A CIG presidirá todos os comités de SEAGA despois da victoria en Pontevedra

Nova na web da CIG: A CIG presidirá todos os comités de SEAGA despois da victoria en Pontevedra
20140801_100226_rsz LIMPEZA HOSPITAL XERAL CIES
Vigo, 1 de agosto de 2014
Debemos denunciar que a empresa Clece non está substituíndo os servizos no Xeral Cies, nin baixas, vacacións, días descanso. Isto está provocando que non se poda recoller a roupa e o lixo das plantas e que non se fagan as limpezas necesarias nas habitacións, todo isto por falta de persoal. A Xerencia do Hospital sábeo, e fai caso omiso a esta situación, respostándonos que xa vai saír a concesión a concurso.
Sabemos que despois de múltiples conflitos coa empresa Clece, concesionaria de limpeza do Hospital Xeral Cies, a Consellería de Sanidade decidiu sacar a concesión a concurso público, aumentando moi pouco o prezo (20 mil euros mais que o ano pasado), pero engadindo ademais o aumento de puntos pola oferta económica. O ano pasado, os puntos pola oferta económica e técnica foron de 50/50, agora valoran con 75 a oferta económica e con 25 a técnica.
Tememos que as empresas que se presenten volverán facelo por menos cartos que o prezo de saída.
A situación actual está sendo moi prexudicial para os cidadáns e usuarios do Hospital Xeral Cíes, notándose a falla de limpeza. A Xunta de Galiza cos seus recortes económico, está conseguindo acabar con todo o público.
Se nestes días non solucionan a falla de persoal de limpeza, comezaremos coas mobilizacións, sendo o primeiro paso facer concentracións nas horas do descanso.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: