LANZAMENTO DO DISCO DE LUIS EMILIO BATALLÁN
EDITORIAL GALAXIA
VOLVE O MELLOR LUIS EMILIO BATALLÁN
Editorial Galaxia publica Había que chegar, o novo traballo discrográfico de Luis Emilio Batallán. O CD ven acompañado dun DVD que recolle un concerto en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela de 2013 e unha conversa co escritor e editor Víctor F. Freixanes. Ao tempo, o libro vai acompañado dun pequeno texto do músico e escritor Vicente Araguas e un
epílogo de Pablo Milanés, un dos produtores do disco. Un libro-disco-DVD que nos pon de novo en contacto co autor de “Quen puidera namorala”. Luis Emilio Batallán naceu en Santiago no ano 1948 e entrou na música galega coa publicación, no ano 1975, dun disco mítico como é Ahí vén o maio, no que musicaba poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro,
Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro. Probablemente, é o disco máis vendido da historia da música galega. Entre os seus traballos destacan outros como Ballet da nena, con letras propias e nos que incorpora a poetas como
Uxío Novoneyra, Manuel Antonio ou Xosé Neira Vilas.
NOVIDADES
LUIS EMILIO BATALLÁN
HABÍA QUE CHEGAR
Contén CD e DVD
EDITORIAL GALAXIA 2014, 48 páxinas
P. V. P. 2 0 € IVE incluído