Concello de Vigo


As obras do complexo deportivo de Navia contan cun promedio de 60 traballadores e avanzan a «gran velocidade»

O alcalde achegouse esta mañá ás obras de construcción das novas instalacións deportivas de Navia que avanzan a bo ritmo e nas que traballan 60 profesionais. Cun custo de preto de 9 millóns de euros, nestes momentos estase concluíndo a cimentación e comenzando co traballo de estrutura. Está previsto que as obras rematen en xuño de 2015.

 

O goberno local aproba o proxecto da «gran reforma»de Balaídos por 4,2 millóns

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao «proxecto de gran reforma de Balaídos» que conta cun orzamento de 4,2 millóns de euros, para as dúas primeiras fases. Respecto do finanzamento da remodelación total do estadio, o rexedor anunciou hoxe que lle vai facer unha petición de colaboración á Xunta de Galicia, á Zona Franca e ao Consello Superior de Deportes, ademais da Deputación de Pontevedra.

 

O goberno de Vigo ultima o inicio dos traballos de humanización do entorno de Churruca e Don Bosco

Caballero deu conta este mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local dos últimos trámites administrativos previos ao inicio das obras de reforma no entorno de Churruca e Don Bosco, por importe superior ao millón de euros. O alcalde salientou as decenas de postos de traballo xerados nestas dúas actuacións.

 


O alcalde asina un convenio con Érguete para contratar 49 coidadores de barrio

O alcalde asinou un convenio coa responsable de Érguete para contratar 49 coidadores de barrio que este ano amplían a súa presencia na cidade e traballarán no Casco Vello, Calvario, Teis, Balaídos-Praza de América e en Bouzas. O goberno local adica 947.000 euros a un programa que se alongará ata o verán de 2015.

 


O Auditorio Mar de Vigo disporá dunha sala de estudo de 200 m2 a partir de 2015

O alcalde de Vigo anunciou hoxe que a partir de 2015 o Auditorio Mar de Vigo contará cunha sala de estudo de 200 m2. Así llo transmitiu esta mañá aos representantes de alunmnos da Universidade que durante un encontro lle solicitaron máis espazos de lectura na cidade.

 


O Concello coopera con 15.000 euros coas actividades de CC.OO.

O alcalde asinou esta mañá un convenio de colaboración con CCOO para apoiar o desenvolvemento das dúas actividades para o ano 2014. O montante do acordo alcanza os 15.000 euros.

 


Chano explicou a Caballero que inicia no Europeo de Eindhoven o camiño para os Xogos de Río 2016 e o Concello estudará o patrocinio do nadador

Abel Caballero, alcalde de Vigo, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe no seu despacho da Alcaldía a Sebastián «Chano» Rodríguez, que este venres viaxa a Eindhoven para disputar o Campionato de Europa de natación adaptada no Estadio Acuático Pieter van dean Hoogenband.

 


Caballero di que o ouro do remeiro Jaime de Haz é «magnífico» e que o Concello apoia «a todos os deportistas importantes»

Jaime de Haz Iraurgui, flamante campión do mundo sub 23, ofreceu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a medalla de ouro conquistada no Mundial de Varese co bote catro sen timoeiro, no transcurso da recepción oficial ao remeiro do Real Club Náutico de Vigo.

 


Malú reune a máis de 30.000 persoas no concerto de Vigo

A popular cantante madrileña abarrotou o Auditorio de Castrelos de Vigo, o cal segundo fontes da policía local rexistro un cheo histórico, superando os 30.000 espectadores.

 


O Auditorio Municipal acolle o xoves a proxección do filme «Encallados» dentro da programación de Vigo en Festas

A programación de festas do Concello inclúe a proxección da comedia «Encallados» que os vigueses e viguesas poderán ver mañá xoves 31 de xullo no Auditorio Municipal a partir das 20,30 horas. Dirixido por Alfonso Zarauza, o film está a percorrer teatros e auditorios de toda Galicia, con grande éxito de público e de crítica.

 

Programación infantil das Festas de Verán

O auditorio de Castrelos é o escenario principal da programación das festas de verán para o público infantil coas actividades de «CATIVO-MUSICAIS». A primeira das actuacións é o mércores, 30 de xullo (20:00 h): DUBBI KIDS «Bailando con el ratón Pérez». Un espectáculo interactivo con cancións moi participativas cantadas en directo para non parar de bailar. DURACIÓN: 70 minutos. Acceso libre ata completar a capacidade do recinto.

 


ANIMACIÓNS DE RÚA


Dentro das Festas de Verán esta semana está programada actuacións de «Animacións de Rúa» nos enclaves de Porta do Sol, rúa do Príncipe e Montero Ríos a partir das 20:30 horas. Participan os grupos:
AIRIÑOS DO COTO (luns 28 de xullo); SEMENTE DE ARTE GALEGA (martes 29 de xullo); OS VENTOS DE COMESAÑA (mércores 30 de xullo); LEMBRANZAS GALEGAS (xoves 31 de xullo); ANDARELA (venres 1 de agosto) e COTOGRANDE (sábado 2 de agosto).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: