A AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA COMPROBOU A EXECUCIÓN DUNHA DEMOLICIÓN VOLUNTARIA EN OIA

 En maio deste ano trasladóuselle ao afectado a ode de demolición, que procedeu á reposición da legalidade por iniciativa propia
 Este tipo de actitudes demostran que, cada vez máis, a sociedade é consciente da necesidade de coidar e protexer o territorio galego fronte as infraccións urbanísticas

Santiago, 2 de setembro de 2014.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), vén de comprobar a demolición voluntaria dunha construción en execución no Concello de Oia. Os traballos de demolición leváronse a cabo antes de que a APLU iniciara a imposición de multas coercitivas e despois de que en maio deste mesmo ano a Axencia trasladara ao afectado a orde de demolición, xa que a construción se ubicaba en solo rústico de protección paisaxística.

O propietario do inmoble decidiu repoñer a legalidade voluntariamente, en apenas tres meses dende que se ditou orde de demolición pola APLU.

Dende a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sinálase que este tipo de actitudes demostran que, cada vez máis, a sociedade é consciente da necesidade de coidar e protexer o territorio galego fronte ás infraccións urbanísticas.

Ao mesmo tempo, grazas a este tipo de medidas cúmprese o obxectivo final da Axencia, reparar o ilícito e servir de espello para situacións análogas, que axuden a evitar que se reproduzan, co que se busca acadar unha Galicia máis verde de respecto á normativa urbanística.

Finalidade da APLU
Ao mesmo tempo, reproban a postura do Goberno galego sobre este organismo, cuxo obxectivo non é o de derrubar, sancionar e recadar, senón contribuír a ordenar e protexer o territorio galego, crear unha conciencia social de acatamento normativo e de respecto pola natureza e o coidado do medio.

En definitiva, a finalidade da APLU é velar polo uso racional do solo consonte ao que dispón a normativa reguladora do urbanismo e do litoral, especialmente, no medio rural e na zona de servidume de protección do dominio público marítimo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: