Archivo | agosto 2, 2014

El Gobierno aprueba el régimen de ayudas a la minería del carbón‏

carbon   Se aprueba, por una parte, las bases reguladoras de las ayudas para proyectos de infraestructuras y de restauración del Plan del Carbón.

 Además, se da luz verde al régimen de ayudas por costes laborales excepcionales vinculados a planes de cierre de empresas del carbón.

01.08.14. El Consejo de ministros ha autorizado hoy dos reales decretos que recogen el régimen de ayudas a la minería del carbón. Se aprueba, por una parte, las bases reguladoras de las ayudas para proyectos de infraestructuras y de restauración del Plan del Carbón. Además, se da luz verde al régimen de ayudas por costes laborales excepcionales vinculados a planes de cierre de empresas del carbón.

Los acuerdos se enmarcan en el Marco de Actuación para la Minería del carbón y las Comarcas mineras para el período 2013-2018, acordado entre el Ministerio de Industria, Energía y Turismo, sindicatos y empresarios, que pretende conseguir una reordenación del sector de la minería del carbón mediante el cese ordenado de las unidades de producción no competitivas y el mantenimiento de una producción de carbón autóctono competitiva. También se pretende atenuar el impacto que produce la pérdida de puestos de trabajo, así como su repercusión en la economía regional.

Ayudas de impulso económico a las comarcas

Las ayudas se configuran como ayudas directas orientadas a fomentar el desarrollo alternativo de las comarcas mineras del carbón, mediante la ejecución de proyectos de infraestructuras y de restauración de zonas degradadas a causa de la actividad minera.

Los destinatarios de estas ayudas serán las CCAA con municipios afectados por el cierre de unidades de producción de la minería del carbón (Aragón, Castilla La-Mancha, Castilla y León y Asturias, aunque incorpora la posibilidad de, excepcionalmente, conceder ayudas a otras como Andalucía, Cataluña y Galicia).

Se establecen los criterios a seguir para la cuantificación de estas ayudas (compatibles con otras concedidas con el mismo objeto, siempre que no superen el coste de la actividad subvencionada) y se determinan los gastos financiables. Las actuaciones financiables se encuentran separadas en dos grupos claramente diferenciados:

• Actuaciones de Infraestructuras: mejoras en polígonos industriales existentes, dotación y mejora de las líneas de telecomunicación, optimización y diversificación energética en edificaciones públicas, así como creación y equipamiento de viveros de empresas y centros de desarrollo tecnológico.

• Actuaciones de Restauración: mejora, restauración, recuperación y revalorización de escombreras, zonas degradadas, recuperaciones forestales y tratamientos silvícolas, saneamiento atmosférico y aguas residuales.

Se suscribirán convenios marco de colaboración, entre el Ministerio de Industria y las CCAA afectadas, con el fin de establecer el detalle de la gestión de las actuaciones y la forma de realizar la cofinanciación de las actuaciones, que deberá ser, al menos, del 25% de las aportaciones realizadas por el Instituto para la Reestructuración de la Minería del Carbón y Desarrollo Alternativo de las Comarcas Mineras.

Para la realización de estas actuaciones, se prevé dotar unos créditos presupuestarios por importe de 250 millones de euros, tal como se establece en el texto del Marco de Actuación para la minería del carbón y las comarcas mineras en el periodo 2013-2018.

Ayudas por costes laborales

Las ayudas objeto de este RD se configuran como ayudas directas a las empresas que hayan llevado o lleven a cabo una actividad relacionada con la producción del carbón, a fin de que puedan cubrir ciertos costes derivados de la extinción de los contratos de trabajo de sus empleados (prejubilaciones e indemnizaciones por despido), como consecuencia del cierre de unidades de producción de carbón destinados a la generación eléctrica. No obstante, serán los trabajadores afectados por los cierres o despidos los destinatarios últimos de las mismas.

Para su percepción por las empresas, se exigen de éstas que se beneficien o se hayan beneficiado de ayudas al cierre y que hayan cerrado o estén cerrando unidades de producción de carbón que formen parte del Plan de Cierre (estos requisitos los cumple la práctica totalidad de las empresas privadas del sector).

Los requisitos objetivos que deben acreditar los trabajadores son:

• Trabajadores con contrato indefinido en la empresa solicitante.
• Tener 54 o más años de edad equivalente, con la aplicación del coeficiente reductor que les corresponda.
• Antigüedad en la empresa de, al menos, 3 años consecutivos, a contar desde la extinción de la relación laboral que da lugar a estas ayudas.
• Cotizaciones al Régimen Especial de la Minería del Carbón de la SS durante, al menos, 11 años.

DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO ACOLLE DENDE HOXA E ATA O 30 DE SETEMBRO A EXPOSICIÓN “UNHA XANELA AO MAR” DO PINTOR XAI OSCAR

 O artista vigués amosa un total de 12 cadros de mariñas e transparencias de óleo sobre lenzo con paisaxes da Ría de Vigo e do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá na apertura da mostra xunto a Xai Óscar.
 A exposición pode visitarse na planta baixa do edificio administrativo da Xunta na cidade olívica de luns a venres en horario de atención ao público.

Vigo, 01 de agosto de 2014.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle dende hoxe e ata o 30 de setembro a exposición “Unha xanela ao mar” do pintor vigués Xai Óscar.

Trátase dunha compilación de 12 obras pictóricas de mariñas e transparencias con paisaxes da Ría de Vigo e do Parque Nacional das Illas Atlánticas realizadas en óleo sobre lenzo e que destacan polo seu hiperrealismo. Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañou ao artista na inauguración da mostra destacando a súa técnica e “o realismo das paisaxes” que amosa.

Con “Unha xanela ao mar”, o artista vigués pretende “ir máis alá da fotografía, quero que a auga flúa” conseguindo unha homenaxe ao mar porque, coma el mesmo explica, “son un namorado do mar”. Xai Óscar busca así iluminar co seu pincel as profundidades mariñas para amosarnos a outra vida que non vemos.

Deste xeito, entre as obras que forman parte desta exposición, destacan os seus coñecidos cadros en gran formato coma son “Sinfonía Marina”, un mural de 1,50×7,50 metros no que amosa a paisaxe submarina das Illas Cíes ou a súa obra “Vigo Desde A Madroa”, unha panorámica da cidade viguesa dende Travesía ata Toralla de 1,5×2,5 metros na que investiu máis de 500 horas na súa realización. A maiores, expón outras mariñas e transparencias das Illas Cíes, Ons, da costa de Baiona ou os seus famosos bosques de laminarias.

Dirixida a tódolos públicos, está situada na planta baixa do edificio administrativo da Xunta en Vigo e xa se pode visitar en horario de apertura ao público, é dicir, durante o mes de agosto será de luns a venres de 9,00 a 14,00 horas mentres que pasará a ser de 9,00 a 19,00 horas no mes de setembro, abrindo tamén os sábados de 9,00 a 14,00 horas.

Esta mostra súmase así ás múltiples exposicións de artistas, asociacións e colectivos culturais que xa se realizaron na planta baixa do edificio abrindo o edificio administrativo á participación de artistas e colectivos ofrecendo o seu espazo expositivo a todos aqueles que estean interesados en amosar as súas obras.

Xai Óscar
Pintor autodidacta. Nace o 29 de febreiro de 1948 en Orbenlle (O Porriño). Aos 10 anos trasládase a Vigo, onde prosegue os seus estudos asistindo posteriormente á Escola de Artes e Oficios desta cidade. Durante dous anos, viaxa por Europa, Hamburgo, Italia, onde amplía os seus coñecementos artísticos, fixando a súa residencia durante unha tempada en París. No ano 1969, expón por primeira vez na Sala da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, iniciando con esta una serie de exposicións que o levou a percorrer varias cidades de España, como Santander, Valladolid, A Coruña ou Pontevedra, entre outras.

Agora amosa nesta nova exposición os distintos azuis do océano, as cores inesperadas que teñen os peixes e a danza das algas que acarician o seu lenzo. Unha relación sentimental co mar que, para todo vigués, foi un acompañante que sempre estivo aí.

O DOG PUBLICA HOXE O DECRETO QUE OPTIMIZA O SERVIZO OFRECIDO POLA XUNTA NOS PUNTOS DE ENCONTRO FAMILIAR DE GALICIA

 O Decreto regula os Puntos de Encontro Familiar (PEF) de Galicia para actualizar o anterior, que data de 2009
 O novo regulamento entrará en vigor a partir do 1 de novembro
 O Goberno autonómico establecerá un prazo máximo de intervención de dous anos, para evitar que a situación conflitiva se cronifique e co obxectivo de normalizala o antes posible
 Ademais, o acceso aos mesmos realizarase por derivación do órgano en materia de familia da Consellería, a petición dos órganos xudiciais ou dos servizos de familia e menores das xefaturas territoriais
 Os PEF constitúen un equipamento social, de carácter neutral, especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente coa finalidade de favorecer a relación entre as nenas e nenos e as súas familias

Santiago, 1 de agosto de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto polo que se optimizará o servizo que a Xunta ofrece a través dos puntos de encontro familiar (Pef) de Galicia. A Consellería de Traballo e Benestar modifica, polo tanto, o procedemento de acceso e derivación aos puntos de encontro familiar (PEF) co obxectivo de incrementar o control sobre os mesmos e, desta maneira, optimizar o servizo que se ofrece ás familias. O novo regulamento entrará en vigor o próximo 1 de novembro.

Coa nova normativa, o acceso aos PEF realizarase por derivación do órgano en materia de familia da Consellería con competencias en materia de servizos sociais, a petición dos órganos xudiciais ou dos servizos de familia e menores das xefaturas territoriais do departamento autonómico, mentres que ata a actualidade podía derivarse directamente tamén polo órgano xudicial. Esta novidade permitirá optimizar a xestión do servizo.

O regulamento actual dos puntos de encontro familiar de Galicia data de 2009. O novo decreto estrutúrase en cinco capítulos, unha disposición adicional, unha transitoria, unha derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.

Entre as novidades, destaca tamén o establecemento dun prazo máximo de intervención de dous anos, salvo nos supostos de violencia de xénero e aqueles casos nos que os profesionais do PEF xustifiquen a conveniencia da continuación por períodos de tempo que non excedan os tres meses. O obxectivo da medida é acadar a normalización da situación conflitiva e que a mesma non se cronifique, tendo en conta que a intervención que se realiza nestes servizos é de carácter temporal e desenvolvida por profesionais.

Os PEF constitúen un equipamento social, de carácter neutral, especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente coa finalidade de favorecer a relación entre as nenas e nenos e as súas familias cando exista unha situación de separación, divorcio, tutela o calquera outro suposto de interrupción da convivencia familiar.

Galicia dispón na actualidade dun total de sete puntos de encontro familiar nas sete grandes cidades e ubicados en edificios públicos, e contará este ano cun orzamento de preto de 650.000 euros para o seu funcionamento.
.

A ECONOMÍA GALEGA MEDRARÁ UN 1,8% EN 2015 E A TAXA DE DESEMPREGO REDUCIRASE EN 1,4 PUNTOS

O Goberno galego aproba un teito de gasto de 8.436 millóns de euros, sendo a primeira vez que supera ao orzamento en vigor

  • A Xunta manterá a súa capacidade de gasto, cun incremento dos recursos non financeiros e reducindo o recurso ao endebedamento en 170 millóns, un 30% menos
  • En 2015 consolidarase a recuperación económica e Galicia encadeará dous anos consecutivos de crecemento, o que non sucedía dende 2008
  • A taxa de paro na Comunidade galega baixará de novo e reducirase ao 20,3%
  • O aprazamento en dez anos máis das liquidacións negativas de 2008 e 2009 permitirá aforrar uns 150 millóns de euros en gastos financeiros
  • 2015 será o segundo ano consecutivo no que os galegos verán rebaixados os seus impostos, xa que a reforma fiscal súmase á levada a cabo en 2014 pola Xunta
  • A Comunidade galega combinará o fortalecemento da recuperación económica coa redución do déficit, que baixará do 1 ao 0,7%
  • Galicia contará cun teito de gasto por cuarto ano consecutivo, que será remitido ao Parlamento para a súa aprobación

 

A XUNTA AGRADECE AO GOBERNO QUE REGULARICE A SITUACIÓN DOS EMIGRANTES RETORNADOS E QUE DEVOLVA AS SANCIÓNS XA ABOADAS

O Goberno galego lembra que sempre defendeu que estes pensionistas actuaron sen ánimo defradatorio, e polo tanto non cabía a imposición de sancións

  • Esta medida responde a unha proposta trasladada polo presidente da Xunta ao ministro de Hacienda e ao acordo unánime do Parlamento
  • A conselleira de Facenda mantivo varios encontros cos representantes dos colectivos afectados para coñecer a súa situación
  • Os emigrantes retornados terán un prazo de seis meses, dende xaneiro de 2015, para poñerse ao corrente das súas obrigas tributarias, e serán exonerados de calquera sanción, recargo ou xuros de demora
  • O Ministerio de Hacienda tamén condonará as sancións, xuros de demora e recargos xa comunicados.

 

 

ABANCA inicia o proceso de integración con Banco Etcheverría

O Consello de Administración aproba o proxecto de fusión

Rodrigo Zarza e García Montalvo incorpóranse como conselleiros

01.08.2014. O Consello de Administración de ABANCA aprobou esta mañá o proxecto de integración entre a entidade e Banco Etcheverría. O acordo permite iniciar o proceso de fusión que se prevé culmine en decembro deste ano coa integración tecnolóxica. A entidade resultante da fusión terá o seu domicilio social en Betanzos.

A ECONOMÍA GALEGA MEDRARÁ UN 1,8% EN 2015 E A TAXA DE DESEMPREGO REDUCIRASE EN 1,4 PUNTOS

140801 rpconse 08a

O Goberno galego aproba un teito de gasto de 8.436 millóns de euros, sendo a primeira vez que supera ao orzamento en vigor

  • A Xunta manterá a súa capacidade de gasto, cun incremento dos recursos non financeiros e reducindo o recurso ao endebedamento en 170 millóns, un 30% menos
  • En 2015 consolidarase a recuperación económica e Galicia encadeará dous anos consecutivos de crecemento, o que non sucedía dende 2008
  • A taxa de paro na Comunidade galega baixará de novo e reducirase ao 20,3%
  • O aprazamento en dez anos máis das liquidacións negativas de 2008 e 2009 permitirá aforrar uns 150 millóns de euros en gastos financeiros
  • 2015 será o segundo ano consecutivo no que os galegos verán rebaixados os seus impostos, xa que a reforma fiscal súmase á levada a cabo en 2014 pola Xunta
  • A Comunidade galega combinará o fortalecemento da recuperación económica coa redución do déficit, que baixará do 1 ao 0,7%
  • Galicia contará cun teito de gasto por cuarto ano consecutivo, que será remitido ao Parlamento para a súa aprobación