mobilidade, para presentarlles os resultados do estudo de mobilidade realizado na área de Vigo
 Sinala que o sistema de transporte actual non cumpre os obxectivos de mobilidade dos usuarios, ao perder 1,5 millóns de viaxeiros en dende o ano 2007
 Tamén se lles trasladou información sobre os custes que tería a implantación deste modelo de transporte para cada concello, calculado en función da dinámica actual
 Coa implantación do PTM estímase que deixarán de circular máis de 6.480 vehículos diarios na cidade de Vigo e no seu contorno, o que se traduce en diminuír as emisións de CO2 á atmosfera en preto de 662,20 tm ao mes (25,48 tm ao día)

Vigo, 30 de xullo de 2014.- A Xunta de Galicia presentou esta mañá os resultados dun traballo de campo realizado na área de transporte metropolitana de Vigo do que se conclúe que o número de usuarios de transporte público descendeu entre 2007 e 2013 nun 35%, é dicir, pasou de 4.227.152 usuarios en 2007 aos 2.709.451 no pasado ano. Á vista deste descenso, a directora xeral de Mobilidade, Camino Triguero Salas, sinalou que o sistema de transporte público que na actualidade opera na área de Vigo está obsoleto e non cumpre cos obxectivos e necesidades de mobilidade dos cidadáns desta área e polo tanto, o descenso de 1,5 millóns de viaxeiros xustifica a posta en marcha do plan de transporte metropolitano na área de Vigo.

A directora xeral de Mobilidade, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo unha reunión á que estaban convocados os municpios que integran á area de transporte metropolitana, formada polos concellos de Moaña, Redondela, O Porriño, Salceda de Caselas, Gondomar, Baiona, Nigrán, Vigo, Cangas e Mos. Coa actualización deste estudo, tamén se comprobou que o título metropolitano de maior aceptación polos usuarios é o sinxelo cun 54,31% das viaxes, alcanzando unha porcentaxe de uso do 74,05% entre os usuarios que viaxan en autobús. O peso deste tipo de billetes baixa de forma considerable no modo barco e tren, debido a unha comercialización máis ampla de bonos e tarxetas que introducen descontos sobre o custo da viaxe.

Billete único
A implantación do PTM na área de Vigo suporía importantes aforros económicos para os seus usuarios, este foi outro dos puntos analizados no informe: o prezo de cada viaxe, calculado en función dos datos e viaxes que se producen na actualidade. A directora aclarou que o prezo dunha viaxe, con independencia do número de etapas ca conforma, dependerá do número de saltos entre a orixe da primeira etapa e o destino da última así como do título de transporte empregado. Así, unha persoa de Vigo que desexe ir ata Baiona pasará de pagar 2,15 (billete sinxelo) a pagar 1,28, case un euro menos, co transporte metropolitano. No caso do billete urbano, o prezo do billete sinxelo suporá un aforro dun 35% do custe coa implantación do transporte metropolitano, ao pagar 0,86 no canto de 1,32 que custa o billete sinxelo.

A directora destacou que na área de Vigo aplicaranse os mesmos criterios que no resto de áreas nos que está implantado o Transporte Metropolitano. As bonificacións son cofinanciadas polas diferentes administracións. Así, todas as viaxes de carácter metropolitano son subvencionadas pola Xunta nun 80% e polos concellos da área nun 20%. Así mesmo, o Goberno galego abonaría o 100% do custe dos transbordos que se produzan dende os buses metropolitanos aos urbanos.

Triguero Salas facilitou esta información aos concellos da área para que agora analicen o contido do mesmo e determinen e fixen as súas capacidades para integrarse neste proxecto de mobilidade que xa funciona en catro áreas de Galicia.

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, en palabras de Camino Triguero, é un conxunto de actuacións e directrices de coordinación encamiñadas a mellorar a competividade da oferta de transporte público colectivo no ámbito das 7 grandes áreas urbanas de Galicia. No caso da área de Vigo, esta iniciativa integra, tal como se citou anteriormente, aos concellos de Cangas, Moaña, Redondela, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Gondomar, Baiona, Nigrán e Vigo, é dicir, máis de 450.000 habitantes.

Outros datos
Na área de Vigo preto dun 60% dos movementos para desprazarse ao lugar de traballo ou de estudos realízanse en vehículo privado. Soamente 1 de cada 5 cidadáns acostuma empregar o servizo público en Vigo. Con esta iniciativa a Xunta espera duplicar a demanda do transporte público colectivo, o que suporía incrementar a participación do transporte público do 10% na mobilidade persoal.

Estímase que deixarán de circular máis de 6.480 vehículos diarios na cidade de Vigo e no seu contorno, o que se traduce en diminuír as emisións de CO2 á atmosfera en preto de 662,20 tm ao mes (25,48 tm ao día). En definitiva, fomentarase a mobilidade cun menor uso dos vehículos privados, ou que permitirá unha maior fluidez do transporte público colectivo, así como doutros sistemas de transporte público, como o taxi, e unha maior seguridade vial para os cidadáns que deciden empregar a bicicleta e mesmo a marcha a pé para moverse pola cidade.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: