Archive | agosto 2014

O DOG PUBLICA HOXE O DECRETO QUE OPTIMIZA O SERVIZO OFRECIDO POLA XUNTA NOS PUNTOS DE ENCONTRO FAMILIAR DE GALICIA

 O Decreto regula os Puntos de Encontro Familiar (PEF) de Galicia para actualizar o anterior, que data de 2009
 O novo regulamento entrará en vigor a partir do 1 de novembro
 O Goberno autonómico establecerá un prazo máximo de intervención de dous anos, para evitar que a situación conflitiva se cronifique e co obxectivo de normalizala o antes posible
 Ademais, o acceso aos mesmos realizarase por derivación do órgano en materia de familia da Consellería, a petición dos órganos xudiciais ou dos servizos de familia e menores das xefaturas territoriais
 Os PEF constitúen un equipamento social, de carácter neutral, especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente coa finalidade de favorecer a relación entre as nenas e nenos e as súas familias

Santiago, 1 de agosto de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto polo que se optimizará o servizo que a Xunta ofrece a través dos puntos de encontro familiar (Pef) de Galicia. A Consellería de Traballo e Benestar modifica, polo tanto, o procedemento de acceso e derivación aos puntos de encontro familiar (PEF) co obxectivo de incrementar o control sobre os mesmos e, desta maneira, optimizar o servizo que se ofrece ás familias. O novo regulamento entrará en vigor o próximo 1 de novembro.

Coa nova normativa, o acceso aos PEF realizarase por derivación do órgano en materia de familia da Consellería con competencias en materia de servizos sociais, a petición dos órganos xudiciais ou dos servizos de familia e menores das xefaturas territoriais do departamento autonómico, mentres que ata a actualidade podía derivarse directamente tamén polo órgano xudicial. Esta novidade permitirá optimizar a xestión do servizo.

O regulamento actual dos puntos de encontro familiar de Galicia data de 2009. O novo decreto estrutúrase en cinco capítulos, unha disposición adicional, unha transitoria, unha derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.

Entre as novidades, destaca tamén o establecemento dun prazo máximo de intervención de dous anos, salvo nos supostos de violencia de xénero e aqueles casos nos que os profesionais do PEF xustifiquen a conveniencia da continuación por períodos de tempo que non excedan os tres meses. O obxectivo da medida é acadar a normalización da situación conflitiva e que a mesma non se cronifique, tendo en conta que a intervención que se realiza nestes servizos é de carácter temporal e desenvolvida por profesionais.

Os PEF constitúen un equipamento social, de carácter neutral, especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente coa finalidade de favorecer a relación entre as nenas e nenos e as súas familias cando exista unha situación de separación, divorcio, tutela o calquera outro suposto de interrupción da convivencia familiar.

Galicia dispón na actualidade dun total de sete puntos de encontro familiar nas sete grandes cidades e ubicados en edificios públicos, e contará este ano cun orzamento de preto de 650.000 euros para o seu funcionamento.
.

A ECONOMÍA GALEGA MEDRARÁ UN 1,8% EN 2015 E A TAXA DE DESEMPREGO REDUCIRASE EN 1,4 PUNTOS

O Goberno galego aproba un teito de gasto de 8.436 millóns de euros, sendo a primeira vez que supera ao orzamento en vigor

  • A Xunta manterá a súa capacidade de gasto, cun incremento dos recursos non financeiros e reducindo o recurso ao endebedamento en 170 millóns, un 30% menos
  • En 2015 consolidarase a recuperación económica e Galicia encadeará dous anos consecutivos de crecemento, o que non sucedía dende 2008
  • A taxa de paro na Comunidade galega baixará de novo e reducirase ao 20,3%
  • O aprazamento en dez anos máis das liquidacións negativas de 2008 e 2009 permitirá aforrar uns 150 millóns de euros en gastos financeiros
  • 2015 será o segundo ano consecutivo no que os galegos verán rebaixados os seus impostos, xa que a reforma fiscal súmase á levada a cabo en 2014 pola Xunta
  • A Comunidade galega combinará o fortalecemento da recuperación económica coa redución do déficit, que baixará do 1 ao 0,7%
  • Galicia contará cun teito de gasto por cuarto ano consecutivo, que será remitido ao Parlamento para a súa aprobación

 

A XUNTA AGRADECE AO GOBERNO QUE REGULARICE A SITUACIÓN DOS EMIGRANTES RETORNADOS E QUE DEVOLVA AS SANCIÓNS XA ABOADAS

O Goberno galego lembra que sempre defendeu que estes pensionistas actuaron sen ánimo defradatorio, e polo tanto non cabía a imposición de sancións

  • Esta medida responde a unha proposta trasladada polo presidente da Xunta ao ministro de Hacienda e ao acordo unánime do Parlamento
  • A conselleira de Facenda mantivo varios encontros cos representantes dos colectivos afectados para coñecer a súa situación
  • Os emigrantes retornados terán un prazo de seis meses, dende xaneiro de 2015, para poñerse ao corrente das súas obrigas tributarias, e serán exonerados de calquera sanción, recargo ou xuros de demora
  • O Ministerio de Hacienda tamén condonará as sancións, xuros de demora e recargos xa comunicados.

 

 

ABANCA inicia o proceso de integración con Banco Etcheverría

O Consello de Administración aproba o proxecto de fusión

Rodrigo Zarza e García Montalvo incorpóranse como conselleiros

01.08.2014. O Consello de Administración de ABANCA aprobou esta mañá o proxecto de integración entre a entidade e Banco Etcheverría. O acordo permite iniciar o proceso de fusión que se prevé culmine en decembro deste ano coa integración tecnolóxica. A entidade resultante da fusión terá o seu domicilio social en Betanzos.

A ECONOMÍA GALEGA MEDRARÁ UN 1,8% EN 2015 E A TAXA DE DESEMPREGO REDUCIRASE EN 1,4 PUNTOS

140801 rpconse 08a

O Goberno galego aproba un teito de gasto de 8.436 millóns de euros, sendo a primeira vez que supera ao orzamento en vigor

  • A Xunta manterá a súa capacidade de gasto, cun incremento dos recursos non financeiros e reducindo o recurso ao endebedamento en 170 millóns, un 30% menos
  • En 2015 consolidarase a recuperación económica e Galicia encadeará dous anos consecutivos de crecemento, o que non sucedía dende 2008
  • A taxa de paro na Comunidade galega baixará de novo e reducirase ao 20,3%
  • O aprazamento en dez anos máis das liquidacións negativas de 2008 e 2009 permitirá aforrar uns 150 millóns de euros en gastos financeiros
  • 2015 será o segundo ano consecutivo no que os galegos verán rebaixados os seus impostos, xa que a reforma fiscal súmase á levada a cabo en 2014 pola Xunta
  • A Comunidade galega combinará o fortalecemento da recuperación económica coa redución do déficit, que baixará do 1 ao 0,7%
  • Galicia contará cun teito de gasto por cuarto ano consecutivo, que será remitido ao Parlamento para a súa aprobación

FEIRA 2 DE AGOSTO DE 2014

feriaprodcutosgalegosFEIRA, continua coa súa andaina no Barrio Alto do Casco Vello. Esta vez en horario de 10h a 15h, os cidadans que queiran poderán mercar os mellores produtos frescos das nosas hortas ecolóxicas, produto de proximidade sen tratamentos químicos. Ademáis de levalos as nosas casas, teremos a oportunidade de degustalos na propia FEIRA. A nutricionista Natalia Carrillo ten
preparada unha degustación de ensalada de cogombro, mazá e menta con xeado de iogur e un sabroso aliño mediterraneo de tomate para condimentar os nosos pratos de pasta. En Matina, local comercial da zona, vannos ofrecer uns batidos especiais de melón ao longo de toda a mañan.
A FEIRA, como lugar de encontro, ofrecenos obradoiros para toda a familia. Ás 12h Le Chanelas e Erizo Violeta, dúas das marcas que estarán presentes nesta edición darannos a oportunidade de aprender tecnicas de estampación que elas mesmas utilizan para o seu traballo, esta vez utilizando vexetais. Máis tarde, ás 13:30h, as familias que pasen pola FEIRA, poderán construir o seu
propio recetario que levarán as súas casas. Outra proposta de FEIRA, é a presentación da cooperativa viguesa Aldea Coop, un grupo de consumo que pretende acceder a unha alimentación sana e económica, alonxándose do «mercado».

ACTIVIDADES FEIRA 2 DE AGOSTO 2014

FEIRA 2 DE AGOSTO 2014
De 10.00 a 15.00 h
No Barrio Alto do Casco Vello de Vigo

Horario Actividade Título Ubicación
Toda a mañá DEGUSTACIÓN Batidos de Melón Matina
12:00h
CURSO E
DEGUSTACIÓN.
12:00h
OBRADOIRO
PARA FAMILIAS
12:30h
DEGUSTACIÓN
APEGA Almorzos saudables, doces e salgados
Ensalada de cogombro, mazá e menta
Aliño mediterráneo de tomate para pasta Horta de Abeleira
Obradoiro de estampación, impartido
por Le Chanelas e Erizo Violeta
Carpas de Feira
-Ensalada de cogombro, mazá e menta con xeado de Iogur
-Aliño mediterraneo de tomate para pasta Carpas de Feira
13:00h

PRESENTACIÓN Cooperativa Aldea Coop Carpas de Feira
13:30h
OBRADOIRO
PARA FAMILIAS Fai o teu bloc de receitas Carpas de Feira
14:00h
SESIÓN VERMÚ
MUSICAL Carpas de Feira

40DS&DE, en calle Rosalia de Castro, 29 Vigo

Martes 5 de Agosto tendrá lugar el concierto del dúo venido de Argentina DOS PARIAS,
 a las 22:30 h, con ENTRADA LIBRE

Martes 12 de Agosto tendrá lugar el concierto del dúo  LAYSAK,
 a las 22:30 h, con ENTRADA LIBRE

Enlaces de las webs relacionadas:

 

1º Campeonato Ibérico de Triatlo na Eurocidade

valencamunicipiologoA Eurocidade Valença Tui recebe o 1 º Campeonato Ibérico de Triatlo no rio Minho e zonas envolventes aos dois centros históricos. Provas de natação, bicicleta e atletismo decorrerão domingo, 3 de agosto, com a participação de 150 atletas portugueses e espanhóis.
Do parque da Senhora da Cabeça, em Valença, partirão as provas de natação no rio Minho, com distâncias olímpicas de 1,5 kms e de longa distância com 1,9 Kms, a partir das 8h00 (PT). Seguem-se as provas de ciclismo, entre a Senhora da Cabeça e o Emparcelamento Agrícola de Valença, sempre paralelas ao rio Minho e à Fortaleza de Valença, com as distâncias olímpicas de 40 Km’s e de longa distância com 90 Km’s. A última prova será a de atletismo e decorrerá entre a Senhora da Cabeça e a Corredera, em Tui, percorrendo as zonas envolventes à Fortaleza, à ponte internacional metálica, à zona ribeirinha de Tui e ao centro histórico com as distâncias olímpicas de 10 Km’s e de longa distância de 21 Kms.
Para o Presidente da Câmara, Jorge Mendes, «Eventos de grande prestigio desportivo e projeção Ibérica são, hoje, uma das marcas da Eurocidade, uma referência que responde ao espírito da Europa das regiões e dos povos».

MEDIO AMBIENTE COLABORA NUNHA INICIATIVA QUE PERMITE COÑECER AS ILLAS CÍES A BORDO DUNHA EMBARCACIÓN SINGULAR, COMO É O NAVÍO JOAQUÍN VIETA 1916

clip_image002 Esta nova opción de transporte diferenciase do servizo de pasaxeiros regular pola súa duración, o programa de actividades e sobre todo polo seu contido ambiental
 Con estas excursións ofrécese outro tipo de turismo, combinando as visitas guiadas no Parque Nacional con paisaxe, historia, snorkel e gastronomía
 A embarcación Joaquín Vieta 1916 é o último supervivente da época de ouro da navegación a vela en Galicia

Vigo, 31 de xullo de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas colabora no aumento da oferta de ocio sustentable para coñecer os valores do entorno natural das Illas Cíes cun programa de excursións diarias a bordo da embarcación Joaquín Vieta 1916.

Esta mañá, o director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas, participou na presentación desta nova proposta que se desenvolverá nos meses de agosto e setembro en colaboración coa Asociación Balandro Joaquín Vieta.

Esta nova opción de transporte cara as Illas Cíes diferenciase do servizo de pasaxeiros regular na duración, o programa de actividades e sobre todo no contido ambiental da mesma.

A partir de maña 1 de agosto os visitantes poderán embarcar no veleiro Joaquín Vieta 1916, último supervivente da época de ouro da navegación a vela en Galicia, e disfrutar dunha xornada de 10 horas para coñecer os valores do entorno natural das illas.

Desenvolvemento da excursión
A excursión dará comezo as 10:30 horas no Porto do Real Club Náutico de Vigo para disfrutar dunha navegación pausada ata a Praia de Rodas e un desembarco directo no extremo sur da Illa do Faro.

A continuación, desenvolverase unha ruta guiada cuxo trazado variará en función das características e capacidade física do grupo de persoas. En liñas xerais, o contido do roteiro consistirá na transición dos valores ambientais e culturais do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Ademais da ruta o viaxe no veleno Joaquín Vieta 1916 tamén inclúe outras actividades: de volta ao areal de Rodas os pasaxeiros terán unha sesión de praia e inmersións para descubrir un dos ecosistemas máis descoñecidos e inaccesibles del Parque Nacional, el fondo mariño. Outro dos atractivos da experiencia é o desembarco na Praia da Illa de San Martiño, xa que non está accesible á inmensa maioría dos visitantes das Illas Cíes.

A excursión a bordo do Joaquín Vieta 1916 tamén contempla a comida e bebida ao longo do día, que comeza cun café de benvida; o avituallamento para a excursión, aperitivo, comida na que sempre se inclúe marisco e merenda.

Finalmente a xornada cérrase cun regreso ao porto bordeando a costa norte da ría de Vigo.

Con esta iniciativa a Consellería de Medio Ambiente quere ofrecer unha nova modalidade de turismo cara ás illas que combina as visitas guiadas no Parque Nacional, con paisaxe historia, snorkel e gastronomía.

Historia do barco
A embarcación Joaquín Vieta foi construída na Ría de Muros- Noia no ano 1916 polo industrial do mesmo nome. A súa misión era transportar por mar os timbais de sardiña salada e prensada das salazones que este “fomentador” catalán posuía na ría.

A finais dos 90 a familia propietaria decidiu que xa chagara o final dos seus días e o retira do servizo, pero un grupo de antigos mariñeiros deciden poñer o seu empeño en evitar que desapareza.

Despois de máis de 12 anos de rehabilitación o Joaquín Vieta se converte nun barco museo e recorre a costa galega para prestar servizos turísticos e eventos co fin de recaudar fondos para culminar a súa restauración.